No mundo do ensino recolleranse noticias sobre o ámbito educativo, preferentemente darase conta de tódalas novas que teñan que ver cos centros de ensino da comarca,e tamén de máis centros de Galicia.
Decimidos crear unha sección destinada a recollida de textos do alumnado criticando aspectos do seu contorno máis próximo, cos que non estaban de acordo.
Nesta sección o que queremos fomentar é a participación das familias para que nos envíen receitas da zona e que, preferentemente, teña como ingredientes os produtos típicos de Rianxo.
Creamos esta sección como homenaxe ás Cousas de Castelao, obra que moitos veciños do grande autor non coñecen, organizamos este espazo coa intención de que o alumnado recollese nas casas fotos antigas ou ben fose sacarlle fotos a parte do seu patrimonio (hórreos, cruceiros, fontes, petos das ánimas...) e a partir das imaxes elaborasen un breve texto sobre eles.
Colaborarán o departamento de xeografía e historia.
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.