O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Castelao: homenaxe na vila esta fin de semana
Desde Cultura chéganos o anuncio das actividades que se van facer sobre Castelao esta fin de semana no concello onde nacía Castelao un 29 de xaneiro de 1886.

Venres 30 de xaneiro

20.30 h - Auditorio de Rianxo

PRESENTACIÓN, MESA REDONDA E INTERVENCIÓNS MUSICAIS E PLÁSTICAS

O acto no que se inclúen estas propostas:

Presentación do Suplemento cultural A Voz de Barbantia - xaneiro 2015
Mesa Redonda " A prensa do humor: o pouso de Castelao nos humoristas gráficos de hoxe " con Luis Davila, David Pintor (de Pinto&Chinto) e Xosé Lois González Vázquez (O Carrabouxo), moderados por Moncho Ares (delegado comarcal de La Voz de Galicia)
Intervención musical de María Varela e Francisco Cardama
Intervención plástica do pintor Carlos Triñanes

Sábado 31 de xaneiro

12.00 h - Busto de Castelao no Paseo da Ribeira

OFRENDA FLORAL E POSTERIOR INTERVENCIÓN DE AUTORIDADES

19.00 h - Auditorio de Rianxo

TEATRO INFANTIL: COUSAS DE CASTELAO A CARGO DE TÍTERES CACHIRULO

A obra está recomendada para nenos e nenas a partir de 5 anos. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da representación.

APROVEITADE!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-01-2015 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO ANO 2015, mesmo curso!
O Novo ano 2015 celebrámolo como fixemos sempre, comendo as 12 uvas ao ritmo das badaladas e con fogos artificiais. Tivemos unha gran sorte de non atragantarnos.
Comemos as uvas e o que puido brindou con champán, e celebrámolo por todo o alto.
Sergio foi ao concerto de Aninovo en Pontevedra e tamén estivo pendente da lotería.
Vimos os especiais de Aninovo na televisión. E o fin das festas na cabalgata de Reis.
Agora xa levamos semanas metidos no curso e parece que non paramos desde setembro, pero estamos no 2015! Hai que traballar... que nos despistamos!

Sergio Somoza Tubío 1ºESO D
Adrián Chaves Gómez 1ºESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-01-2015 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego