O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Presentación de
O poeta outense, que estivo dando clase no noso centro hai uns anos, Ramón Blanco, presenta "Emily on the road" (unha viaxe ás terras do oeste) o vindeiro 2 de novembro, venres, ás 22,00h. na aldea de Brión, parroquia de Leiro (Casa dos poetas (Axóuxere).

O libro é da editorial Acha Escrava Editora
Non faltedes á cita!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 31-10-2012 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Palmeiriñas de chocolate
Ingredientes:
-Masa de milfollas
-Chocolate para fundir
-Azucre

Elaboración:
-Estírase a masa de milfollas
-Engádeselle bastante azucre por riba
-Aplástase co rolo para que penetre ben na masa
-Dobramos a masa á metade
-Volvemos dobrar a masa á metade no outro sentido.
-Recortas en forma de palmeira os cachos de masa.
-Métense no forno a 200ºC ata que se douren.
-Unha vez sacadas do forno bótaselle o chocolate previamente derretido.

Marta Lorenzo 4ºesoA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 30-10-2012 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Periga o Twitter en galego
Pouco despois de ser aprobada a opción do twitter en galego pode que se extinga por falta de tradutor@s.
Despois das numerosas campañas que se realizaron en reivindicación do dereito que xa dispoñen as nacións vasca e catalá, chegou a ter moito éxito; pero non se pode ter a traducción en galego se non hai ninguén que o traduza. Por ese mesmo motivo o estudante da USC Carlos García lanzou unha campaña para conseguir algúns tradutores que saiban de informática e de redes sociais, para así, poder seguir dispoñendo desta ferramenta que nos axuda a reivindicar a nosa lingua.

Marta Lorenzo 4ºesoA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 30-10-2012 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Europa critica a política lingüística do PP en Galicia
O Comité de Expertos do Consello de Europa asegura que a Xunta de Galicia non protexe nin promociona en suficiente medida o idioma propio da nosa Comunidade Autónoma, aplaudindo por contrapartida as políticas lingüísticas adoptadas en Cataluña e no País Vasco.

Entre as críticas máis contundentes de Bruxelas atópase a da “redución gradual” do ensino en galego e o denominado “decreto do plurilingüismo” que introduciu Feijóo na súa chegada ó goberno. Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, recalca a como este informe fai unha valoración moi negativa da política da Xunta e lamentou que non se coñecese antes das eleccións autonómicas deste mes, pois “demostra de forma palpable que existe moita distancia entre a propaganda do equilibrio lingüístico que ofrece Feijóo e a dura precariedade na que se atopan os dereitos dos falantes de galego”.

Segundo datos aportados pola MNL, só o 20% do ensino non universitario se desenvolve en galego e só o 3% dos centros de infantil das cidades declaran impartir as aulas na lingua da Comunidade Autónoma.

Outro dato que se fai público no informe do Comité é a vulneración dos dereitos lingüísticos no sector da Xustiza. A razón é, entre outras, a implantación por parte do goberno de Feijóo dun novo programa informático que impide usar o galego con normalidade nas xestión administrativas máis habituais.

Entre as recomendacións do documento publicado por Bruxelas está a de animar ás autoridades a promover, mediante un acordo coas autoridades portuguesas, á recepción de canles de televisión lusas en Galicia.

Pedro Tubío Figueira
2º Bach - B
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 27-10-2012 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
Tendes que pasar pola biblioteca!
Desde o vindeiro luns 29 ata mediados de decembro... tendes que pasar pola biblioteca nos recreos porque vai haber actividades de lectura, concursos...

Esta vindeira semana: luns 29, martes 30 e mércores 31 vanse ler contos de medo... Vai haber algunha sorpresa tamén.

Á volta da ponte, o vindeiro día 6 imos comezar coas lecturas de Celso Emilio Ferreiro.. Seremos como mínimo 100 persoas poñéndolle as nosas voces a Celso Emilio. Pero ademais....
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 26-10-2012 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
O xuízo do Prestige
Tras pasaren 10 anos da catástrofe, o pasado 16 de outubro comezou o xuízo polo accidente do Prestige , que foi o maior desastre ecolóxico que houbo en Galiza.
Este é o xuízo máis complexo de cantos se teñen efectuado en Galiza, todas as partes afectadas por este desastre din que non existe unha entidade “solvente” que lle faga fronte aos gastos que se ocasionaron (mínimo 1.000 millóns de euros).
Neste caso están acusados o capitán do buque, o xefe de máquinas, o primeiro oficial (que se atopa en paradoiro descoñecido e dubídase que se volva a saber del); pero o único dos acusados , ao que a plataforma Nunca Máis lle puxo unha querela e lle pide cinco anos e un día de cárcere, que posúe responsabilidade política é o Director Xeral da Mariña Mercante. Neste caso tamén hai outros imputados, como o son The London Steam-Ship Ouners, o Fondo Internacional de Danos, Mare Shipping e o Estado Español, aos que se lles reclama un total de 1.264 millóns de euros.
O Estado Español levará a cabo as funcións da acusación aos tripulantes do buque, da defensa ao Director xeral da Mariña Mercante no xuízo e facerse responsable de pagar o 100% das indemnizacións polos danos civís e ecolóxicos. Os avogados desta entidade decidiron demandar a ABS en Nova York porque foi quen lle deu o visto bo ao buque.
A fiscalía reclama ás empresas operadora e armadora así como á aseguradora do buque que poñan 1.000 millóns de euros por todo o dano causado na catástrofe.
A facer xustiza!!

Marta Lorenzo 4ºeso-A
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 23-10-2012 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xurelos ao forno
XURELOS AO FORNO
Ingredientes:
- 2 Xurelos grandes
- 1 pemento vermello
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- ½ vaso de viño branco
- Aceite de oliva
- Patacas
- 1 limón
- Perexil fresco
- Sal
Elaboración:
1- Córtase o pemento e mais a cebola en xuliana.
2- Ponse unha tixola ao lume, de xeito que lle engadamos un pouco de aceite de oliva para que se vaia quentando.
3- A continuación, engadimos o pemento, a cebola e o allo enteiro a fritir ata que se douren para, posteriormente botarlle o viño branco.
4- Realizados estes pasos deixamos a tixola a lume medio uns 5 minutiños.
5- Cando estea listo sacámolo do lume e poñemos outra tixola cun pouco de aceite a quentar para fritir as patacas.
6- Unha vez que as patacas estean listas apartaranse a un prato.
7- Collemos os xurelos e dámoslle dous ou tres cortes no lombo.
8- Collemos unha fonte para o forno ou unha empanadeira, e poñémoslle as patacas de cama.
9- Encima destas poñemos os xurelos, aos que lle meteremos un toro de limón nos cortes que lle fixemos.
10- Tras colocar o peixe engadimos o rustrido de cebola, pemento e allo por enriba.
11- Pónselle un pouco de perexil fresco por riba dos xurelos.
12- O último paso será poñer o forno a 180ºC e deixar que se cociñe durante 30 minutos.
13- Sácase do forno e... Listo para comer!

Marta Lorenzo 4ºA
e ti que opinas? (3) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 23-10-2012 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
A Lei Wert


Para comezar teño que dicir que penso que a Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (Lei Wert), pretende reformar o noso sistema educativo de xeito que as xeracións futuras teñan menos alternativas xa que, na Educación Primaria se producen diversos cambios que só poden afectar negativamente, como por exemplo a aparición dunha revalida en 3º da Educación Primaria ou ao contrario a desaparición de Educación para a cidadanía, tamén na Educación Primaria. No primeiro ciclo da ESO (1º,2º e 3º)lévanse a cabo diversas reformas, como por exemplo a desaparición de PDC, a aparición de só dous itinerarios á escolla e unha avalialiación, ao rematar o 3º curso de ESO. O segundo ciclo da ESO (4º) terá un carácter orientativo de cara a facer unha FP ou a cursar o Bacharelato. Se se quere ir por algunha destas opcións en concreto xa se terá que elixir entre dous itinerarios a realizar en 4ºESO, Ensinos aplicados (para facer un FP) ou Ensinos académicos (para facer o bacharelato).Tamén neste ciclo da ESO só se poderá escoller unha materia optativa e realizarase unha reválida ao rematar 4º. No Bacharelato haberá tres modalidades para elixir, que serán artes, ciencias e humanidades, eliminándose así os bacharelatos artísticos e tecnolóxicos, e examinarase dunha reválida ao rematar o 2º curso.
A FP dividiráse en tres ciclos FPB(formación profesional básica), ao que se terá acceso aos quince anos, o que supón, atención, non poder rematar o graduado escolar; o FP de Grao Medio ao que se terá acceso aos 17 anos, e o FP de Grao Superior ao que para acceder se realizará unha proba aos 19 anos, como mínimo.
No ámbito de organización dos centros o Consello Escolar perde a opción de voz e voto, pasando a ser só un órgano consultivo; a función do director ou directora(da que nunca se fala na Lei), toma máis poder, reducíndose así a presenza activa do claustro e do Consello Escolar nas decisións dos centros.
O sistema educativo pasará a chamarse "Sistema Educativo Español" (incluíndo as escolas públicas e privadas, cando anteriormente só eran as escolas públicas as que se incluían); ás escolas das Comunidades Autónomas con lingua propia retíranselles competencias, o que fai que a súa aprendizaxe sexa menor; e, as probas de avaliación e reválida serán elaboradas polo goberno central cos seus propios criterios, sen ter en conta as particularidades culturais de cada Comunidade. E dicir tamén, que os centros serán cualificados segundo o nivel académico que teñan.
Nesta reforma inclúese así mesmo, a posibilidade a escoller polos centros, de separar por sexos aos alumnos e alumnas.
Cada quen que saque as súas propias conclusións, pero a miña é que esta nova reforma convertirá o sistema educativo nunha carreira de obstáculos que fará que os alumnos e alumnas cada vez teñan máis difícil continuar os seus estudos e poder chegar a ser algo na vida, a non ser que vaian a un colexio que, calificado polas probas de avaliación e raválida do Goberno Central, sexa dos de "Máis nivel". En canto ao de separar por sexos vaise crear unha situación de discriminación sexual entre estudantes.
É tamén importante ter en conta que esta Lei entrará en vigor no ano 2013.

Marta Lorenzo 4ºeso-A



e ti que opinas? (2) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 16-10-2012 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Calabacín recheo
Ingredientes:
- 2 Calabacíns
- 2 ovos
- 1 lata de atún
- Perexil
- Viño branco
- Pan relado
- Queixo parmesano
- Sal
- Pementa

Elaboración:
1. Quéntase o forno a 180ºC
2. Pártense os calabacíns pola metade, verticalmente, e quítaselle a pulpa.
3. Machácaselle a pulpa e mestúrase cos ovos
4. Engádenselle 2 culleradas de pan relado, o queixo, o atún, a sal e unha pouca pementa ao gusto.
5. Póñense nunha fonte os calabacíns e rechéanse coa mestura.
6. Repárteselle por enriba un pouco máis de queixo e dúas culleradas máis de pan realado.
7. Introdúcese no forno durante 40 minutos.
8. Ao terminar póñense 5 minutiños máis a gratinar e, listo!

Bo proveito!

Marta Lorenzo 4ºESO-A
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 16-10-2012 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Xincana
O pasado venres 28 de setembro, tivo lugar na nosa vila de Rianxo, a xincana que organizou a Mancomunidade Arousa Norte dentro do programa “O Autostopista de Arousa Norte”. Nela, colaborou o EDNL ,a comisión da biblioteca e preto de noventa alumnos e alumnas do IES.
O obxectivo desta actividade, era profundar por medio de xogos, no coñecemento do patrimonio do lugar onde vivimos e da súa contorna. Comezamos a xincana dividíndonos en catro grupos, e cada un deles tiña un portavoz encargado de facer unha serie de preguntas sobre Rianxo.
Isto levounos algún tempo, pero en canto rematamos as preguntas, dedicámonos a visitar monumentos e lugares importantes de Rianxo como a casa de Castelao, a igrexa, cruceiros...etc
Nós tiñamos que informar ao noso líder sobre determinados lugares e, ao rematar, recoller unha nota.
Finalizada esta fase, había que ir cara O Campo de Arriba e unha vez alí, tiñamos que facer dúas cousas:
• a primeira, modelar con arxila un dos lugares visitados anteriormente.
• a segunda, escribir no chan, con follas caídas das árbores e garabullos, unha mensaxe de rescate xigante xa que logo, debía ser vista por extraterrestres (se é que os hai)
Ao final disto, reunímonos os catro grupos para explicar o que fixéramos cada grupo. Por certo, á hora de modelar todos escollemos o mesmo, o cruceiro que está na praza de Rafael Dieste.
O grupo gañador desta pequena competición, foi o número catro, que recibiu como recoñecemento un diploma e un bastón símbolo da vitoria.
Rematados os actos protocolarios da entrega de premios, cada participante recibiu de agasallo o libro: Guía do autostopista galáctico. Sobre esta lectura, faremos unha serie de actividades nunha páxina web deseñada para este fin.
Xa vos seguiremos contando.
Pasámolo moi ben.
Marcos Gómez Ramos 2º B ESO
e ti que opinas? (35) - Categoría: Cousas - Publicado o 11-10-2012 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego