O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Hoxe homenaxe a Castelao: Os vellos en marionetas... Non o perdades!
É ás 20:30 da tarde. A derradeira proposta dentro dos Actos Castelao 2016 organizados pola Concellaría de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización lingüística é un teatro de marionetas da obra Os vellos non deben de namorarse do ilustre rianxeiro Castelao a cargo da compañía Fantoches Baj

A obra está recomendada para maiores de 12 anos

A entrada é de balde ata completar aforo. Poden retirarse unha hora antes do comezo da función.

Lembrade que tal día coma hoxe se cumpren 130 anos do nacemento de Castelao na nosa vila.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-01-2016 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel María: Oda pesimista ó meu pais
Seguindo coa nosa homenaxe a Manuel María, deixámosvos este poema:

Galicia é un paradiso, un xardín
cultivado con cencia e con beleza.
Non se ollan, por ningunha banda,
ortigas, hedras, silveiras,
cardos, toxales ou codesos.
Tampouco hai campos ermos.
Os labregos son moi cultos e teñen
un nivel económico emvexable:
cultivan as terras con aveños
modernos e, nas súas casas
confortables, len ós nosos
clásicos, escoitan música
i ollan a paisaxe demoradamente
e con lecer, pra interpretar
o seu sinificado misterioso.
O mesmo se pode decir
dos mariñeiros, dos obreiros
e das demais clases sociales
do pais. Non guedan corredoiras.
Os emigrantes eran unha vergoña
i unha lacra que desapareceu
hai moitos séculos: un mal
recordo. Agora os inmigrantes
- Deus sexa louvado- son a mau
de obra, quérese decir:
os proletarios,
apoio e sostén da nosa industria
que non ten iqual no mundo enteiro
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 22-01-2016 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Xovenes Freiks
Hoxe vou falar sobre un grupo de música formado por alumnos de 2º ESO somos os "Xóvenes Freiks" unha charanga brass, formada por dous saxos, unha trompeta, unha trompa, unha tuba, e un percusionista.

No noso repertorio predominan cancións moi modernas, como Freaks de Timmy Trumpets, Cheerleader, e moitas máis, tamén algunhas pezas clásicas.

Agora estamos preparando o concerto das Letras Galegas que se celebrará no centro no mes de maio. Nesa actuación interpretaremos o Himno Galego e algunhas sorpresas.

Visitade o noso canal de Youtube!!!! Esperamos que vos guste!! https://www.youtube.com/channel/UCnRDBjZbwiSkGV7O6nnErzA

Ricardo Mosquera García 2ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 14-01-2016 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel María: A fala
Deixámosvos un poema de Manuel María que nos gusta moito e con el comezamos a nosa homenaxe ao poeta ao que se lle dedican as letras galegas este ano 2016.

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-01-2016 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego