O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Máis sobre a Galicola
Ao paracer uns mozos galegos querían participar no proceso de desenvolvemento da lingua galega, e ocurriúselles a idea de producir unha bebida totalmente galega: a Galicola.
Para facer realidade isto, primeiro empezaron buscando unha empresa que puidese fabricala, e atoparon unha en Vilagarcia. A continuación eles mesmo a suministraban aos bares e tendas, a bebida, e incluso asistiron a festivais onde podían facer boa publicidade dela. O domingo 18 O, o da manifestación pola defensa do galego en Santiago, tamén puxeron o seu chiringuito e tiveron moito éxito. Venderan no primeiro mes de vida da Galicola máis de 7000 unidades. Por este motivo os creadores da Galicola están agora pensando en poder fabricar a Galimón e a Galiranxa. Unha vez pagados os gastos de fabricación todo o resto do diñeiro doarase para mellorar o momevento de defensa da lingua e para mellorar procesos de normalización.

Carlos Lorenzo. 2ºB
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 31-10-2009 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
O Secretario Xeral de Política Lingüística falou...
Anxo Lorenzo, secretario xeral de política lingüística, confía en que se aprobe o decreto de ensino non universitario e adianta que as negociacións abriranse moi pronto.
A plataforma “Queremos Galego” foi convocada pola secretaría Xeral co fin de coñecer as represalias que aqueles viron contra o galego na súa política lingüística, para así demostrarlle ao pobo que o goberno ten en conta a opinión da sociedade.
Ante isto o portavoz de Queremos galego non estivo seguro das súas intencións e a secretaría volveu a responder co citado anteriormente e tamén aproveitou para deixar claro que a súa política estaría baseada cara o respecto ao Estatuto de autonomía e á Lei da normalización lingüística.
Tamén aclarou o mal entendido fronte a derrogación do Decreto do galego no ensino, deixando claro que só ía substituílo e que o sorprendera a manifestación en contra deste feito antes de saber cal ía a ser o cambio, o cal saberemos moi pronto.
Para concluír a entrevista, Anxo, rematou dicindo que aínda que estaban dispostos a escoitar a plataforma Queremos galego así como amosarlle a súa política lingüística, isto non significaría que puidesen formar parte de dito decreto, xa que este gozará dos seus propios interlocutores.

VERÓNICA LORENZO RIAL, 2º BACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 31-10-2009 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Non se blindan os topónimos en galego.

Nesta última semana de outubro, no parlamento galego, levouse a cabo un debate entre PP,e PSOE, BNG sobre a toponimia. Estes dous partidos de esquerdas espuxeron a súa idea de que os topónimos en galego non se deberían tocar, apoiando así a lei de Normalización e Dinamización Lingüística . Pero o PP opúxose, defendéndose coa ideoloxía dunha Galicia bilingüe. Deste xeito un topónimo é tan correcto en galego como en castelán. Sendo “A Coruña” ou “La Coruña” o exemplo clave durante todo o debate.

O PP o que fai é aproveitar a súa situación de maioría para derrubar as ideas do resto de partidos, así consegue evitar un compromiso cos topónimos galegos. Tras isto a Lei de Normalización e Dinamización Lingüística queda aberta a unha reforma, co cal tamén a toponimia oficial.


Patricia (2º Bach C)
e ti que opinas? (3) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-10-2009 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO SOFTWARE EN GALEGO


“ G11n.net “ é unha plataforma da comunidade de tradución de software libre iniciada pola Ciberirmandade da Fala(aínda que pode participar todo aquel que o desexe), ante a dúbida do apoio de Mancomún(Xunta de Galicia).

Alexandre Prieto ( CIF) explica que, con este posible abandono se comezou unha mobilización e iniciativa que levou á conclusión de que hai unha escasa axuda aos grupos de tradución.

O obxectivo deste proxecto é tamén a demostración de facer posible a tradución de software ao galego sen depender da colaboración das administracións públicas.

Con só un presuposto de 5.000 euros garantízase a viabilidade desta plataforma nos próximos 10 anos, grazas e unicamente á subscripción popular.

Ao ser unha identidade privada permite que asegure a súa continuidade con total independenza.

Xa están creados: un servidor IRC, xestión de proxectos, unha wiki interna e pública..., e aumentarán os servizos.



Ana ( 2º Bach A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-10-2009 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Poderán quitarnos o 20%, máis non o espírito


O labor de normalización e dinamización da lingua galega non contaba xa cunha cantidade de medios excesiva.....e que pasará para o ano que vén? Pois si,o presuposto destinado a este labor, tan importante nestes tempos nos que nos tocou vivir, serán reducidos nun 20% no proxecto da Xunta para o vindeiro ano. Canto máis nos esforzamos parece que máis difícil nolo poñen.

As consecuencias desta redución de capital provocarían o cese de moitas das actividades desenvolvidas polos equipos de normalización e de dinamización. Estas á súa vez desencadearían outras consecuencías (en temas culturais,da lingua,sociais...) en nós, nos estudantes e tamén naqueles profesores implicados.En resume, os alumnos perderían unha parte importante da educación.

Dende o equipo de Normalización e Dinamización do I.E.S Felix Muriel avisamos: canto máis difícil nolo poñen,máis forzas de fraqueza sacamos.E xa sabedes o dito, queridos lectores: O EQUIPO UNIDO XAMAIS SERÁ VENCIDO.


J.Daniels (2ºA)

e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-10-2009 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
O concello nega que poida promover que “La Coruña” sexa oficial
A cidade seguirá chamándose “A Coruña”, tras o rexeitamento da proposta do PP, que o PSOE e BNG votaron en contra nunha sesión que durou algo máis de hora e media.
Carlos Negreira, portavoz do PP, recomendou a Losada aproveitar esta oportunidade histórica, e solventar o problema en cinco minutos, advertíndoo de que se non estaba a favor era porque non tiña principios e o poder lle importaba máis ca a dignidade.
Henrique Tello, portavoz do BNG, asegurou que aos coruñeses non lles preocupaba a polémica deste asunto, e desaprobou a actuación do PP, afirmando tamén que Negreira non era de fiar.
O alcalde interviu tras dous anos de silenzo e paciencia, enumerando unha lista de reproches contra o PP, acusándoo de non distinguir entre o partidista e o institucional, e de desenvolver unha política chea de erros. Tamén dixo que o asunto do topónimo si se podía solventar en cinco minutos, pero no Consello da Xunta e ante o presidente Núñez Feijoo.




Lucía Triñanes (2º Bach C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-10-2009 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
REFLEXIÓN SOBRE A SITUACIÓN DO GALEGO
A situación do galego neste tempo é moi difícil de explicar. Segundo algúns estudos, unha parte dos estudantes galegos falan o galego no seu pobo, dende pequenos, ata que estudan o Bacharelato, e deixan logo de falalo cando van estudar ás grandes cidades, como por exemplo á Coruña. Unha das razóns é que na Coruña, a maioría da poboación fala castelán, e isto conleva un sentimento de rexeitamento de cara aos galego-falantes. Isto ocorre pola errónea mentalidade de desprestixiar o idioma galego fronte ao castelán, con excusas como; "co galego non se vai a ningunha parte","o galego é para falarlles ás vacas" ou que "o galego é para a xente do rural".
Eu creo que algunha xente, que desprecia a cultura da que provén, debería de reflexionar sobre se o galego é de burros ou non, porque se o galego é para falalles ás vacas,eu digo MU.
Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bach C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-10-2009 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
A CORUÑA CUMPRE A LEI E PASA DO “L”



Este luns celebrouse unha convocatoria a iniciativa do PPdeG na que non se puxeron de acordo os tres principais partidos políticos galegos para solucionar a problemática do topónimo da Coruña.

Carlos Negreira, portavoz do grupo popular da cidade, dixo que fora un “erro histórico” aprobar o topónimo galego na Lei de Normalización Lingüística aprobada co apoio de todos os grupos da Cámara en 1983. ´
A iniciativa do cambio para usar La Coruña tería que pasar a ser debatida no Parlamento onde o PPdeG conta coa maioría e o Presidente da Xunta, Núñez Feijoo, amosouse xa partidario do “bilingüismo na toponimia” ou mesmo afirmou que “as normas están para rompelas”.

Henrique Tello, portavoz do BNG na Coruña, acusou ao PPdeG de intentar sacar “tallada política” aprobando o bilingüismo nos topónimos.

Xabier Losada, alacalde socialista da Coruña, dixo que o cambio do topónimo está en mans da Xunta e do Parlamento e non en mans do concello. O alcalde coruñés tamén lle reprochou ao PP que ande a facer da nosa lingua un elemento de confrontación e pediulle explicacións.


TAMARA IGLESIAS (2º BACH.A)

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-10-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
O desprestixio do galego
O goberno da Xunta está interesado en desprazar a lingua galega da sociedade desprestixándoa.
Falan de que queren que se eduque aos rapaces galegos en tres linguas diferentes, pero para que os rapaces as poidan aprender necesitarían unha atención personalizada e non clases con 30 alumnos e só un profesor como pasa na actualidade.

Ademais o goberno non só se preocupa de que o galego deixe de aprenderse sacándolle horas a esta materia, senón que tamén intenta que a xente adulta estea de acordo con eles implantándolles que co galego non se vai a ningures.

Esta polémica sobre as linguas non é mais que unha extrataxema para conseguir votos, a educación noutras linguas é necesaria, cantas máis linguas se dominen mais listos seremos pero para conseguir iso antes hai que ensinar cal é a lingua de Galiza e darlle o poder que esta merece, se non queremos que se extinga, como di Jorge Mira, no 2100.


Adrián Ferreirós (2º Bach A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-10-2009 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Isto valeu a pena!
Xurxo Souto, antigo castelán falante, comprendeu a importancia da nosa lingua e pouco a
pouco foise adaptando a ela chegando a ser galegofalante. A importancia dos neofalantes no
labor de normalización da lingua está moi sobrevalorado. A continuación deixámosvos a experiencia que contou Xurxo Souto, é interesante:


Despois dun longo camiño, sinto que todo isto valeu a pena. Ser o extraño dunha familia castelán falante, ser o extraño dun colexió no que non se oía nin tan só unha palabra en galego; en definitiva, ser o extraño dun pobo (Resío) no cal, agás tres ou catro vellos falaban neste meu idioma.

Todo foi froito da curiosidade dun mozo cando , tan só con 17 anos,a miña cabeza adolescente necesitaba sentirse autóctono. Algúns amigos uníronse na procura de atopar o sentimento galego. Fomos pouco a pouco ,posto que o impacto social podía ser inmenso. Comezamos falando entre nos, logo animámonos e empezamos a estudar e a responder ós exámenes na nosa lingua. Na casa e nas rúas non nos atrevíamos aínda.

Pasaron os anos, e cando rematei os meus estudos no instituto, comecei a carreira de Filoloxía galega. A vida de neofalante é moi dura, posto que a xente coa que sempre falabas en castelá sinte extraña oíndote nun idioma distinto e por outra banda non sabes que tipo de galego debes falar : se o normativo ou o propio do seu lugar.

Xa na carreira, o galego formaba parte da miña vida. El espertábame polas mañás e el mesmo
me aloumiñaba polas noites. Por fin me sentía galego. E non só a miña nova vida cambiou co galego: meus pais falábanme en galego, podía comunicarme cos meus amigos do pobo en galego,e o mais importante, as próximas xeración da miña familia non precisarían recorrer todo o camiño que eu recorrin para poder sentirme galego. Despois dun longo camiño.....si que valeu a pena.


Queda aquí,pois, demostrada a importancia dos neofalantes con respecto á normalización do galego. (Vida de Xurxo Souto)


J.DANIELS 2ºBac.A



e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-10-2009 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego