O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Dos inicios do Universo aos primeiros pasos do LHC
Este ano volvemos contar coa presenza do ilustre científico Carlos Salgado, que vén falar acerca dos primeiros pasos do LHC (Acelerador de partículas).

Carlos Salgado, Naceu en Monforte de Lemos en 1971. Ten o doutoramento en Física de Partículas na USC e conta con dez anos de investigación no estranxeiro, na Université de Paris XI, no CERN en Xenebra (Suíza) e na Università di Roma "La Sapienza". Actualmente está no programa “Ramón y Cajal” na USC desenvolvendo unha investigación de gran relevancia para o colisionador LHC do CERN.

Este gran científico virá ao noso instituto o próximo xoves 4 de novembro, co gallo do Día da Ciencia. A charla será as 12:30, esperamos contar convosco.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 29-10-2010 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
PESCADA Á VASCA
INGREDENTES:
o 4 toros de pescada
o 1 cebola pequena
o 3 dentes de allo
o Aceite de oliva
o Pirixel
o Chícharos
o Viño Branco
o Colas de gambas
o Ameixas
o Fariña e sal



Botamos o aceite nunha tarteira de barro e poñemos a pochar a cebola xunto cos allos,
Enfariñamos a pescada e poñémola dentro da cazola xunto con medio vaso de viño branco. Cocémola un pouco e por último engadímoslle as colas de gambas e as ameixas. Salgamos e agardamos uns minutos ata que abran as cunchas das ameixas momento no que engadiremos os chícharos cocidos.

Andrea Iglesias Rodríguez, 1ºESO “C”
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 28-10-2010 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
SOPA DE CABAZO
Ingredentes:

 ¾ de quilo de cabazo
 ½ quilo de patacas
 1 porro
 1 vaso de nata líquida
 3 culleradas de aceite de oliva
 1 ½ litro de auga
 Sal e pementa





Pélanse as patacas e o cabazo, tállanse en anacos e engádense a unha tarteira coa auga quente e lixeiramente salgada. Unha vez que rompa a ferver, déixase cocer lentamente durante uns corenta e cinco minutos xunto co porro que tamén estará tallado en cachos.
Retírase do lume e tritúrase para que resulte un puré fino. Engádeselle a nata e o aceite. Condiméntase lixeiramente coa pementa e vólvese a cocer a baixo lume durante uns cinco minutos.
Sérvese moi quente.

Aida Saco Beiroa 1º ESO “C”
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 24-10-2010 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
RIANXO NA SÚA HISTORIA
RIANXO NA SÚA HISTORIA
Este libro que aquí vedes, será presentado polos seus autores Xesús Santos e Xosé Comoxo hoxe ,venres 22, no auditorio de Rianxo ás 20h. O libro relata moi meticulosamente a historia do noso concello na Guerra Civil. Estes feitos suceden entre o 1936 e o1939. Este volume conta con 12 capítulos:
1.-Primeiros acontecementos.
2.-Revoltas en Noia e nos pobos da Barbanza.
3.-Acontecementos nos pobos limítrofes.
4.-Incidencias en Rianxo na primeira semana.
5.- Represión en Rianxo
6.-Germán Fernández Lemos: Un ano de alcalde-delegado civil.
7.-Os paseados: Non houbo piedade.
8.-Lembranza biográfica de Jose J. Losada Castelao e Manolo Rodríguez Castelao, os ‘’Insúa’’: Outros Inmolados.
9.-Breves notas sobre Mariano Otero Castelao e as súas fugas interminables.
10.-Francisco Lorenzo Teijeiro:Un paso rápido pola alcaldía.
11.-Manuel Laíño Melón un alcalde de ‘’Manifesta Ineptitud’’
12.-Remate da Guerra ‘’Fraticida’’ case de Laíño Melón.

Como podedes ver son moitos capítulos, non é de extrañar que o libro teña 400 páxinas.

Este libro é moi importante porque nos amosa como era a vida en Rianxo na guerra civil.

Marcos Iglesias Santos 1ºESO "C"
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 22-10-2010 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
O galego é o noso medio natural
Acaba de saír unha nova campaña que a Coordinadora galega de ENDL desenvolveu en colaboración coa Área de normalización da Universidade de Vigo.

Na páxina web da coordinadora: www.coordinadoraendl.org podedes ver todos os materiais que se editaron.
Nesta presentación en power-point móstrase o contido que se recolle dentro do caderno.





e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 21-10-2010 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
COMUNICADO DO PROFESORADO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
Os profesores do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, colaboradores do
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel
dende hai
bastantes anos, queremos deixar constancia de:

.A nosa actividade docente concibe o ensino da Lingua Castelá desde unha óptica aberta e plurilingüe. Somos ensinantes de LINGUA, en maiúsculas, o que significa que os nosos obxectivos educativos fían na principal tarefa que comporta a un sistema lingüístico: a comunicación.
Consideramos o galego e o castelán como os nosos tesouros culturais, como linguas que se axudan e complementan entre si, que son a base construtiva do acervo formativo do alumnado, que serven ambas para desterrar os prexuízos e negativismos lingüísticos existentes, e de que maneira, na sociedade. A nosa opción metodolóxica, superadora de interesados enfrontamentos alleos á nosa
práctica educativa, demostrou obter resultados moi positivos que se verifican día a día na participación e implicación do alumnado nas numerosas actividades que se desenvolven curso tras curso no centro.

Durante todos estes anos de docencia no IES Félix Muriel de Rianxo constatamos que non houbo ningunha fricción, nin entre profesores nin entre o alumnado,por cuestións de uso lingüístico, ben ao contrario, o traballo levado en conxunto dende o ENDL favoreceu a convivencia cordial das dúas linguas nos seus diferentes rexistros lingüísticos e a paulatina superación dos prexuízos lingüísticos existentes.
Froito desta perspectiva pedagóxica, os membros abaixo asinantes participamos activamente no desenvolvemento do Programa Comenius, con intercambios entre estudantado de Polonia, Alemaña, Grecia e Rianxo e que contou co apoio e o
traballo intenso fornecido desde o ENDL.
Os docentes abaixo asinantes non temos ningunha filiación política. Algún mesmo leva colaborando no ENDL máis de seis anos. Só nos move a ansia de aprezo cultural, a convivencia culta entre linguas, a gañas de coñecemento en beneficio dos nosos alumnos e de nós mesmos. Non entendemos nin queremos compartir as olladas velenosas verquidas sobre o EDLG, que obedecen a intereses espúreos alleos aos puramente educativos.



En Rianxo, 11 de outubro de 2010

Asinado:

José A. Maroño Buján

Xabier C. Vázquez Parcero

María C. Rodríguez V.
e ti que opinas? (8) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 15-10-2010 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego