O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Núñez Singala visita o Félix Muriel
O pasado 17 de xaneiro visitounos o ilustre Manuel Núñez Singala responsable de Normalización e Dinamización Linguística da Universidade de Santiago de Compostela.
Veunos dar unha charla sobre os "prexuízos" e sobre o seu libro...En Galego por que Non? É un libro que trata sobre os prexuízos que máis lle afectan aos galegos á hora de empregar a súa lingua...
Fíxonos ver, poñendo outros exemplos, como estes prexuízos teñen que ver com ideas que temos escoitado e nas que cremos sen realmente reflexionar se son certas ou non. Tamén nos explicou estes prexuízos como simplificacións do noso pnsamento sen fixarnos ben no que realmente significan estas ideas.

Os prexuízos dos que trata o libro son :

1.O galego soa mal.
2.Aprender galego é unha perda de tempo.
3.Falar galego cando hai alguén que aínda que o entende non o fala, é de mala educación.
4.O Galego non o damos falado ben.
5.O galego é unha lingua minoritaria.

Xosé Anxo 3ºD
Portada do libro
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 31-01-2012 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
A que pobo vale o Valedor do Pobo?
O Valedor do Pobo é o principal representante e defensor de Galicia pero nun dos seus informes,recentemente publicados, fala sobre o Estatuto de Galicia, cuxo artigo 5.1 di que o galego é a lingua propia de Galicia,o Valedor considerou que debía ser censurado.
Algúns dos nosos compañeiros cometarón esta noticia, e aquí vos deixamos algúns deles.

-Abel, de 3ºD dinos:
É unha irresponsabilidade por parte de quen o puxo nese posto, xa se sabía as ideas que tiña. É como quen pon a un xuíz misóxino a condenar o maltrato á muller.Para que nos vale? Co que nos costa ao ano (DOUS MILLÓNS DE EUROS), podía non morder a man que lle dá de comer!

-Sarela, tamén de 3ºD comenta:
Eu opino coma todos e creo que o goberno, a través do Valedor do Pobo e outras persoas con cargos semellantes, está cometendo actos que atentan cada vez máis explícitamente contra a nosa lingua e a nosa cultura e faino porque sabe que nós, ao contrario do que cabe esperar, non facemos nada para impedilo. É máis, facilitámoslle as cousas, porque o Valedor foi posto onde está indirectamente pola vontade da maioría de galegos. O que deberíamos facer é plantexarnos dunha vez por todas se o que queremos é seguir sometidos sen opinar nin queixarnos, ou ter as nosas propias opinións e ideas e expresalas ben alto aínda que signifique contrariar á maioría. Hai persoas que xa o están facendo e o que debemos é apoialos e pelexar polo que nos parece xusto, que é que o galego se recoñeza como a nosa lingua propia e se actúe respectándoa e favorecendo o seu uso e coñecemento e non perxudicándoa e infravolorándoa.

-Carlos, de 3ºE opina:
Eu penso que se lle está a dar demasiada importancia a este asunto, que aparece en sete xornais distintos. É esaxerado.
Ainda que tampouco me parece ben que censuren todo un libro por un recadro ó que ninguén lle daría maior importancia; xa que el debería defende-lo estatuto de autonomía e o galego, e non cuestionalo, xa que se está ‘autocensurando’ practicamente. Na miña opinión, non ten moito sentido, pero paréceme que hai noticias máis importantes ás que se lle podería adicar un pequeno espazo nalgún xornal.

Laura Mirón, Clara Villanustre e Serxio Lamas (3ºA)
Artigo 5. Estatuto de autonomía.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-01-2012 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Candeloria- Día do amor en Galicia

O 2 de febreiro celébrase a Candeloria, que é o día do amor en Galicia, aínda que agora quedou suplantado polo comercial San Valentín.

Buscando recuperar as nosas tradicións, imos repartir os adhesivos que fixemos na Coordinadora de ENDL do Barbanza e animarvos a que escribades as vosas mesnsaxes de amor. Animádesvos?

Podedes deixar os vosos SMS a xeito de comentario aquí nesta noticia. E tamén redactar cartas de amor que podedes enviar ao correo do Equipo (enl.felixmuriel@gmail.com). Publicaranse as mellores na revista...

E se vos esforzades... mesmo pode haber algún premio.
e ti que opinas? (77) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-01-2012 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Mercedes Queixas presenta o seu ultimo libro en Rianxo sobre Mª do Carme Kruckenberg
Mañá sábado, 28 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, preséntase a biografía de María do Carme Kruckenberg Vivir, unha aventura irrepetíbel. Trátase da biografía de Mª do Carme Kruckenberg, de Mercedes Queixas,que fora a coordinadora provincial dos equipos da provincia da Coruña entre 2006 e 2010 e que xa visitou o noso centro en varias ocasións. A última vez que Mercedes Queixas estivo connosco foi no acto de presentación do proxecto No meu mar, na miña lingua.

Neste acto de presentación do seu libro, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participarán, xunto á autora, Francisco Castro e Milagros Torrado. A seguir, terá lugar un recital poético no que participarán Esther F. Carrodeguas, Milagros Torrado e María Xesús Blanco, cunha intervención plástica do pintor Salvador Fernández Laíño. No mesmo emprazamento, ás 20:00 horas, terá lugar unha conferencia de Miguel Anxo Seixas sobre Castelao á luz de Paz Andrade.

Non perdades estas actividades!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 27-01-2012 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
O novo libro do profesor do noso IES, X. M. Lobato, preséntase hoxe na biblioteca
Hoxe venres 27 de xaneiro celebrarase a presentación do libro Máxico tear natural do profesor deste instituto Xosé Manuel Lobato

Temos unha cita, toda a comunidade educativa, hoxe á tardiña, concretamente ás 19,45 h. Na biblioteca do IES o profesor de matemáticas, e escritor, X. M. Lobato presenta o seu novo libro Máxico tear natural.

A presentación correrá a cargo de Xosé Ricardo Losada e contará coa presenza do autor e profesor do centro. Este acto enmárcase no programa de mellora da biblioteca que se está a desenvolver no presente curso, integrándose ademais na actividade do club de lectura Ex-libris.

Animámosvos a todos e todas a asistir hoxe. Logo facemos os comentarios o luns…

Mikel (4º B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-01-2012 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Marineda City... complexo lingüístico

Cando Marineda City abriu as súas portas, foi un dos centros comerciais máis publicitados por ser un dos complexos comerciais máis grandes de Europa. A pesar de estar situado en Galiza os seus anuncios estaban e castelán e inglés pero ningún en galego o que orixinou que se dese a coñecer como o Maior centro lingüístico de Europa.
Algúns dos nosos compañeir@s de 3ºE.S.O deixron a súa opinión ao respetco.


Brais deixounos este comentario:
- A mensaxe publicitaria fai referencia á vergoña que hoxe en día senten as persoas por expresarse na nosa lingua, quedando esta reducida ao entorno rural e a ámbitos familiares.
O autor fai unha parodia,a través desta imaxe coñecida dun anuncio publicitario para chamar a atención.
Estou de acordo co pensamento do autor. Creo que deberíamos de falar todos galego, xa que estamos en Galiza, e non deberiamos acomplexarnos da nosa lingua xa que temos a sorte de ter unha lingua propia que outras comunidades non posúen e borrar dunha vez por todas a idea de pensar que es máis ou menos por falar unha lingua ou outra.

Abel de 3ºD dinos:
- A Marineda City, chámaselle o maior complexo lingüstico, porque cando fixeron a publicidade da apertura do novo centro comercial, colleron tres actrices/actores galegos para facer a publicidade en castelán. En galego non o entendia todo o mundo? E o complexo que teñen moitos/as galegos/as. Quen vai comprar a ese centro comercial, os de Madrid?

Eduardo de 3ºA coméntanos:
-É un complexo lingüístico porque é un cartel dun centro comercial da Coruña que debería estar en galego. Entendo que se ese cartel estivese en Asturias ou en Madrid estivese en castelán, pero en Galicia é moi vergonzoso que tamén estea en castelán.

Serxio Lamas e Clara Villanustre 3ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-01-2012 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Arredor dos prexuízos
As cousas non son tan simples como parecen coas simplificacións da lingua podemos cometer erros.
Un prexuízo é unha opinión inicial que non nos deixa ver as cousas tal e como son . Un prexuízo é moi difícil de superar, e isto pasa coa lingua galega.
O galego non é unha lingua bruta nin soa mal, o que pasa e que tendemos a aprobar o próximo e a desaprobar o afastado. Non hai linguas que soen ben nin linguas que soen mal , son só prexuízos . O único que hai son falantes que soen ben e falantes que non.

Falar galego non é un problema , é certo que se todos falásemos a mesma lingua nos entenderíamos pero tamén seriamos máis pobres en cultura.
Cando din que aprender galego é unha perda de tempo están errados, xa que aprender calquera cousa é de moita axuda, cantos máis coñecementos se teñan mellor.

Falar galego cando alguén non o fala pero si o entende non é de mala educación. É moi fácil que nos enganen, pero hai que informarse ben sobre as linguas e sobre todo: non ter prexuízos.

Nerea Lorenzo Rodríguez 4ºC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-01-2012 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Xornais en galego?
En Galicia hai moitos xornais que levan no seu nome “Galicia”, Por que? Se case ningún deles esta escrito en galego. Exceptuando Galicia hoxe que chega o seu fin no 2011, un xornal fundado no 2003 co obxetivo de ser o único diario en galego.
A fidelidade e a defensa do idioma e da cultura de Galicia e individualizando os seus contidos nunha era difícil da prensa escrita . A Normalización Lingüística , por boca do seu voceiro Carlos Callón , valoraba como “moi grave” o peche deste xornal. Con este desaparece para sempre o galego da prensa escrita.
Moitos xornais galegos están escritos en castelán por exemplo “la voz de Galicia” como ocorreu durante o réxime franquista : nesta etapa non se permitía usar o galego en actos oficiais, nas escolas e na prensa. Reducindo o seu uso o ámbito privado. Por sorte isto cambiou no ano 1936 cando se aprobou o Estatuto de Autonomía de Galicia que instituíu o galego como lingua oficial.
Hoxe en dia aínda que os galegos sexan capaces de falalo xa que nas escolas se ensina, moitos deles non o utilizan no seu dia a dia. Ou pensan que falalo non serve para nada. Pero pouco a pouco conseguiremos que o galego vaia aumentando os seus falantes e prestixio grazas a Normalización Lingüística que se encarga de potenciar o galego.


Jennifer Lorenzo Creo e María López Saavedra 4ºB
e ti que opinas? (1) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 19-01-2012 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Ferramentas para o galego

O galego segue a incrementar os seus materiais e recursos na rede.
Hai mais ou menos un mes contamos cunha nova serie de recursos que poden ser de grande utilidade para calquera de nós.Trátase neste caso dun dicionario, un conxugador de verbos e un tradutor que de seguro nos poderán resolver algunha dúbida en caso de precisármolo.
Dámosvos a coñecer esta noticia por se non vos coincidiu de informarvos pola prensa e aproveitammos ao mesmo tempo para deixarvos un enlace de acceso. Botádelle unha ollada.
Como podedes ver vai tamén un acceso para que poidades afondar no coñecemento da música na nosa lingua e disfrutar dela. Curioseade un pouco neste espazo no que hai novidades e materiais curiosos e interesantes. Polo menos así lle parece a quen vos escribe.
Podedes facernos chegar as vosas opinións.

http://galapps.es/



http://musicaengalego.blogspot.com/
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 18-01-2012 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
TEMOS OBRADOIROS SOBRE CASTELAO NO CONCELLO!
ACTOS CASTELAO 2012: OBRADOIROS CREATIVOS PARA A MOCIDADE
Dentro da programación dos Actos Castelao 2012 vanse realizar dous obradoiros destinados á xente moza rianxeira: un obradoiro de Caricaturas a cargo de Suso Sanmartín e un obradoiro de Creatividade literaria a cargo de Teresa Moure.

Castelao creador na crítica social: OBRADOIRO DE CARICATURAS a cargo de Suso Martín

DÍA: venres 20 de xaneiro
HORA: 18.00 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo

Castelao creador literario: OBRADOIRO DE CREATIVIDADE a cargo de Teresa Moure

DÍA: sábado 21 de xaneiro
HORA: 11.30 h
LUGAR: Biblioteca Pública Castelao

Os obradoiros están dirixidos a mozos e mozas a partir de 12 anos. As prazas son limitadas e hai reserva para a mocidade con discapacidade.

Para máis información e inscricións no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, no teléfono 981 100 688 de luns a venres de 10 a 14 horas e de martes a venres de 16 a 20 horas ou nos correos electrónicos cultura@concelloderianxo.es ou xuventude@concelloderianxo.es
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 17-01-2012 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego