O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

TARTA DE CABAZA
Ingredentes:
• ½ kg de cabaza
• 200 gs de azúcre
• 100 gs de fariña
• 200 gs de nata
• 3 ovos (as claras a punto de neve)
• Raiadura de limón
• Unhas pingas de anís
• 1 sobre de lévedo
Preparación:
Untar o molde que imos a usar cunha pouca manteiga e fariña. Mesturar tódolos ingredentes nun cunco reservando a nata para o final. Verter a mestura no molde e deixar cocer no forno a unha temperatura de 180º durante uns 45 minutos. Deixar enfriar antes de comelo.
Aldara Muiños Rodriguez, 1º ESO “C”
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 28-01-2011 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Lendas, de Gustavo Aadolfo Bécquer
Comecei a ler un libro bastante interesante para a asignatura de lingua castelá.

É un conxunto de relatos escritos por Bécquer, tal e coma A Cruz Do Demo. É unha lectura clásica española, bastante boa e que engancha de veras.Todas as historias están escritas dun xeito maxistral que enganchan ao lector dende a primeirísima páxina, sobre todo se é un apaixoado da literatura clásica.

Inda que conta cun vocabulario, se cabe, un pouco máis complicado do normal, probade a lelo. Tede á man un bo diccionario e gozade do momento.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 19-01-2011 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de galego para os políticos
Acabamos de ler a noticia que saíu publicada no xornal lugués El Progreso. Polo visto, O Parlamento de Galicia ofrecerá no primeiro trimestre de 2011 un curso de galego co obxectivo de que os deputados perfeccionen a produción oral e melloren a expresión. Seica van tentar reforzar a comprensibilidade e traballar a fluidez discursiva.

Parabéns para a iniciativa do Parlamento. Agora só queda que os deputados acudan ao curso!!! Desde aquí animámolos moito... que a algúns ben lles cómpre!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 14-01-2011 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego