ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

COUSAS QUE PASAN NOUTROS CENTROS



Arte no instituto.
Esta semana imos falar do IES Adormideras, de A Coruña, onde os alumnos e alumnas que cursan o Bacherelato Artístico, tanto de 1º como de 2º prestaron a súa axuda e colaboración durante este trimestre dándolle un cambio de imaxe ao seu centro de ensino e levando a cabo a tarefa de trasladar cadros de autores vangardistas como Matisse, Picasso, Miró..., interpretados polos alumnos mesmos ás portas do centro.
Unha das participantes no proxecto, Yaiza Lancina Rodríguez de 1º bacherelato,conta nun artigo redactado por ela mesma os pasos que seguiron e o resultado:
"Primeiro fixemos bosquexos dos cadros para despois elixir os motivos que, sempre asesorados polo profesorado, serían representados nas portas. Unha vez escollido o cadro, o paso seguinte foi poñer mans á obra cos pinceis, brocha, pintura... Sacamos as portas para pintar os marcos e debuxar con proxector sobre as mesmas os cadros elixidos, só quedaba o máis difícil... darlle cor.
"Moitas 'chapuzas' foron as que fixeron, xa que levar un control en equipo non é doado e menos cando son tantas persoas, pero co esforzo dos máis motivados, que moitas veces prestaron a súa axuda nas horas de recreo, o resultado final foi, ó meu parecer, excepcional, de feito causaron a excepción dos demais alumnos e dos profes xa que non pasan desapercibidas.
"Hai que recoñecer que dan un toque de alegría ó instituto. Cando chegas cedo polas mañás e ves as portas mesmo parece que che inspiran para traballar.
"Non foi un traballo doado polo que non está demais loar a estes compañeiros e profesores que se molestaron en traballar para darlle vida ó lugar onde pasamos moitas horas do día convivindo uns con outros.
"MURAL: Xa está rematado o mural do instituto. Podédelo contemplar na zona do patio. Foi realizado por Christian Diamante, ex-alumno do Centro e actualmente estudante de Belas Artes na Universidad de Pontevedra. Como se pode observar, é un mural reamente integrado no contexto, con tódolos elemntos significativos do barrio e do centro de estudos. Destaca a luminosidade das diferentes cores amarelas e as distintas tonalidades de azul. [...].
"QUERES SABER ONDE ESTÁS?: Pictogramas descritivos dos espacios e dependencias da planta baixa do centro así como rotulación das mesmas. O profesor do departamento de Artes Plásticas Juan López de Heredia coordina este traballo co alumnado de deseño de 2º de Bacherelato Artístico. O traballo trata de identificar con elementos iconográficos e textos as zonas do instituto para identificalas coa linguaxe gráfica".
Tamén contamos con comentarios doutra compañeira do IES Adormideras, Sonia Prego Rodríguez de 2º de Bacherelato:
"A DECORACIÓN DAS PORTAS: A idea de decorar as portas do Instituto fixo que moitos alumnos se puxesen mans á obra para propoñer ideas. Os profesores Laura, Indalecio, Mª Luísa e Ana Pita foron os encargados de escollelos e guiar os grupos de traballo correspondentes a cada porta. No noso caso propuxen facer unha interpretación do cadro de De Chirico "Héctor e Andrómeda". Cando a miña idea foi elixida comezamos co traballo de lixar e logo pasamos a pintar o marco e o máis importante, a porta. Nela traballamos Iciar Barcia, Alba García, Fran García e eu.
"O resultado final gustóunos moito, foron moitas horas de traballo pero o remate foi moi gratificante. Agora sentímonos satisfeitos de poder contribuír á decoración do Centro. Importante é darlle as grazas a Mª Luísa que nos dirixiu e axudou a que o resultado fose o que todos podedes ver".
Dende logo, esta iniciativa mellorou a estética do Centro, quedou moito máis bonito e, por que non?, inspira aos alumnos a traballar e facer as clases un pouco máis relaxantes.
Aínda que no noso Centro non temos Bacherelato de Artes, contamos con moitos alumnos ós que non se lle dá mal pintar e podiamos convertir o noso frío e gris instituto nun edifico cheo de murais con mensaxes de cores refrescantes e vivas. Que vos parece se facemos todo o posible para conseguilo?

Esther Domínguez Alcalde
1º BACH C
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 19-11-2008 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPIONATO DE BALONMÁN
Proximamente comezarán os campionatos deportivos habituais no noso centro, pero este ano co novo curso hai tamén novo deporte... por fin podemos participar en Balonmán. Un bo deporte divertido e moi interesante.


Están convidados a participar todos aqueles rapaces e rapazas do IES, tanto da ESO como de BACHARELATO (todos/as).


-Como debemos facer para participar?

Pois é moi doado, todos aqueles interesados en participar non teñen máis que facer un equipo de 5 compoñentes e este equipo entregarlle nunha folla a Juanjo (profesor de Ed.Física ) ou na clase de 1º BACH-C onde se inclúann todos os vosos datos (nome, apelido, curso e nome do equipo).


Animámosvos a todos a participar, para que este xogo poida ter vida no noso IES como ocorre en tantos outros centros, así que interesados e indecisos non o pensedes máis e apuntádevos, será unha elección da que non vos arrepentiredes. Unha boa maneira de gozar do deporte (relacionándose cos compañeiros e …), e tamén de desconectar das clases.


Os partidos realizaranse como todos os anos nos recreos.


Finalmente todos aqueles participantes recibirán unha recompensa…


NON O DUBIDES MÁIS E PARTICIPA!!


Grazas a todos por facer o campionato posible!
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 19-11-2008 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
O equipo "O apóstolo" descubre a aldea maldita de Rianxo e decide situar nela o guión da película.
O director Fernando Cortizo chegou esta semana á comarca do Barbanza disposto a rodar parte da película "O apóstolo", que será estreada no 2010.

Este veu acompañado de actores de primeira fila como son Jorge Sanz e Geraldine Chaplin. Antes de comezar a rodar escenas en Bealo e Abanqueiro, o director xa dixera que a película se gravaría nunha aldea abandonada de Lugo. Pero a situación cambiou trala publicación nos medios da lenda da "aldea maldita de Leiro" (Abuín). Co cal os plans cambiaron e foi cando tomou a decisión de cambiar Lugo por Rianxo.

Co cal esta pasada fin de semana do 15 de novembro as cámaras gravaron imaxes nos restos da "aldea maldita" aínda que os actores non se desprazaron ata o lugar, ó contrario que en Bealo e Abanqueiro.

En fin no filme, aparecerán diálogos nos que se falará do lugar e da súa impresionante lenda.


Patricia Túñez Gómez 1ºBACH C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 19-11-2008 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Móbiles en galego
A todos aqueles que se queixan de que o seu móbil non dispoñía da opción do galego no idioma interesaralles esta noticia: os móbiles estarán dispoñibles en galego antes de que remate o ano.
Segundo apuntou a Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López, esta novidade, que se enmarca na campaña 'O teu móbil en galego', pretende achega-lo galego á poboación mediante as novas tecnoloxías para fomenta-la relación cos clientes galegos.
Un total de cinco compañías operadoras de telefonía móbil en España: Orange, R, Telefónica, Vodafone e Yoigo; e outras cinco empresas fabricantes de terminais: Alcatel, Motorola, Nokia, Smsung e Sony-Ericcson, ofrecerán os seus servizos e productos en galego.
Con este acordo, os operadores comprometéronse a prestar as mesmas vantaxes pero en galego, mentres que as empresas acordaron fabricar terminais con opción de menú e manual neste idioma.
As empresas operadoras requirirán nos pedidos aos seus fabricantes o galego como unha opción do idioma dentro do menú do móbil, levarán a cabo campañas nesta lingua e ofrecerán aos seus clientes a posibilidade de renovar ou substituí-los terminais sen opción do galego por móbiles que si a teñan.
Así mesmo, Política Lingüística, que dentro de este convenio aporta soporte técnico en cuestións lingüísticas e terminolóxicas, puxo en marcha a web www.oteumobilengalego.com, que servirá como soporte para difundi-la campaña.

Esther Domínguez Alcalde (1º Bach. C)
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 17-11-2008 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
SOPA DE AMEIXAS DE NOVA INGLATERRA (New England Clam Chowder)
Ameixas da ría de Arousa
Dificultade : media
Apropiada para cociña tradicional (lareira, cociña de ferro…)
Antigüidade: arredor de 200 anos.
Típica doutra zona

INGREDIENTES:
• 1 vaso de touciño picado .
• Unha cebola grande picada.
• ¼ de vaso de farña.
• 3 vasos de leite.
• 4 vasos de caldo da cocción das ameixas.
• 4 ou 5 vasos de patacas picadas.
• 1 folla de loureiro.
• 2 culleriñas de tomiño.
• 3 vasos con ameixas cocidas e picadas.
• 2 vasos de nata de cociña.
• Sal e pementa.
ELABORACIÓN:
1. Cociña o touciño nunha tarteira ata que desprenda toda a graxa. Apartar.
2. Engade a cebola picada á graxa e fritea ata que abrande. Císcalle a fariña e remexe 2 minutos. Engádelle o leite e o caldo das ameixas. Bater todo xunto.
3. Bota as patacas, a folla de loureiro e o tomiño, deixao cocer sen tapar a tarteira durante 10 minutos ata que as patacas estén case cocidas.
4. Engadir as ameixas e a nata. Continuar no lume ata que as patacas queden cocidas.
5. Salpimentar .
6. Retirar do lume e deixar apousentar a tarteira durante 1 hora parcialmente cuberta.
7. Antes de servir sacar o loureiro e volver a quentar.
8. Servir en cuncas cos anaquiños de touciño cocido.

Alejandra Picón Romero 1ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 17-11-2008 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Vaise apoiar a tradución literaria desde a Consellería de cultura
A iniciativa tradu100 ten previsto en un prazo de 3 anos traduzir cen clásicos da literatura universal para o galego e cen obras galegas para outras linguas .

O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, apuntou que a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo elaborará un catálogo no que se poida consultar un histórico con todas as traducións feitas desde e para o galego .

Estanse barallando tamén as posibilidades de exportar as nosas letras á lusofonía

Daniel Díaz (2º Bach.C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 17-11-2008 01:57
# Ligazón permanente a este artigo
SARDIÑAS AO ROMEU

INGREDIENTES

•700g de sardiñas.
• aceite de oliva.
• romeu picado.
• pementa.
• sal.

PREPARACIÓN


1-Limpar ben as sardiñas, abrilas, escamalas e quitarlles a cabeza

2- Colocar en capas, abertas, nunha tarteira lixeiramente engraxada . Cubrilas co romeu picado, a pementa e o sal.

3- Levalas ó forno, cocer durante 10 minutos á máxima potencia.

4- Deixar repousar 2 minutos e quedarán listas para servir.


Mª Goretti Fungueiriño Ordóñez 3ºC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 14-11-2008 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Para ler: O curioso incidente do can á media noite



O CURIOSO INCIDENTE DO CAN À MEDIA NOITE
Mark Haddon

Rinoceronte Editora S.A., unha editora que se dedica fundamentalmente a traducir á nosa lingua literatura estranxeira, acaba de publicar a tradución dun libro coa lectura do que, persoalmente, gocei moito. Por iso volo recomendo e porque se le rapidamente. Se o meu criterio non te convence podes ler algunha das opinións seguintes a ver se así te animas a mergullarte nas súas páxinas:

Opinan



UNHA IRÓNICA VISIÓN DA REALIDADE DENDE A PERSPECTIVA DO AUTISMO

Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.


Xa nos contarás que che pareceu.

Saúdos
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 13-11-2008 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
O galego e o cinema

A pantalla grande parece non levarse ben co galego, pois todos somos conscientes do escaso número de películas que se estrean en galego na nosa comunidade.
O Parlamento establece que se deben dobrar polo menos dez películas de éxito ó galego nun ano, algunhas delas que saíron este ano son, A Crise Carnívora ou Pradolongo. Mais o número segue quedando escaso fronte a Cataluña ou o País Vasco, onde se estrean sobre unhas vinte películas para as que se esgotan as entradas.
Moitas das películas de Doraemon e Shin Chan foron xa financiadas e traducidas ó galego, cun investimento de 102.000€ a cargo do departamento de Política Lingüística.

Raquel (2º Bach. A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 13-11-2008 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xerais vai publicar dous libros de Steiner

A editorial Xerais publicará, despois das polémicas declaracións deste escritor menosprezando o galego, dous libros deste persoaxe no noso idioma.

Os libros son After Babel: Aspect of Language and Translation, de 1976, e mais George Steiner at the New Yorker, unha obra que aínda sairá en inglés para xaneiro.

No blog brétemas, Manuel Bragado, o director da editorial, explica que con estas publicacións quere contribuír a aprofundar no debate "sobre a posición da cultura galega no mundo".

Daniel Díaz (2º BAch.C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 13-11-2008 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego