O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

ESCRITORES GALEGOS PÍDENLLE A DIMISIÓN A VARELA
Once autores galegos asinaron unha reivindicación, onde todos mostran a mesma opinión ou intención: piden a dimisión de Roberto Varela, o conselleiro de Cultura. As razóns que dan son o desprezo revelador cara á cultura do país, e mais a falta de coñecemento da cultura da nosa Galiza.
Eu penso que os escritores galegos teñen moita razón, xa que se non se preocupa pola cultura de Galiza non debería formar parte da Xunta.

Arantxa Tubío Abuín 2ºA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-01-2010 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
A RAG aproba un informe crítico coas bases do galego

O informe elaborado pola Real Academia Galega sobre o decreto, céntrase sobre todo, na crítica da porcentaxe á que queda reducido o galego no ensino, un 33%, e en que a elección do idioma sexa realizada polos pais entre outras cuestións. Na miña opinión estou de acordo con esta crítica, posto que o galego, con este decreto, queda desprazado a un segundo plano, esquecendo que é a lingua propia da nosa comunidade. Así mesmo, paréceme un engano, por parte do goberno, que deixen elixir aos pais a lingua de ensino, sendo conscientes dos prexuízos cos que esta conta e aproveitándose así da situación.

Verónica Lorenzo Rial 2ºB bach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 28-01-2010 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
55 mentiras sobre o uso do galego
Este libro de orixe galega, que como ben se pode intuír no título trata sobre debates dos prexuízos que existen sobre o a nosa lingua, será publicado o próximo 4 de Febreiro. Unha consideración realmente interesante da cuestión é que a súa publicación non se limita tan só a Galicia. Estaredes pensado que este se pode estender por toda España, pero isto vai máis aló aínda. O libro sera públicado en cidades de varios países simultaneamente , como por exemplo en Nova York , Bos Aires, Nablús e Belén (en Palestina), Copenhague ou Saraxevo entre outras. Un total de 55 países poderán disfrutar da literatura galega. Desta cifra xorde o título do libro.

O temática que trata o libro subdivídese en dez apartados. Cada un destes trata dunha clase de prexuízo ou pola contra da argumentación da validez do galego.
Isto fainos reflexionar en, por que se un libro escrito na nosa pequeña e minoritaria lingua se pode publicar en 55 países e ter una tiraxe inicial de 4.000 exemplares non ha de ser válida en calqueira ámbito?

Román Castaño.

e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 28-01-2010 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
O goberno resístese aos topónimos galegos
Segundo o voceiro do BNG no congreso, o goberno resístese a utilizar os topónimos galegos legais, como por exemplo A Coruña. Denuncia que agora é moi habitual ver o nome de cidades ou concellos que non se axustan á normativa aprobada polo propio goberno en 1998. Esta normativa dálle legalidade a que La Coruña sexa A Coruña ou que Orense sexa Ourense.
Persoalmente creo que esta práctica tomada polo goberno, e que vulnera a legalidade, non é en absoluto a máis acertada. Todos os galegos debemos de facer o posible para que non se perdan os nosos topónimos, xa que visto o que hai, o goberno non axuda nada. De seguir así, que non vos pareza raro que dentro de non moito tempo en vez de vivir na Ría da Arousa acabemos vivindo na Ría de la Arosa.

Carlos Lorenzo. 2º BAC B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-01-2010 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Máis de mil alumnos de León e Zamora cursan materias en galego


Dende o 2001, tras un acordo entre a Xunta e a Junta de Castilla y León , o galego pasou a ser unha materia de ensino e unha lingua vehicular na docencia no Bierzo e en Sanabria.

Ata o día de hoxe, son 1096 os alumnos e alumnas que neses lugares estudan a nosa lingua e este ano, cen deles poderán completar a súa formación lingüística cunha estadía en Galicia, grazas á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Asombran as diferenzas do uso do galego, namentres que nos centros de infantil e primaria cursan materias no idioma galego 884 nenos e nenas, en secundaria só o fan 147. En primaria impártese como opción, unha hora e media en galego nas materias de Coñecemento do Medio e Ed. Plástica, e en Secundaria, a materia de Ciencias Sociais.

Cabe destacar que o pasado día 20, o presidente Núñez Feijóo e o seu homólogo Juan Vicente Herrera firmaron un protocolo xeral de colaboración, que inclúe, entre outras cousas, accións cooperativas na educación como a xa citada anteriormente.

Verónica Lorenzo Rial 2º bach B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-01-2010 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
“Queremos Galego” critica o trato da TVG á folga


A plataforma “Queremos Galego” denuncia a manipulación por parte do PP á TVG a favor dos seus intereses, neste polo tratamento que lle dan ás opinións creadas en torno ao decreto do galego así como do seguemento da folga do 21 de xaneiro.

O colectivo lamenta que se intente convencer de que acabar co idioma galego sexa o correcto, a través de informacións incompletas e sen a contraposición de opinións, e acusa a TVG de recoller a súa información onde o seguimento da folga foi menor, e sobre todo, de pedir a opinión só ás persoas que están a favor de dito decreto como puidemos apreciar nas noticias desta canle.

Verónica Lorenzo Rial 2ºbach. B
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-01-2010 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
A PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO ACUSA AO PP DE MANIPULAR A TVG

Trala folga do pasado 21 de xaneiro contra o borrador do decreto da Xunta, a plataforma facilitou onte un comunicado. Queremos Galego denuncia que o PPdeG pretende convencer das bondades dun decreto "exterminador do galego", a través de "informacións cercenadas e sen contraste de opinións". Ademais, a plataforma acusou a cadea pública, TVG, de basear a súa información "nos escasos centros onde o seguimento da folga foi menor", ao que engadiu que se recolleu a opinión de profesores que non secundaron o paro, así como de pais falando a favor do decreto para "minimizar o impacto da folga".

Por este motivo, a plataforma denuncia o uso partidista e manipulador que a Xunta fai dos informativos. Segundo o colectivo, á canle pública, "ante a imposibilidade de agochar debaixo dunha alfombra os milleiros de galegos que participaron na masiva manifestación do pasado 21 de xaneiro, non lle quedou outra que darlle cobertura". Dita cobertura é cualificada polo colectivo de "manipulación informativa" e continúa coa "emisión de noticias sobre os beneficios de impartir en inglés determinadas materias".

"As reportaxes sobre o inglés que emite a TVG parecen propias do NODO e exclúen a voz dos pedagogos, porque rexeitan este decretazo", subliñou o colectivo. A plataforma resaltou a manía do PP de querer ocultar co inglés a súa agresión contra o galego, xa que o problema non está en aprender inglés ou outras linguas, senón en que este decretazo non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.
A plataforma Queremos Galego quere lanzarlles unha mensaxe ao PP e á dirección dos servizos informativos da TVG: "Por máis que manipulen as noticias, non van enganar as miles de persoas que o pasado día 21 colapsaban a capital de Galiza, nin a outros miles que non puideron estar porque tiñan que traballar, de que este esperpéntico borrador de decreto non é bo "nin para a nosa lingua, nin para a nosa cultura, nin para o noso país. Nin sequera para aprender outros idiomas". Ademais, desde Queremos Galego aseguran que "canta maior sexa a manipulación, maior será a indignación de todas aquelas e aqueles que non nos avergoñamos nin da nosa lingua, nin da nosa cultura, nin do noso país".

Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bach C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-01-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
A CORDIALIDADE NO DEBATE DO IDIOMA

Ao parecer a Núñez Feijoo comézaselle a complicar os labores de goberno deste país. Hai catro exemplos claros. Un Xacobeo nacido no medio da polémica que non remata de funcionar; o proceso de fusión das caixas que non gusta; a sucesión de José Luis Baltar en Ourense que ameaza a paz no seu partido e, sobre todo, o conflito sobre o futuro da lingua galega.
Esa cordialidade lingüística entre os cidadáns, á que tanto alude o presidente, pode estoupar cunha oposición nas rúas cada vez máis activa e organizada.
O informe da Academia Galega contra o borrador de Educación é matador e anima aos convocantes da folga deste xoves.
Dende o Goberno tentan facer ver certo o argumento de Feijóo que di que o 1-M a maior parte dos cidadáns votou polo cambio do decreto. Pero isto non é verdade, pois unha boa dos galegos defendemos ante todo a nosa lingua. A obrigación do presidente é recuperar a cordialidade, que polo de agora, parece perdida.
E vós que pensades? Estades de acordo? Non reservedes a vosa opinión e compartídea connosco!!


Laura Rodríguez Rodríguez 2ºBach C
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-01-2010 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
O inglés é importante, mais non oficial

Acabamos de comezar un novo trimestre no I.E.S Félix Muriel e dende o equipo de normalición xa volvemos á carga. Pero esta semana facémolo dun xeito máis forte e esperamos que o esforzo sexa correspondido polos nosos lectores.

O Xoves 21, celebrouse unha manifestación en Santiago en contra do borrador do novo decreto do galego.Como supoño que estaredes informados mínimamente de que vai todo isto, céntrome nun artigo publicado en varios xornais galegos. Este artigo fala da desaprobación que sente o ministro de Xustiza Francisco Caamaño (sentimento que compartimos a maioría dos galegos) sobre o tema. Céntrase en que o inglés ( apesares de ser unha lingua moi importante nos tempos que corren) non ten o rango de oficial, e por iso mesmo non pode ser tratada como tal. A idea de dar un 33% das materias en cada unha das tres linguas non agrada ó ministro nin ó pobo.

-Que toca agora?

-Pois creo que física...

-OK. Have you done your homeworks?

-Oh now, I have been studying chemistry.

-Yo no entiendo muy bien el tema.Necesito ir a clases particulares.

-Con un poco de esfuerzo no te será necesario.

A idea resulta extravagante. O propio Caamaño di que se non hai conflito no decreto actual, para que crealo? Piden ó actual presidente que se sente a negociar partindo de cero, e non a través dun elemento de confrontación como resulta este borrador do decreto.



J.Daniels 2ºA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-01-2010 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
OS PAIS DECIDIRÁN EN QUE IDIOMA SE EDUCARÁN OS SEUS FILLOS

O Goberno galego quere que os pais decidan por votación a lingua que se vai empregar nas aulas dos seus fillos na escola pública en Infantil. Ademais, a Xunta tentará garantir a introdución educativa ao idioma menos apoiado.
Segundo fontes gobernamentais, esta será unha das principais novidades introducidas polo borrador do decreto que regulará a aprendizaxe das linguas en Galiza. Deste xeito, a Xunta pretende que os pais voten en cada aula de Educación Infantil cal é o idioma preferente, entre o galego e o castelán, para aprender a ler e escribir.
Até agora, de acordo co decreto vixente nesta etapa do ensino até os seis anos, as escolas públicas debían impartir as clases na lingua materna predominante entre o alumnado. O claustro de cada centro era o encargado de decidir a partir dos datos achegados por pais e sociolingüistas. Do mesmo xeito, a normativa reforzaba a presenza do galego, sobre todo nas cidades, onde os estudos constatan un retroceso da lingua propia.

Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bach C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-01-2010 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego