O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Por Sempre
Capítulo 1

Ía frío. Moito frío. Nas lindes dos reinos veciños de Alexandria e Terebintia reinaban os raios, as tronadas e choivas. Unha esbelta figura encapuchada escoitaba dende a súa ventá as risas que soaban no castelo de Terebintia, e sen ningún esforzo soubo o que estaba acontecendo. A sucesora de Téredens, a raíña do castelo, nacera había uns poucos meses, non máis. O encapuchado lamentou non poder estar aí. Aquela meniña era o seu obxectivo dende que soubo a noticia. Debía agardar a que a rapaza cumprise os 16 anos, agora non lle servía de nada. Debía agardar.

Continuará...

Texto:Aitana Alcalde 1ºA
Imaxes:Aida Barros 1ºA
e ti que opinas? (3) - Categoría: Relatos - Publicado o 30-01-2013 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Vituin.com, nova rede social galega.


Unha nova plataforma social chega á Internet baixo o nome de Vituin, que presume de ser “a rede social de Galicia” e destaca por estar dispoñible en inglés, español, portugués e galego (RAG e AGAL), e que permite aos seus usuarios comunicarse cos seus amigos, crear blogues, compartir fotografías e vídeos, establecer discusións e organizar eventos, na liña doutras plataformas semellantes, e coas características propias de mooSocial, xestor de contidos co que funciona este novo espazo web.

Agardamos con moita impaciencia a mellora das súas políticas e a solución dos erros que toda novidade conleva e que,así mesmo, o seu futuro estea cargado de alegrías.


Pedro Tubío Figueira
2º Bach - B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-01-2013 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Discriminación ao galego ata na música
O ex-alumno do IES Félix Muriel Antón Alcalde e autor da peza Os heroes do Orzán, deulle permiso ao director da banda de Vilagarcia, Suso Nogueira, para que traducise ao castelán a súa obra porque segundo este "pretende que a entenda un público que fala castelán".
Na nosa opinión este feito non é soamente unha ofensa contra o galego, senón tamén contra as persoas que falan galego, deixándoas quedar xente como inculta que só pode entender pezas que non teñen letra. Se estamos en Galicia todos debemos entender o galego, e os de fóra terán que coñecer a nosa cultura coa nosa lingua.






Miguel Rial Carou
Ana Lucía González Alcalde
Carmela Castro González
Alba Pérez Castaño
4ºESO B
e ti que opinas? (1) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 25-01-2013 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Corasóns para a Candeloria
O ENDLG do IES Félix Muriel convoca un Certame Fotográfico para celebrar o día da Candeloria. O certame recibe o nome de CORASÓNS pois o asunto é celebrar o amor, se ben a intención é facelo dunha maneira suxerente.
Trátase de fotografiar corazóns, mais eses corazóns deben ser intuídos nos obxectos cotiáns; non deben ser mostrados, senón suxeridos…
Cada fotografía debe ser orixinal, realizada polo participante no certame, e debe ir acompañada dunha mensaxe de amor, con ou sen destinatario/a explícito.
No certame pode participar toda a Comunidade Educativa vinculada ao instituto. Cada participante poderá enviar até 5 fotografías distintas, coas súas respectivas mensaxes amorosas. Os envíos realizaranse a través do correo electrónico ao enderezo do ENDLG: enl.felixmuriel@gmail.com . Tamén poderán ser entregadas directamente, na Sala de Normalización, en sobre pechado, ao profesorado responsable da actividade (Tina, Sofia…). Tanto no correo-e, como no sobre, deberán figurar o nome do participante e a súa relación coa comunidade educativa: alumno/a, persoal docente, persoal non docente, pai/nai dun alumno/a… En caso de tratarse dun alumno/a, deberá engadir ademais o curso e o grupo ao que pertence.
O prazo do certame abranguerá toda a primeira quincena do vindeiro mes, dado que a Candeloria se celebra o día 2, recolleranse fotografías entre o 1 e o 18 de Febreiro. Durante ese período farase público o nome dos participantes no xurado, que outorgarán 3 premios (agasallos sorpresa) o derradeiro día do mesmo mes de Febreiro.
Non esquezades o obxectivo fundamental do Equipo de Normalización á hora de convocar este, ou calquera outro, certame: O USO DA LINGUA EN TODOS OS ÁMBITOS. Así que o que se trata é de que usedes, até gastala, a lingua, tamén nas vosas mensaxes amorosas…
DÁDELLE GHUSTO Á LINGUA: GHÁSTADE O GHALEGHO, CON MOITO AMOOOOORRRRRR!!!!!!!!!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 21-01-2013 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia do ministro Wert na cidade de Sevilla, cancelada polos abucheos masivos dos estudantes.
Os pitidos e abucheos do algo máis dun centenar das persoas que asistiron á conferencia do ministro de educación José Ignacio Wert en Sevilla obrigou á cancelación da mesma.

O ministro, que fora recibido con aplausos dun sector minoritario do público, foi totalmente repudiado pola abraiante maioría do mesmo, con gritos da índole de "Wert dimisión, "fóra, fóra!" ou "Universidade pública e de calidade".

O altercado prolongouse un total duns 20 minutos, momento no que o director do xornal "El Mundo" en Andalucía deu por suspendido o acto, empregando as seguintes declaracións:

"Dende hai 5 anos, este foro sempre fora un espazo de liberdade; dende un xornal estamos defendendo sempre a liberdade de expresión pero isto aféctanos e compétenos a todos e, cando menos, debemos manter un nivel de educación e comportamento exemplares"
, dito por Francisco Rosell. E aínda engadiu "Escoitamos as razóns do público, agora escoitemos as do señor ministro". Pero non os convenceu. Seguiron os gritos de demanda dunha educación digna, ante o que o director do xornal lles volveu retrucar aos manifestantes: "Se tan seguros e convencidos estades dos vosos argumentos e razóns, escoitade ó señor ministro; sen libertade de expresión pouca universidade digna imos ter", apoiado polo seu sector partidario no público, quenes eran militantes do PP ou deputados do mesmo partido na propia provincia. "Non van permitir a conferencia. Isto é o que nun réxime fascista coma o franquismo ocorrería, que non se permitían dar conferencias".


Pregúntome eu: e este home ata onde pretende chegar? Non ve que o único que está a facer é impoñer a súa ideoloxía coma se do mesmo Franco se tratase? Esperemos que se acabe canto antes este pesadelo de reforma educativa...

Pedro Tubío Figueira
2º Bach. B


e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 20-01-2013 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
WordPress 3.5 estrea posibilidade de ser empregado en galego.
O xestor de contidos na rede WordPress, no estreo da súa versión 3.5 revelou, entre outras novidades importantes (coma un mellor sistema de subida de fotografías ou de novas temáticas decorativas adaptadas a dispositivos móbiles) a dispoñibilidade do idioma galego nas súas características. Isto é posible grazas ó traballo dun grupo de voluntarios traductores que axudaron a que isto se fixese realidade.

Para aqueles interesados que suban os seus contidos á rede, deben saber tamén que agora a compatibilidade con SlideShare e Instagram veuse mellorada de forma notoria.

Pedro Tubío Figueira
2º Bach. B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-01-2013 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
O novo Windows 8 sairá finalmente en 109 linguas.
A revolución no mundo da informática táctil, o sistema operativo Windows 8, será traducido finalmente a un total de 109 linguas, nas cales destacan melloras na traducción á lingua galega e a adhesión do Valenciano, entre outras.

Tamén cabe destacar que o sistema operativo, en contrapunto coas edicións antigas do xigante informático, terá a opción de ser mudado de idioma en calquera momento, algo para o que antes precisábamos unha reinstalación completa.

Con estas medidas, pretenden seguir medrando no ámbito tecnolóxico e abrindose portas a un maior abanico de clientes.

Pedro Tubío Figueira
2º Bach. B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-01-2013 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Marcapáxinas persoal
Para empezar a facer o teu marcapáxinas,
elixe a cor da cartolina coa que facer a base e recorta nela un rectángulo de 3 cm de ancho e 10 cm de longo. Agora hai que elixir que figuras imos pegar, eu escollín uns peixiños nadando por un río.
No meu caso, recortei unhas liñas curvas que semellan ser un río, deste xeito a cartolina base vaise ver pouco.
Noutra cartolina doutra cor faremos a forma do corpo dos peixes, noutra as aletas e a cola (tamen se pode facer a boca). Finalmente pegarémolos peixiños en riba do “río” e cun rotulador, debuxamos os ollos.

Aida Barros Ces 1º ESO "A"
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 18-01-2013 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Made in Galiza.
Este recuncho imos dedicalo a falar do libro : Made in Galiza , o cal estamos lendo varios grupos do noso instituto.

En cada capítulo do libro nárrase unha historia, todas elas relacionadas co galego. Algunhas das historias teñen un narrador protagonista, mentres que outras tratan o tema da lingua facendo unha reflexión ou dando unha opinión.
Algunhas das impresións que fomos sentindo ó ler o libro foron ; sorpresa, identificación ou simplemente nos pareceron cómicas.

Dende o noso punto de vista, o libro é doado de ler e ademais, que teña tantas historias incítache a seguir lendo.


e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 17-01-2013 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
IDEA FÁCIL
IDEA FÁCIL
Seguro que algunha vez encontráchedes un trebo de catro follas. Eu si, e para non perdelo, tiven unha idea: cortei un cadrado de cartolina do tamaño aproximado ao do trebo, e logo, fíxenme cun trozo de plástico algo máis grande, deses de refugallo e púxeno derriba dunha mesa, finalmente coloquei o meu trebo da sorte encima, envolvín o trebo e a cartolina co plástico, pegueino con cinta adhesiva e xa o teño “en conserva” para sempre. Así nunca o perderedes.
Agora, a buscar o voso trebo e boa sorte!

Alba Vicente Muñiz 1º ESO D
e ti que opinas? (3) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-01-2013 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego