O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Open Office en galego
O paquete ofimático de software libre máis importante da actualidade xa se pode descargar en galego.

Isto foi grazas á comunidade de voluntarios da páxina web mancomun.org que se tomou a molestia de traducilo.

Todo un adianto máis para a nosa lingua que segue atravesando barreiras, nesta caso a informática.

Daniel Díaz (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-10-2008 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa música ábrese camiño
A nosa música será unha das protagonistas no Womex, que é unha feira internacional de música do mundo, do 29 de outubro ata o 1 de novembro en Sevilla. A Consellería de Cultura apoia a nosa presenza neste evento.
Algúns dos artistas que nos representan son Mutenrohi, Xosé Manuel Budiño e Narf nos concertos que están programados para o 1 de novembro podedes ir a partir das 21:30.
Algunhas das empresas que participan serán: Falcatruada, A Fábrica de Chocolate, Lonxa Cultural, etc.
Cultura e o sector musical de Galicia apoiarán isto distribuíndo material de promoción deste festival, como dous CDs sobre a nosa música galega.

Isabel Otero (2º Bach. B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-10-2008 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
DNI galego
O colectivo Espazo Aberto-Mocidade, integrado en Galiza Nova, pon en marcha unha campaña a prol dun documento identificativo propio.
Para facer o teu DNI só tes que encher unha ficha, asinar, entregar unha foto e aboar 2 euros. No caso de non ter foto no momento, poderase remitir por correo electrónico.

Se vos fixades na foto do posible DNI, aparece o termo de República Galega, que din non o utilizan para crear ningún tipo de conflito senón que defenden unha República Galega federada co resto dos pobos ibéricos e europeos en pé de igualdade, e ademais apostan pola participación da cidadanía na xestión diaria da Res Publica.

Síntete máis galego!

Daniel Díaz (2º Bach. C)
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-10-2008 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Simposio sobre toponimia e cartografía
Dende hoxe ata o vindeiro venres os nomes de lugar serán analizados no Simposio Toponimia e Cartografía do Instituto da Lingua Galega. Analizaranse desde topónimos medievais aos nomes do mar na costa do Sur de Galicia entre outros. Varias intervencións analizarán as posibilidades da cartografía para este tipo de investigacións, tanto en Galicia como noutras linguas do Estado.

Teriamos que asistir alguén para informarnos das novidades e ver de continuar co noso traballo de toponimia, que aínda nos faltan significados de topónimos que Rianxo por descifrar!

Noemi Patiño (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-10-2008 00:33
# Ligazón permanente a este artigo
Nova campaña: Vivamos coma galegos ... en Nova Iorque
A ver se nos sobe a autoestima...

e ti que opinas? (7) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-10-2008 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
BOCADILLO DE ALCRIQUES(agullas)
Receita popular.
Autor: Xacobo Vicente Patiño (3º ESO D)

INGREDIENTES:
• Pan.
• Unha lata de alcriques.


ELABORACIÓN:

 Córtase o pan (sempre á vista dun adulto).
 Ábrese a lata.
 Escorrégase o aceite.
 Lavas as mans.
 Cóllense os alcriques.
 Bótanse dentro do pan.
 Envólvese o pan cun pano de papel para que non pingue.
 A COMER!!!!
e ti que opinas? (5) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 28-10-2008 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Móbiles en galego

A todos aqueles que se queixan de que o seu móbil non dispoñía da opción do galego no idioma interesaralles esta noticia: os móbiles estarán dispoñibles en galego antes de que termine o ano.
Segundo apuntou a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, esta novidade, que se enmarca na campaña 'O teu móbil en galego', pretende achega-lo galego á poboación mediante as novas tecnoloxías para fomenta-la relación cos clientes galegos.
Un total de cinco compañías operadoras de telefonía móbil en España: Orange, R, Telefónica, Vodafone e Yoigo; e outras cinco empresas fabricantes de terminais: Alcatel, Motorola, Nokia, Smsung e Sony-Ericcson, ofrecerán os seus servizos e produtos en galego.
Con este acordo, os operadores comprometéronse a prestar as mesmas vantaxes pero en galego, mentres que as empresas acordaron fabricar terminais con opción de menú e manual neste idioma.
As empresas operadoras requerirán nos pedidos aos seus fabricantes o galego como unha opción do idioma dentro do menú do móbil, levarán a cabo campañas nesta lingua e ofrecerán aos seus clientes a posibilidade de renovar ou sustitui-los terminais sin opción do galego por móbiles que sí a teñan.
Así mesmo, Política Lingüística, que dentro deste convenio aporta soporte técnico en cuestións lingüísticas e terminolóxicas, puxo en marcha a web www.oteumobilengalego.com, que servirá como soporte para difundi-la campaña.

Esther Domínguez Alcalde 1ºBACH C
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-10-2008 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Acordo entre Galaxia e Google
Ambas empresas acaban de asinar un acordo no cal Google publicitará na rede os libros publicados pola editorial Galaxia. Desta maneira poderanse consultar obras completas, aínda que noutros casos serán fragmentos (dependendo do que decidan os distintos autores) da literatura galega na rede.
En decembro ambas empresas farán unha demostración pública dos contidos deste acordo.

Axudará isto a que leamos máis en galego?

Cristina Saborido Rial 2º Bach. C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-10-2008 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
IDADE DIXITAL DO GALEGO' NA MESA REDONDA
O martes 28 de outubro as 19:30 terá lugar unha charla no marco da chegada a Vigo da exposición 'As nosas palabras, os nosos mundos' na que participarán Luía Collado, director para Google España de Google e Procura de libros e Google Académico, Montserrat Pardo, xerente de relacións institucionais de Microsoft Ibérica , Xosé María Pousada, director de ETSE de telecomunicacións da universidade de Vigo e Marisol López, secretaria de Política Lingüística.
Esta mesa redonda 'A idade dixital do galego' está organiada pola secretaría Xeral de Política Lingüística.

Noemi Patiño (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-10-2008 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
BARACK OBAMA BOTA MAN DO ÉUSCARO PARA CONSEGUIR MÁIS VOTOS
Fixádevos o que fai a necesidade de votos!
Na súa propaganda electoral en Nevada,o candidato a presidencia de EEUU decide utilizar o éuscaro para os panfletos da súa campaña electoral, xa que Nevada é un dos estados norteamericanos nos que hai un número importante de poboación vasca.

Cristina (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-10-2008 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego