ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Sechu Sende, Made in Galiza e o noso IES

Recordámosvos a todos que Sechu Sende estará no noso IES o vindeiro 10 de febreiro para presentarvos o libro que estamos lendo algúns en 2º de Bacharelato, case todos os de 1º e moitos de 4º. Algúns xa o leron o ano pasado no club de lectura... Vamos que nós axudamos a que tivese moitas vendas!
A continuación poñemos un dato interesante:
Made in Galiza de Sechu Sende foi o libro máis vendido da editorial Galaxia durante o ano 2008. A editorial este ano publicou 95 novos títulos que sitúan o seu catálogo vivo en 1.075 referencias. Incrementáronse o número de traducións, que chegaron a 145 entre 2000 e 2007.

Noemí Patiño (2º Bach. C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-01-2009 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
UN DICIONARIO XURÍDICO GALEGO
A Asociación Revista Xurídica Galega (Rexurga) elaborará un dicionario xurídico galego.
O colectivo asinou o luns un convenio coa Secretería Xeral de Política Lingúistica para o financiamento de 110.00 euros nos traballos de elaboración e asesoramento técnico e lingüístico. Os contidos serán supervisados polo Servizo de Terminoloxía Científico-Técnico
O dicionario terá versións en papel e electrónica e contará cun mínimo de 2.000 entradas.
Está previsto que estea rematada no 2010.

Isabel Tembra (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-01-2009 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Méndez Ferrín
O magnifico escritor e político galego , Xosé Luís Méndez Ferrín, terá o vindeiro venres 6 de febreiro a súa homenaxe polos seus incansables anos de traballo a prol de Galiza e do galego, máis polo agasallo da súa magnifica literatura, cara ós lectores en galego.

A homenaxe comezará ás 8 horas coa presentación do libro A semente da nación soñada (editado por Sotelo Blanco en colaboración ca editorial Xerais), no Auditorio do Centro Social Caixa Nova. A cea que será máis tarde, arredor das 10 da noite, terá lugar no Pazo Os Escudos (Vigo) , coincidindo co seu 70 aniversario , que tivo lugar o pasado 7 de setembro do ano pasado.

O libro fai referencia a Ferrín como a semente da identidade actual do pobo Galego(o único creador da identidade galega), e o que fixo posible moitos dos soños doutros políticos que non conseguiron os seus propósitos.

Ángel Rodríguez (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-01-2009 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario do grupo poético de Amor e Desamor
A sede da asociación cultural Alexandre Bóveda acollerá un recital poético para conmemorar o 25 aniversario do grupo Amor e Desamor este ano na Coruña. Os recitais serán os segundos martes de cada mes ás 20.30 horas, agás en xullo e agosto, que non haberá. O recital será nun ámbito íntimo, pois a capacidade do local non é moi ampla.
Este grupo xurdiu en Coruña no 1984 e reunía a poetas que van desde o falecido Lois Pereiro ata Monterroso Devesa, pasando por Xavier Seoane, Manuel Rivas, Lino Braxe, Pilar Pallarés, Miguel Mato e Salinas Portugal.

Miguel Mato, organizador destes encontros dixo que se teñen apoios levaran esta tentativa a outras cidades galegas.

Isabel Otero (2º Bach. B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-01-2009 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO DE DESEÑO DE LIBROS A UNHA EDITORA GALEGA
O Certame de deseño de libros visual entrega o premio de ilustración á EDITORA OQO, polo álbum ilustrado O oso e o corvo.
Este premio recoñeceu este álbum como o mellor deseño das mellores publicacións editadas nos 4 idiomas oficiais do país(español, galego,catalán e éuscaro)
André da loba, ilustrador portugués desta obra baseouse no cubismo, corrente das vangardas, e empregou fondos lisos e claros.

Lucía Rey (2º Bach. B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-01-2009 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Documental sobre Curros Enríquez
Na Real Academia Galega presentouse onte un documental, dirixido por Xosé Henrique Rivadulla Corcón, sobre Curros Enríquez. Poderémolo ver o vindeiro sábado (ás 16 horas) na Televisión Galega. Este traballo de 25 minutos, que remata o ano do centenario de Curros, relata numerosos actos dende a súa vila natal ata A Coruña.

Xosé Luís Axeitos (bibliotecario da RAG) na súa intervención no documental, lembra cando Curros e as xentes da cidade se opuxeron a que a Capitanía Xeral fora trasladada a León.
Rivadulla Corcón (o director) chamoulle «agasallo» a posibilidade de poder facer este documental. Barreiro Fernández (presidente da RAG) lembrou e falou do papel de Curros na fundación da Academia. Todos eles dan conta dos principais aspectos da vida dun dos poetas máis venerados de Galicia.

Isabel Otero (2º Bach. C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-01-2009 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
O éuscaro empeza desde 0
O día 20 de xaneiro deste 2009 aprobouse un decreto que declara que o éuscaro será a principal lingua vehicular no ámbito escolar para os cativos que estén entre os 0 e os 6 anos. A lexislación que apoia o ensino da lingua propia do País Vasco para o alumnado a partir dos 6 anos xa estaba aprobado hai tempo.

Daniel Díaz (2º Bach. C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-01-2009 07:30
# Ligazón permanente a este artigo
Os funcionarios da Xunta deben coñecer o idioma
O xulgado do contencioso-administrativo número tres da Coruña obriga os funcionarios da Xunta a coñecer o noso idioma e no proceso selectivo deberán superar un exame en lingua galega a pesar de que a Asociación Gallega para la Libertad de Idioma (AGLI) non estivese dacordo.

Daniel Díaz (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-01-2009 07:24
# Ligazón permanente a este artigo
A mellor!

Vota a Guadalupe para que este entre as sete mellores festas do país.
Estamos no posto 18 e temos que pornos en marcha para estar entre os primeiros.
Tan só tes que entrar nesta páxina e votar.

http://www.7mejores.es
http://www.7mejores.es
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 22-01-2009 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
625.000 euros para o cine galego
A lei do cine, aprobada no 2007, creou un fondo económico para as comunidade con lingua propia distinta do castelán.
Ó principio falábase de que este fondo tiña un orzamento de once millóns de euros pero finalmente ficará nos dous millóns e medio de euros para repartir entre Galiza, Euskadi e Cataluña, dos cales uns 625.000 euros irán destinados para as nosas producións audiovisuais.
Dito doutro xeito, Galicia tan so recibirá 652.500 euros dos 2.500.000 euros para promoción da industria nas linguas propias.

A cantidade de diñeiro repartido a cada unha destas comunidades vén dado en función do que elas mesmas investiran na promoción e produción dos filmes no seu idioma.

A partida que lle corresponde a Galicia servirá para subvencionar as iniciativas que a Consellaría de Cultura desenvolveu no 2008 en relación á produción, distribución e promoción da industria cinematográfica e audiovisual en lingua galega.

Daniel Díaz e Noemí Patiño (2º Bach C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 21-01-2009 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0