ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
O catedrático de filosofía Agustín fernández Paz co seu libro O único que queda é o amor foi o gañador deste prestixioso galardón concedido polo Ministerio de Cultura.

Dotado con 20.000 € este premio certifica ó seu libro como o mellor libro de literatura infantil e xuvenil publicado ó longo do 2007 en calquera das linguas oficiais en España.

O xurado estaba formado por Rogelio Blanco, Mónica Fernández, Margarita Salas, Manuel González, Xavier Etxaniz, Emili Teixidor, Cristina Minguillón, Remedios Morales, Marta Rivera, Rosario González, María Penéndez, e os dous ultimos autores galardoados, Fernando Marías e Jordi Sierra i Fabra.

Estes premios son os que aportan prestixio á nosa lingua e o recoñecemento que se merece. Desde aquí anímovos a ler esta e máis obras deste autor e doutros da literatura galega, que non teñen perda ningunha, como se pode ver.

Outras obras do autor que me gustaron: Cartas de inverno, Corredores de sombras

Daniel Díaz (2º Bach. C)
Máis información sobre o autor
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13295
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-10-2008 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Contra a campaña
Olleando pola blogoteca atopei un artigo do Galicia Hoxe que fala da campaña que esta levando a cabo a Universidade de Vigo "O teu nome coma ti... Chámate con xeito"
No que o partido de Rosa Díez, UPyD (Unión, Progreso y Democracía) considera que a dita campaña persegue a todos aqueles que non empregan o galego ou non galeguizan o seu nome e apelidos. Aquí queda o enlace á nova. E máis abaixo o artigo da campaña.

Por: Raquel Cespón (2º Bach. A)
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=356712
e ti que opinas? (7) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 24-10-2008 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Folga estudantil contra o plan Boloña!
O pasado mércores 22 de outubro tivo lugar nas cinco maiores cidades de Galiza, así como na maioría das cidades de España unha manifestación estudantil contra a privatización da educación. O plan Boloña ten cinco puntos principais que nos afectan a todos os estudantes.

1. Desaparecen as licenciaturas e diplomaturas, agora todas as carreiras pasan as ser "graos" de catro anos.
2. Para obter estudos superiores (equivalencia a unha licenciatura) hai que cursar dous anos máis, os chamados "máster" e os seus prezos están en torno ós 3000€.
3. DESAPARECERÁN AS BECAS ACTUAIS, para converterse en "bolsas-créditos" é dicir, os cartos que nos dean, terémolos que ir devolvendo nós cando consigamos un traballo.
4. AS PRÁCTICAS EN EMPRESAS NON SERÁN REMUNERADAS, é dicir, o período no que esteamos realizando prácticas en empresas non veremos nin un céntimo.
5. Dos catro anos de duración do Grao, tan só ano e medio será de formación específica relacionada coa titulación na que esteamos matriculados, o resto será formación común no resto de carreiras, é dicir, a preparación que obteñamos nunha carreira de catro anos será mínima.
6. Aumentará o nivel de selectivo á vez que diminuirá o de bacharelato, co cal se dificulta o acceso á universidade.

Evidentemente, este plan non só nos afecta a nós os estudantes, senón que afecta a nosos pais que a maioría costearán os nosos estudos, e a todo aquel que queira loitar por un futuro digno; tanto os nosos irmáns, veciños, primos, amigos, etc...


Recórdovos que a próxima folga é o 13 de novembro.



Por un estudo digno e público.

http://www.noabolonia.es
e ti que opinas? (4) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 24-10-2008 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos máis instalacións!
Os mozos/as do noso concello precisan de novas instalacións para o seu lecer.
Os días nos que vai mal tempo os rapaces deberían ter algún lugar onde pasar as tardes. Cando chega o verán e con el os turistas, hai grandes movilizacións en Rianxo (arranxos nas instalacións, propóñense actividades…) debido a que o alcalde quere dar unha boa impresión, e logo, cando chega o inverno descansa e non propón actividades nin temos onde permanecer un sábado á tarde cando hai mal tempo.


Por esa razón cremos que en vez de gastar tantos cartos nas plantas e xardíns deberían gastalos en lugares de ocio para os seus habitantes, xa que son os que viven aquí durante todo o ano e non só durante as vacacións.

Uxía, Lara e Cris
e ti que opinas? (3) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 24-10-2008 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Porque non se pinta o instituto ?
Cremos que nas súas orixes o instituto estaba pintado nunha color parecida ao café con leite clariño. Pero na actualidade xa non se sabe ben cal é a color e o peor é que nalgúns sitios está sen pintar e noutros cáelle a pintura.
Nós cremos que se debe pintar o instituto para sexa máis alegre e os rapaces non sintan como como se estiveran nun cárcere. Deberíase pintar con cores vivas como o azul, verde,...para que inspirasen aos alumnos/as e ao profesorado.


Uxía (3ºE)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 24-10-2008 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Normalización lingüística na Terra de Melide
O que se está a facer na comarca Terra de Melide é para tomar nota!
Desde xaneiro de 2008 os servizos de normalización dos concellos de Melide, Santiso e Toques traballan conxuntamente cos ENDL dos seus centros de ensino para mellorar a situación da nosa lingua nestes territorios.
Segundo explica Mercedes Queixas, coordinadora desta experiencia, tentan que o traballo que se desenvolve nos centros de ensino sexa coñecido pola sociedade, e ó mesmo tempo que o alumnado aprecie os esforzos.
Entre os traballos xa en construción está o desenvolvemento dun estudo sobre o estado da nosa lingua na zona, e para o futuro agardan desenvolver unha web que achegue información sobre o proxecto.

Isabel Otero (2º Bach. B)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 24-10-2008 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestarse na Coruña que bonito é!

Hai que ver o que pasa na Coruña!
Unha marcha alternativa ridiculiza a manifestación "bilingüe" da Coruña

A "Mesa contra el Libertinaje Lingüístico" convocou unha manifestación o pasado domingo 18 de outubro, día no que os xa máis coñecidos membros de "Galicia Bilingüe" protestaban a favor da "liberdade" e do "bilingüismo" e en contra da política lingüística que se está levando a cabo.

Os membros do primeiro movemento "reivindicaban" que en Galicia só se falase castelán, o que fixo que nun primeiro momento fosen aplaudidos polos participantes da outra concentración. Cando descubriron a ironía, viviuse un momento de tensión que rematou coa chegada de varios policías, pero non pasou a máis.

Daniel Díaz (2º Bach.C)

Fonte:
e ti que opinas? (3) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-10-2008 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontros de política lingüística
Algúns dos ámbitos que se debaten hoxe no marco dos II Encontros de política lingüística desde as administracións locais da Coruña son os perfís profesionais dos técnicos de normalización nas cidades. Este foro de reflexións reúne a uns 75 representantes de diferentes entidades locais neste campo.
Lucía Rey (2º Bach B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-10-2008 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
O galego e o cinema
A pantalla grande parece non levarse ben co galego, pois todos somos conscientes do escaso número de películas que se estrean en galego na nosa comunidade.
O Parlamento establece que se deben dobrar polo menos dez películas de éxito ó galego nun ano, algunhas delas que saíron este ano son, A Crise Carnívora ou Pradolongo. Mais o número segue quedando escaso fronte a Cataluña ou o País Vasco, onde se estrean sobre unhas vinte películas para as que se esgotan as entradas.
Moitas das películas de Doraemon e Shin Chan foron xa financiadas e traducidas ó galego, cun investimento de 102.000€ a cargo do departamento de Política Lingüística.

Raquel (2º Bach. A)
http://www.galiciae.com/nova/18914.html
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 21-10-2008 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de "De Profundis" de Miguelanxo Prado

Hoxe (21.10.08),as oito da tarde na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela, Miguelanxo Prado presentará o seu libro De Profundis publicado en galego pola editora El Patito.É a última publicación de Prado e inclue as ilustracións ao óleo que fixo para a aclamada película, xunto cos textos que van trazando unha historia de amor.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 21-10-2008 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego