O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O castelán lingua de pobres en Estados Unidos

Deixámosvos un vídeo no que se ve como unha lingua normalizada e maioritaria, como é o español, pode estar minorizada. É moi interesante a comparativa que se fai entre a situación do castelán en Estados Unidos e a doutras linguas coma a galega dentro do seu propio territorio. Non o perdades:


e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-01-2014 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe... concerto!
Ás 12,30 temos concerto, hoxe domingo 26 de xaneiro, no centro Cultural "Simón Varela" de Asados. Somos a Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo.
Non o perdades.
Logo cada mes imos a unha parroquia. Anotade:

Domingo 23 de febreiro (Taragoña)
Domingo 23 de marzo (Araño)
Domingo 13 de abril (Leiro)
Xoves 1 de Maio (Isorna)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-01-2014 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
A Próxima función de Airiños
O Grupo rianxeiro do Teatro Airiños convídavos a asistir á función de “O cabaré dos 80… anos de Airiños” o próxsimo 25 de xaneiro ás 19.00h no Centro Sociocultural de Santa Marta.

O Cadro Artístico Airiños cumpre 80 anos e quere celebralo ao grande cun proxecto ben especial, levando ao teatro a súa propia historia: momentos históricos mestúranse coas anécdotas máis divertidas,tamén hábera escenas clásicas e algunhas sorpresas… Cantares de cego, xogos, música, bailes, cancións, paiasos, maxia…

Unha creación colectiva guiada por Esther F. Carrodeguas,e máis de 20 actores e actrices entre os que quero facer destacar a Lucia Casal Lodeiro.

O custo da entrada é de 5€ en beneficio da AGADEA e pódense reservar anticipadamente na súa sede.

Brais Rodriguez Carou
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 21-01-2014 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Poema
A última semana do 1º trimestre, o alumnado de 3º de PDC dedicou unhas clases á creación literaria. Deste traballo e dedicación naceron algúns poemas, uns individuais e outros colectivos. Este é un dos poemas que compuxeron entre todos. Están feitos uns artistas!

Amencer nun campo de papoulas vermellas,
era un camiño recto que atravesaba unha arboreda,
auga caendo por pedras como unha fervenza.
Un día bonito e soleado na primavera.

Atardecer nun campo vermello de flores
camiño marrón cheo de verdade.
Calma, tranquilidade, paz,
a primavera, a felicidade ou o amor.
Esa gran paixón.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 10-01-2014 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego