O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Aprender galego polo mundo
Actualmente estase poñendo de moda o idioma de Galicia arredor de todo o mundo. Lemos na prensa hai uns días que tanto en Europa como en Asia ou Sudamérica impártese a materia de galego, tanto para iniciarse no noso idioma como na nosa cultura. Pero non só nos referimos aos estudantes ou centros, senon tamén ós habitantes das terras que recibiron emigración por parte dos galegos. Tamén están a producirse acordos cos gobernos da Xunta para promover a cultura e idioma galegos en aqueles lugares nos que se teña interes por eles.

En poucas palabras, os seguidores do noso idioma e cultura están a aumentar, facéndonos máis ricos cultural e xeográficamente.

1º Bac B
Pedro Tubío Figueira
Laura Otero Mosquera
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-10-2011 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de lectura, recitado e contacontos
Foto do xurado do concurso formado por profesorado e alumnadoHoxe é o terceiro día da actividade "100 primaveras máis lendo en lingua galega" na biblioteca.

Os membros do profesorado que participan hoxe son: Olga (francés) e Luz (ciclo), unha vai ler prosa e outra poesía.

E o alumnado que participa no concurso de lectura hoxe é de 1º e 2º de Bacharelato.

Mañá seguen lectura e concurso de recitado. O profesorado lector mañá vai ser: Lali de historia, Pilar de tecnoloxía, Gonzalo (ciclo) e Marga (tecnoloxía). Participa tamén mañá Lolita (limpadora).

O venres lerán Rilo e Xabier do departamento de lingua castelá e María González (francés). Temos ademais o concurso de contacontas no que participarán tres alumnos de 2º de bacharelato.

e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 26-10-2011 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe no 2º recreo comezan as lecturas de Cunqueiro
Hoxe comezamos os actos de homenaxe a Cunqueiro, con lecturas de profesorado, alumnado e persoal non docente.
Os primeiros membros do Profesorado que leron textos foron Aurora (Xefa de estudos), Luís Ramil (Historia) e Ana Muñiz (Bioloxía). O alumnado lector e participante no concurso: Nerea de 1º ESO, María Domínguez de 3º ESO e Adrián Sobradelo de 1º Bac.

Mañá martes seguirán as actividades. O profesorado que vai ler será: Marisú (matemáticas), Amalia (latín)e María (francés). Mañá concursará Alejandra (4º ESO) na modalidade de contacontos e Sara e Ainara (1º ESO) na de recitado de poemas.

Seguide atentos aos avisos da actividade.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 24-10-2011 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición fotográfica nas rúas de Rianxo
Non a perdades!

O magnífico fotógrafo Xacobe Meléndrez elaborou unha exposición "Berros no roncar das ondas", que está colgada desde antonte nos balcóns da Rúa do medio.
Son fotografías suas con versos de Bernardiño Graña e realizáronse para os X Encontros de Embarcacións Tradicionais.

Deixámosvos un vídeo de cando estiveron penduradas nos balcóns da rúa do Carmo en Carril. Cando teñamos fotos ou vídeos da exposición en Rianxo, xa volos mostramos.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 20-10-2011 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE RECITADO, LECTURA E CONTACONTOS
Este ano non esperamos a maio para convocar o noso tradicional concurso de lectura en voz alta e mais de recitado. Temos como novidade un de contacontos.

Deixamos as bases:

1. Pode participar calquera alumno e alumna do IES FÉLIX MURIEL.
2. A actividade ten tres modalidades opcionais:
• LECTURA DUN CONTO de CUNQUEIRO (entregarase no momento da lectura)
• RECITADO MEMORIZADO dun POEMA do autor. (Será algún dos expostos nas portas das aulas)
• CONTADA do RELATO de CUNQUEIRO “O cabalo de Alberte Merlo”.
3. As persoas interesadas en participar en calquera das modalidades antes citadas, deben apuntarse antes do 24 de outubro no departamento do EDNL.
4. Só é posible participar nunha modalidade deste concurso.
5. A actividade realizarase en acto público na biblioteca durante os recreos.
6. Con tempo suficiente, exporase un calendario co horario e a orde de participación das persoas inscritas neste certame.
7. O xurado estará composto por:
• un profesor/a do centro,
• un profesor/a do EDNL,
• dous alumnos ou alumnas do EDNL.
• A función do xurado será valorar a pronuncia, o ritmo, a expresividade e o dominio da lingua de cada un dos participantes.
8. O premio para cada modalidade consistirá nun vale de 30€
9. A non presentación na data e hora indicada nos cartaces do taboleiro, suporá a exclusión do concurso.


Rianxiño, 17 de outubro de 2011
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 18-10-2011 08:04
# Ligazón permanente a este artigo
Paramos en defensa do ensino público.
O alumnado e profesorado do IES Félix Muriel fixemos un paro o pasado martes . Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, querémosvos contar cal foi o motivo do paro que fixemos durante 10 minutos despois do primeiro recreo. Ese paro foi para amosar a nosa protesta e para chamar á atención da poboación sobre os recortes que sofre o Ensino Público que cremos que poden deteriorar a súa calidade.

Adrián Sobradelo (1º Bac.)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-10-2011 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Empanada de chopos
Ingredientes:
aceite
sal
6 ceboliñas
1 pemento vermello
1 pemento verde
1 vaso de viño branco
1 bolsa de borra
1 chopo
masa de empanada

Pochar os pementos, e logo a cebola cos chopos.
Cando estea todo dourado botarlle a borra mesturada co viño branco. Deixar que reduza e deixar enfriar antes de botarllo á masa.
Prequentar o forno a 200º.Cando estea case lista a empanada sacar do forno e pintar con aceite ou ovo batido.


Nuria (1º ESO)
e ti que opinas? (2) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 11-10-2011 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos máis tempo de recreo
Gustariame que nos deixasen mais tempo para o recreo porque:
1- Cando imos a normalización non nos dá tempo de facer case nada,porque temos que vir desde o outro edificio e mentres prendemos os ordenadores, que van MOI lentos, xa toca.
2- E cando imos xogar ao fútbol collemos o balón e xa o temos que ir pousar porque non nos dá tempo de xogar.

Manuel Sobradelo (1º ESO B)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 10-10-2011 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa chegada ao centro.
Cando chegamos vimos que o instituto era máis grande do que pensabamos, todo o mundo dicía que nós iamos a pasalo moi mal pero en realidade resultou que non era tanto como dicían. Vimos que se estaría moi a gusto, porque os profesores eran moi amables e nas clases estábase moi ben.

Antes iamos ao C.E.I.P. Alfonso Daniel Rodriguez Castelao.Vámos a votalo de menos pero estase mellor aquí.

SARA E NURIA ( 1º ESO )

e ti que opinas? (2) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 10-10-2011 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Ordenadores para primeiro da ESO
Queremos que traian os portátiles para primeiro antes do Nadal!!!
Porque nos din que van vir despois, en xaneiro, pero nós querémolos antes. Habíaos nas aulas pero os de segundo leváronos e quedamos nós sen eles...

Manuel Sobradelo (1º ESO B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 10-10-2011 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego