ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Que haberá despois?
Despois de pasar por este instituto ninguén sabemos o que nos espera,pero todos queremos facer algo.Uns atoparemos traballo, outros conseguiremos que nos admitan nunha universidade e facer carreira. Pero o máis triste de todo é que se cadra algúns non conseguiremos ningunha das dúas opcións e acabaremos no paro.
Por iso o que debemos facer é estudar e aprobar, centrándonos nos estudos, porque o saber e a intelixencia abren máis portas das que un pensa. Se un é bo estudante, pode conseguir os seus soños sen dificultade.
Por iso debemos estudar para ter un futuro con máis posibilidades. Senón podemos acabar coma moita xente, na rúa, sen recursos económicos e sen traballo.



Daniel Fernández Romero. 1º ESO B
e ti que opinas? (2) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 05-12-2008 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
OUTRO MUNDO

Neste primeiro ano no instituto estou coñecendo moita xente, e tamén paso máis tempo coa que xa coñecía. De momento estame gustando este lugar. As materias son cada vez máis complicadas e hai que estudar máis ca nunca. Cómo é o primeiro curso, moitos dos profesores aínda non apredenderon os nosos nomes. Creo que os profesores que mellor me caen son Forjan ,Xavier e Enrique ,os de Sociais, Lengua e Naturais.

Outra novidade é o servizo de cafetería. Nos colexios nos que estiven ata agora non había este espazo. Aquí,pola contra, se olvidaches o almorzo na casa, sempre podes recorrer á cafetería, pero vai moita xente, e por esa causa hai que esperar un pouco na cola.

Algo que me gustou moito tamén foi que se separase a asignatura de Coñecemento do Medio en Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, porque nos permite separar cousas que non teñen nada que ver entre si.

Non sei o que me vai esperar nestes seis anos que vou estar aquí, pero agardo que sexa algo bo e que teña éxito.


Daniel Fernández Romero (1º ESO B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 05-12-2008 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Simposium sobre O Porco de pé no IES Otero Pedrayo
Este luns comeza no I.E.S. Otero Pedrayo un Simposium sobre a obra coa que Risco chegou o seu máximo esplendor O Porco de Pé, da que se cumpren 80 anos da súa primeira edición.

Este autor da xeración Nós, emprega todas os instrumentos da sátira para ridiculizar á burguesía, a través dun castelán que chega a ser alcalde nunha vila ourensá a comezos do século XX, “Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde”.
No simposio, organizado pola Fundación Vicente Risco, participarán como conferenciantes (Arturo Lezcano, Manuel Outeriño, Xosé Manuel Dobarro, Anxo Tarrío , entre outros moitos). Analizarase dende o contexto histórico e social de Ourense durante o período de vida de Risco, personaxes, estilo e linguaxe da novela.

O Porco de Pé é se cadra a obra narrativa máis orixinal e valiosa de Risco, gabada por todos os críticos e investigadores, mesmo con aqueles máis críticos coa ideoloxía do autor, principalmente coa adoptada a partir de 1936.

Ángel Rodríguez (1º Bach.C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 05-12-2008 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Crepúsculo
O Best Seller mundial de Stephenie Meyer pasou á Gran Pantalla estreándose en cines o dia 5 de decembro do 2008 en España. Conta a historia de Bella Swan, unha adolescente de 17 anos que se vai a vivir co seu pai a Forks, unha vila no noroeste de Washington. O seu primeiro día de instituto coñece a uns amigos e come con eles. Cando están comendo, fíxase nun grupo un tanto raro que se senta nunha solitaria mesa do comedor: Os Cullen. O que máis lle chama á atencion deles é a súa perfección, en especial a dun mozo, Edward, do que se namora. Un amigo de Bella insinúalle que Edward podería pertencer a unha raza vampírica, o cal resulta ser verdade.

É un libro moi interesante, moi ben contado e excepcionalmente orixinal. Tanto o libro coma a película están en castelán, o cal, non convence a bastantes galegos. Isto ocorre (na nosa opinion) porque non temos bos dobradores e sobretodo porque non se ten en conta o suficiente a nosa lingua...

Julia, Nacho, Adrián (3º ESO B)
e ti que opinas? (5) - Categoría: Cousas - Publicado o 03-12-2008 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
XURELOS Ó FORNO CON PATACAS

Ingredientes para tres persoas:
-3 xurelos.
-1 cebola.
-1 tomate.
-100g de touciño con febra.
-Medio limón.
-5 patacas.
-Aceite.
-Sal
-Viño branco



Elaboración:

Cubrir o fondo da fonte do forno co aceite.
Engadir o pemento en talladas, a cebola, e o tomate.
Meter no forno e agardar 5 minutos.
Pasado este tempo, botar as patacas cortadas en anacos e máis os xurelos abertos ó medio co limón e o touciño metidos no seu interior.
Regar con viño branco e salar.
Introducir novamente a fonte no forno e deixar cociñar 1hora aproximadamente a a170º.




CRISTIAN CAMPOS FERNÁNDEZ 3ª ESO



e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 02-12-2008 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Entrar na Universidade sen selectividade
A normativa de Acceso á Universidade aprobada polo Consello de Ministros di que os titulados en Formación Profesional de Grao Superior, poderán acceder a calquera carreira universitaria sin necesidade da selectividade.

Ata o de agora, moitos destes títulos daban acceso a carreiras directamente relacionadas co estudado. A gran novidade é que a partir de agora, tamén se poderá acceder a carreiras que non teñan ningún tipo de relación cos estudos cursados. Eso si, sempre que chegue a nota.

No curso 2006-07 o 8,7 % do alumnado que entraron na universidade, eran procedentes da F.P.

Adrián Silva (2º Bach.C)
e ti que opinas? (2) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 01-12-2008 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
DOCE MIL NOVOS ICO-PRESTAMOS PARA FACER O POSGRAO
O goberno e o ICO (Instituto de Crédito Oficial), poñen en marcha unha nova liña de créditos para cursar un máster universitario.

É un sistema complementario ó xeral de bolsas, que permite axudar economicamente os mozos que desexen cursar un máster.

O límite máximo do préstamo irá unido á duración do máster, e poderá estar para universidades españolas, nos 28.800 €, e se se cursa no estranxeiro pode acceder a un máximo de ata 34.800 €.

Os préstamos teñen unha carencia de 5 anos, e a súa amortización é de 8 a 15 anos, todo isto co interese do 0%.

Fonte: La Voz de Galicia

Adrián Silva Costas (2º Bach C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 01-12-2008 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Selectivo á carta
O goberno aprobou o real decreto que regula as PAU e que comezará a aplicarse ós alumnos que rematen o bacharelato no 2010.

Unha das principias novidades será unha proba voluntaria na que os alumnos se poderán examinar de materias relacionadas coa carreira que pretendan cursar, e así poder subir nota, e acceder ás facultades con número limitado de prazas.

Por outra parte a partir do curso 2011-2012 incorporarase unha proba oral de lingua estranxeira que poderá ser en inglés, francés, alemán, italiano ou portugués.

Cada un dos dous exames voluntarios suporá sumar ata un punto a nota final, ou dous, se a universidade sinaluo esa materia como prioritaria.

Adrián Silva (2º Bach.C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 01-12-2008 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
A auga achocolatada no insti
NO I.E.S Felix Muriel cando abres a billas dos baños, a agua sae marrón e é asquerosa xa que non se pode beber e cando tes que lavar a cara ou algo así non o fas xa, porque che dá asco. Non se sabe a razón disto, din que as canalizacións están moi vellas e oxidadas o cal sería a causa de que saia marrón.

Lara e Tamara (4º ESO A)

e ti que opinas? (2) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 01-12-2008 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Xurxo Souto
Onte xoves, día 27 de novembro, estivo con nós Xurxo Souto, unha persoa moi polifacética que foi cantante, músico, escritor, acto e moitas cousas máis, como vedes vale para todo.
É coñecido sobre todo por ser vocalista do grupo de rock “Os Diplomáticos de Monte Alto” ou polo seu papel na coñecida serie “Mareas Vivas”.
Na actualidade, presenta o programa na radio galega “Aberto por Reformas”.
Contounos moreas de historias interesantes e cantou divertidas cancións. Falounos
de como se formaron algúns dos grupos máis coñecidos de Galicia e animounos a que nós mesmos formáramos un grupo de música. Ensinounos un CD que contiña diversas cancións de grupos de rock en galego, todas, ou a maioría, son coñecidas, divertidas e marchosas.

Cristina Barreiro Collazo (4º A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 29-11-2008 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego