ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

campaña de reciclaxe
O día 12 de febreiro de 2015, veu ao instituto un equipo para falarnos sobre como facer a reciclaxe de moitos produtos que poden volver a usarse. Para iso ensináronnos a que contenedor do lixo se leva cada residuo; papel,vidro...
Penso que é bo que todos nos esforcemos en reciclar o que se poida.








Christian,Isma e Javi 1ºESO E C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 24-02-2015 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
WORLDCRAFT
Hoxe traio un xogo semellante ao grandísimo minecraft. Este xogo chámase o worldcraft. Xa está ao alcance de todos na aplicación playstore, en dispositivos android. É totalmente gratuíto.
O que me gusta deste xogo é que é bastatante semellante ao minecraft nos gráficos.
Podería ser máis parecido nos cubos e podería tamén haber máis cambios de clima, deserto, terra...
Con todo, penso que é un bo xogo e recoméndovolo.


Ricardo Mosquera García 1ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 20-02-2015 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
INICIA A CAMPAÑA, FEBREIRIO MES DO AMOR
Un ano máis chega febreiro, tamén chamado o mes do amor.
Este ano temos un novo lema, "BUSCO AMANTE GALEGO FALANTE NAMORAME"

Hai poemas no corredor no edificio central.
Regala un poema a quen queiras.




Ricardo Mosquera García 1ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 11-02-2015 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
II CERTAMEN INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA (ARMÓNICO)
Este certamen terá lugar do 24 ao 26 de xullo de 2015, en Zamora.
Este acontecemento está dirixido a bandas non profesionais, cun máximo de 75 músicos.
O prazo de inscripción ten data límite ata o 29 de maio.
Como temos grandes bandas de música seguro que irán moitas coma a de Rianxo, a de Lousame, Catoira...

Aínda que en xullo non hai instituto, intentarei tervos informados.

Ricardo Mosquera García 1ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 05-02-2015 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición Castelao 2015

Unha das actividades que preparamos sobre Castelao foi unha exposición dos seus álbums de guerra que o alumnado de PCPI colgou literalmente na entrada do edificio principal.Tamén expuxemos parte das imaxes de cousas e exemplares dos seus libroe, tanto obra gráfica coma narrativa ou a súa obra de teatro, Os vellos non deben de namorarse. Ao lado tamén fomos colocando unha fotobiografía preparada polo alumnado do ENDL. E moito fomos aprendendo no proceso sobre o rianxeiro máis universal.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 03-02-2015 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
A Candeloria
Cartaz elaborado polo CEIP Heroínas de Sálvora de AguiñoOnte foi o día da Candeloria, nesta festividade o crego bendice as candeas que a xente ten de manter acesas mentres dure a misa. Estas candeas lévanse, posteriormente, para a casa pois atribúenselles poderes como calmar treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo.
Nalgunhas casas acenden tantas candeas como fillos morreron sen bautismo;en Muros, unha por cada persoa que morreu na casa.

Esta festa ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade. Na antiga Roma celebrábase unha festa do lume na honra da fertilidade. No ano 492, o Papa Xelasio crea a festa da Purificación da Virxe María, que é conmemorada o 2 de febreiro. O nome da Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas, festa que substitúe que substitúe e cristianiza a festa pagá romana e que posiblemente sexa orixe da actual Día da Candeloria.


Hai moitos refrans sobre a Candeloria.Alguns dos máis coñecidos son:

- Os que tratan sobre o tempo

Se a Candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.

Pola Candeloria, inverno fora ;se chove ou venta,inda entra.

Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal.

Se a Candelaria empola, o inverno vai fóra.

- Outros temas:

Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.

Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola.

Que a Candeloria chore ou que deixe de chorar,a metade do inverno está por pasado e a metade está por pasar.
Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.

Galiñola: ave de costumes acuaticas que se cria nos canavais e espedainais de augas doces. Mide sobre uns 38 cm.

Damián (2º ESO B) Fátima Figueira Galbán (2ºESO A)

Nota: A imaxe é do CEIP de Aguiño
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 03-02-2015 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Castelao: homenaxe na vila esta fin de semana
Desde Cultura chéganos o anuncio das actividades que se van facer sobre Castelao esta fin de semana no concello onde nacía Castelao un 29 de xaneiro de 1886.

Venres 30 de xaneiro

20.30 h - Auditorio de Rianxo

PRESENTACIÓN, MESA REDONDA E INTERVENCIÓNS MUSICAIS E PLÁSTICAS

O acto no que se inclúen estas propostas:

Presentación do Suplemento cultural A Voz de Barbantia - xaneiro 2015
Mesa Redonda " A prensa do humor: o pouso de Castelao nos humoristas gráficos de hoxe " con Luis Davila, David Pintor (de Pinto&Chinto) e Xosé Lois González Vázquez (O Carrabouxo), moderados por Moncho Ares (delegado comarcal de La Voz de Galicia)
Intervención musical de María Varela e Francisco Cardama
Intervención plástica do pintor Carlos Triñanes

Sábado 31 de xaneiro

12.00 h - Busto de Castelao no Paseo da Ribeira

OFRENDA FLORAL E POSTERIOR INTERVENCIÓN DE AUTORIDADES

19.00 h - Auditorio de Rianxo

TEATRO INFANTIL: COUSAS DE CASTELAO A CARGO DE TÍTERES CACHIRULO

A obra está recomendada para nenos e nenas a partir de 5 anos. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da representación.

APROVEITADE!
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-01-2015 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO ANO 2015, mesmo curso!
O Novo ano 2015 celebrámolo como fixemos sempre, comendo as 12 uvas ao ritmo das badaladas e con fogos artificiais. Tivemos unha gran sorte de non atragantarnos.
Comemos as uvas e o que puido brindou con champán, e celebrámolo por todo o alto.
Sergio foi ao concerto de Aninovo en Pontevedra e tamén estivo pendente da lotería.
Vimos os especiais de Aninovo na televisión. E o fin das festas na cabalgata de Reis.
Agora xa levamos semanas metidos no curso e parece que non paramos desde setembro, pero estamos no 2015! Hai que traballar... que nos despistamos!

Sergio Somoza Tubío 1ºESO D
Adrián Chaves Gómez 1ºESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-01-2015 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Gañador Concurso De Postais virtuais (1º Ciclo)
O gañador do concurso de postais virtuais,na modalidade de 1º ciclo, por votación dos xuíces de normalización foi... ¡¡¡¡¡Javier Ordoñez Muñiz!!!!!

¡¡¡¡¡¡¡¡Noraboa a Javier!!!!!!!




Ricardo Mosquera García 1ºESO B
Sergio Somoza Tubío 1º ESO D
(Xuíces do concurso)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 18-12-2014 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Pavo recheo
Segumos cuha receita tipica do Nadal,eu escillin para vos a receita do pavo recheo.

Ingredientes: pavo, xamón, magro de porco picado, tenreira picada, touciño de xamón picado, manteiga de porco, un ovo, unha copiña de coñac, noz moscada, sal e pementa. Como guarnición pódense xuntar: ceboliñas, cenoria, manteiga, azucre e caldo.

Preparación da guarnición pasa por pelar as cenorias, redondear os seus cantos e cocelas en auga con sal durante dez minutos. A continuación escorréganse e colócanse xunto coas ceboliñas peladas nun recipiente con manteiga para dourar. Logo engádeselle o cubiño de caldo disolto en auga quente, o azucre e un pouquiño de sal, e déixanse cocer de novo destapadas ata que estean tenras e o caldo se consuma.
O pavo, logo de limpalo e aderezalo con coñac, con sal, pementa e noz moscada. O magro, a tenreira e o touciño mestúranse coas mazás raiadas e o ovo co que se enche o pavo que, logo, se cose, se ata e se adereza untándoo tamén coa manteiga. Asar no forno a lume moderado e mollándoo a miúdo co seu xugo ata conseguir que estea tenro e logre unha cor dourada (pódense calcular uns 50 minutos por cada quilo de pavo).
Arantxa 2ºESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 18-12-2014 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [97]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego