ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

A maioría dos centros educativo de Vigo non cumpren a lexislación
Un estudo realizado en Vigo fainos saber que soamente o 25% dos centros educativos da cidade cumpren o decreto do galego, norma que obriga ós colexios e institutos a impartir polo menos a metade das materias en galego.
O servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo realizou un primeiro estudo aproximativo entre marzo e xullo deste ano e resultou que tres de cada catro centros vigueses non cumpren a lei aprobada no Parlamento Galego. Moitos docentes afirman que non saben de que trata esta lei, outros moitos pensan que se suprimiu. Tamén teñen que impartir clases orais pero aseguran que non se senten seguros falando en galego.
O servizo de Normalización ofrece charlas sobre isto ós pais de Ourense e Pontevedra, e tamén se atoparon coa sorpresa de que moitos deles tampouco sabían nada do asunto, por iso o departamento di que fai falla moita información.
Cando se aprobou o decreto, Educación comprometeuse a facer un informe para avaliar o seguimento deste, pero aínda non hai datos oficiais. De feito, unha portavoz oficial asegurou que aínda estaban traballando neste proceso.

Isabel Otero (2º Bach. B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 07-11-2008 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Rivas segue colleitando éxitos en Francia
O autor de O lapis do carpinteiro e A lingua das bolboretas consegue un enorme éxito en Francia coa edición en francés de Os libros arden mal, publicado na prestixiosa editorial Gallimard .

Este libro persentouse onte na libraría Ombres Blanches de Toulouse, onde Manuel falou da súa obra .

Grazas ó encontro realizado pola libraría en colaboración co Instituto Cervantes, Casa de Galicia de Toulouse e o profesor Jean Croizat-Viallet, os asistentes puidéronse achegar un pouco máis á literatura de Manuel Rivas .

L'eclat dans l'abîme é unha das 15 obras en lingua estranxeira seleccionas para Premio Médicis no seu 50º aniversario.

Xosé Luís Méndez Ferrín no seu artigo deste Luns publicado en Faro de Vigo di que Galícia lle debe unha homenaxe de masas e que o Club financiero de Vigo, para quen o galego é "perxudicial" para os negocios, debería reparar en que ningún libro escrito en castelán fora escolleito para o Medicis.

Daniel Díaz (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 06-11-2008 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
O Consello da Cultura Galega investigará sobre a situación da lingua galega no ano que vén
O Presidente do Consello da Cultura Galega (CCG),Ramón Villares compareceu no Parlamento de Galicia para facer balance das actividades do Consello da Cultura Galega no 2008.Tamén detallou os novos proxectos da institución para o próximo ano 2009 entre os que estarán investigar sobre o noso patrimonio e a situación do galego.

O CCG afrontará o 2009 cunha redución orzamentaria superior ao 3 por cento, pero aínda así espera cumprir os seus obxectivos.

Noemí Patiño (2º Bach C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 05-11-2008 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Cachelada de xoubas en escabeche
Ingredientes (4 persoas)
- 12 xoubas
- 300g de patacas
- 2 dentes de allo
- pirixel
- pementón
- fariña de trigo
- aceite de oliva
- vinagre
- sal

Preparación :
Límpanse as xoubas e quítanselle as cabezas.
Unha vez limpas bótanse en fariña e frítense na tixola con aceite de oliva. Resérvase nun prato un papel absorbente para eliminar o exceso de aceite. Lávanse as patacas coa pel e córtanse en toros, cocéndose nunha ola con auga e sal. Cando estean listas retíranse e escórrense e colócanse nunha bandexa. Enriba póñense as xoubas e cóbrense cun pouco de pementón. No mesmo aceite de fritir as xoubas sofrítense os allos en láminas xunto co loureiro, un pouco de pirixel picado e unhas gotas de vinagre.
Póñense uns poucos minutos ao lume e logo vértese este sofrito por riba das xoubas e finalmente sérvese a cachelada ben quente.


Patricia Díaz Castro 3ºA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 04-11-2008 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo xogo en rede: o scrabble
Acaba de saír un novo xogo na rede que pode servir para aprender galego e dinamizar ó mesmo tempo a nosa lingua dentro do ámbito lúdico.

Transcribimos a mensaxe que a coordinadora territorial de ENDL, Mercedes Queixas, nos enviou para presentarnos o xogo:

(...) xa está colgado na web da AS-PG un novo xogo en rede de tipo scrabble que parte do xogo de mesa clásico consistente en crear palabras entrelazadas.

O xogo consiste en formar palabras de dúas ou máis letras e colocalas no taboleiro cuadriculado (15x15), horizontal ou verticalmente, de xeito que poidan ser lidas de esquerda a dereita ou de arriba a abaixo. Despois da xogada inicial, cada palabra débese ligar con algunha das que xa están no taboleiro. Para o xogo contamos con dous dicionarios, un básico de case 4000 palabras e un amplido que consta de 11 millóns de formas.
Pódense disputar partidas de varios xogadores (de 2 a 4) ou dun xogador contra o computador que fará de segundo xogador da partida.


Animádevos!
http://www.as-pg.com/scrabble.gz/
e ti que opinas? (3) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 04-11-2008 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Morre Anxo Rei Ballesteros, escritor que publicou a primeira novela en galego da democracia.
Anxo Rei Ballesteros (Boqueixón 1952) morre tras unha longa enfermidade.

Coas obras: Dos Anxos e dos mortos iniciou en 1977 a prosa en galego da democracia, ademais de marcar un estilo próximo e directo influínte noutros escritores coetáneos.

Rei Ballesteros tratou numerosos xéneros como A sombra dos teus soños (1998), A outra memoria (1989) ou Tempo e Vinganza (2003).

Foi gañador xunto con Carlos Fernández do vixésimo primeiro Premio Ánxel Fole polo traballo de investigación Urda e Mundo.

Isabel Tembra (2º Bach. C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-11-2008 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
José Luiz Oubiña faise co premio Foto do Ano.

Unha imaxe tomada na Rapa das bestas de San Cibrán, en Catoira, valeulle a José Luiz Oubiña, redactor gráfico do Faro de Vigo o premio Foto do Ano que outorga o Club de Prensa de Ferrol. A imaxe fai parte da exposición Galicia en foco que organiza esta mesma entidade e que se pode ver desde onte e ata o vindeiro dez de novembro no Centro Cultural Torrente Ballester da Cidade Departamental. A seguir, a exposición fará parte do Outono Fotográfico de Ourense e continuará a súa itinerancia por diferentes localidades galegas.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-11-2008 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Cineuropa crea a sección Panorama Galiza na que exhibirá filmes Galegos.
O Festival de Cine de Santiago de Compostela bota a andar o vindeiro luns coa proxección da producción galega A noite que deixou de chover, que contará coa presenza de Luís Tosar. Un feito que indica unha das principais novidades de Cineuropa para este ano, a creación da sección Panorama Galiza para dar cabida ás producións feitas no país(Galiza). Flores Tristes (Manuel Abad, 2008) Manuel e Elisa , (Manuel Fernández Valdés, 2007), o documental Eloxio da distancia (Felipe Vega, 2008) e a longametraxe Cartas Italianas (Mario Iglesias, 2007) son os títulos que compoñen esta nova sección.

Ademais, Cineuropa incorpora nesta edición unha novidade, que é convidar os de varios filmes para que conversen co público despois do visionado das películas. Alén das figuras premiadas cos Premios Cineuropa estarán os portugueses Tiago Guedes e Federico Serra (autores de Entre os dedos), con Helena Taberna (La buena nueva), Juan Vicente Córdoba (autor do traballo sobre o Pozo do Tío Raimundo Flores de luna), Rogelio G. Abraldes (Buzos haciendo Surf, Un documental sobre Surfing Bichos), Oriol Porta (Hollywood contra Franco) ou o chileno José Luis Torres Leiva (El cielo, la tierra, la lluvia).

Ángel Rodríguez (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-11-2008 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xerais vai publicar dous libros de Steiner
A editorial Xerais publicará, despois das polémicas declaracións deste escritor menosprezando o galego, dous libros deste persoaxe no noso idioma.

Os libros son After Babel: Aspect of Language and Translation, de 1976, e mais George Steiner at the New Yorker, unha obra que aínda sairá en inglés para xaneiro.

No blog brétemas, Manuel Bragado, o director da editorial, explica que con estas publicacións quere contribuír a aprofundar no debate "sobre a posición da cultura galega no mundo".

Daniel Díaz (2º BAch.C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-11-2008 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Open Office en galego
O paquete ofimático de software libre máis importante da actualidade xa se pode descargar en galego.

Isto foi grazas á comunidade de voluntarios da páxina web mancomun.org que se tomou a molestia de traducilo.

Todo un adianto máis para a nosa lingua que segue atravesando barreiras, nesta caso a informática.

Daniel Díaz (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-10-2008 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego