O castelo da lúa


ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens


Os proxectos deste ENDL recibiron Premios de innovación educativa en normalización lingüística nos cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010.

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Presentacion campaña:
O pasado xoves, 24 de xaneiro, tivo lugar no IES Félix Muriel de Rianxo o acto de presentación da campaña “ Vendendo ou mercando, galego imos falando” coa presenza de representantes da direción do centro, da coordinadora do equipo de normalización e dinamización lingüística (ENDL) e dun grupo de empresarios da zona.
Esta campaña foi deseñada polo ENDL do IES Félix Muriel coa intención de promover o uso da lingua galega no sector comercial e empresarial e contouse coa colaboración económica de dous empresarios do concello: Comercial Rubén e Pinturas e decoracións Mario.
A tal fin elaboráronse carteis e adesivos co lema da campaña que xa están expostos nos locais do concello.
No acto de presentación ofrecéuselles ademais a colaboración dos membros do equipo para asesorar lingüísticamente ou traducir os documentos de uso común destas entidades coa intención de trasladar tamén ao uso escrito a normalización da nosa lingua.
Ao final do acto a dirección do centro ofreceu un viño aos asistentes.
e ti que opinas? (2) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 31-01-2008 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
En funcionamento...
Este 2008 agárdanos... traballo...
Temos en marcha varias iniciativas e actividades, entre elas a elaboración de cds de música en galego, o intercambio cultural co IES Porta da Auga de Ribadeo, unha exposición a cerca de Castelao, recolección de patrimonio oral, e como non a nosa revista Anacos...

Así que se alguén desexa achegar algo, aínda está a tempo.

Ademais de todo isto están tamén en marcha as actividades adicadas ó día das Letras Galegas, pois os carteis e a vida de Álvarez Blázquez vanse expoñer nos corredores do noso IES.

Un saudiño dende o departamento, e ata outra!
e ti que opinas? (1) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 14-01-2008 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Cámara dos sentimentos
Escuro alcume,
terror que me acolle.
Bágoas que alumean a
escura noite.
Poemas e versos,
persoas e soños.
Cadros mal postos
no amor que se achega.
Alumeando e alumeando,
abre o día o gran capitán.
Beizos, agarimos,
meixelas e pálpebras.
Expresan sentimentos
agochados nunha cámara.


Mª Goretty Fungueiriño Ordóñez
e ti que opinas? (8) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 10-01-2008 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Agochado
Voz doce,
Ollos verdes.
Home perfecto
onde estás?
Agochabas miradas,
soños e palabras.
Pensabas que nada
podías acadar.
Soños dourados,
marcas escuras,
palabras gardadas.
Quero atoparte,
bicar eses beizos.
Encontrei o meu príncipe,
o meu príncipe azul.
Agochado nunha clase,
na clase da agonía.
Mª Goretty Fungueiriño Ordóñez
e ti que opinas? (7) - Categoría: Curso 2007/08 - Publicado o 10-01-2008 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego