ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Pocket Monster
Pikachu o pokemon máis coñecidoPokemon é un xogo no que, nunha primeira fase, tes que derrotar a oito líderes de ximnasio e despois á liga pokemon mentres continúas coa historia do xogo.Cunhas criaturas chamadas pokemon que aprenden ataques vas derrotando a outros pokemon. O obxectivo do xogo, aparte do dito anteriormente, é conseguir todos os pokemon ou ter capturado ou visto os 721 que hai en total.Podes levar ata seis pokemon contigo e o resto almacenalos nunha interfaz chamada PC, mesmo intercambialos con outros xogadores.

Os pokemon distribúense en 19 tipos segundo o elemento, auga, fada, lume...
Todos os pokemon teñen unha versión de diferente color e poden ser macho ou femia.


e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-03-2015 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Alez Vidal : Exemplo de superación
O martes 24 de marzo os alumnos de 4ºB participamos nunha charla que nos veu dar Alez Vidal , un parataekondista tricampeón do mundo.
Comezou contándonos as dificultades que foi superando dende a súa infancia xa que aos nove meses sufriu unha enfermidade chamada polio que lle afectou aos brazos deixándolle unha discapacidade do 87%.
As compañías que tivo axudáronlle a tirar para diante coa súa capacidade de superación.
Tamén nos falou de anécdotas que viviu cando era neno que o fixeron sentir que era un máis , facéndonos reflexionar sobre a importancia de non abandoar as nosas metas por calquera impedimento.
Tamén nos dou unha clase de deportividade ao amosarnos un vídeo no que o seu contrincante caía lesionado na final e el para que non tivese que abandoar a final decidiu non atacalo máis xa que a vantaxe que lle levaba era suficiente.
Finalmente compartimos con el unha clase práctica na que puidemos aprender un pouco máis deste deporte.
a súa meta é chegar ás olimpiadas de 2020 dado que son as primeiras olimpiadas nas que se inclúe este deporte na disciplina paralímpica.
Esta actividade estivo incluida na Semana Solidaria que se celebra no noso IES do 23 ao 27 de marzo.

Alumnos e alumnas de 4ºB (Adrián Romero, Amanda, Diego, Daniel Piñeiro, Adrián Figueira e Christian)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 25-03-2015 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión a Santiago de Compostela
O día 11 de marzo de 2015 alumnos de primeiro, segundo,terceiro e cuarto de ESO do IES Félix Muriel fomos a Santiago de Compostela a ver unha obra de teatro en lingua francesa.
O espectáculo foi representado no Salón Teatro situado na zona vella, para chegar ata aí tivemos que andar pouco.Unha vez dentro,fomos ocupando as primeiras filas.
A obra estivo moi ben, gustounos moito a actuación dos actores que falaban francés perfectamente.
Unha vez fóra, o profesorado acompañante deunos unha hora libre para estar por Santiago. Logo fomos para os autobusese marchamos moi contentos.


Brais Aido Rey 1º ESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 18-03-2015 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Campionato de España de marcha
Hai uns días, un compañeiro meu da clase, chamado Elio, foi a Murcia ao campionato galego de marcha por equipos. El foi representando a Galicia e quedou de 28/39, o cal está moi ben para ser un campionato de España . O noso amigo é moi bo marchador. Moita sorte e que sigas disfrutando deste deporte.


Brais Aido Rey 1º ESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 16-03-2015 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
N.O.V.A. 3
Ola, hoxe tráiovos un gran xogo que se chama N.O.V.A 3. O gran xogo lanzado por Gameloft que che proporciona uns gráficos e unha maneira de xogo moi semellante ao do Call of duty.

Cando empezas o xogo es un comandante que choca coa súa nave na Terra e estás loitando,xunto con outras persoas por sobrevivir nela. E tes que loitar para intentar derrotar aos robots. Tamén hai o modo multixogador.
Unha cousa que me encantou foi que podes chatear cos do teu equipo a través do chat de voz que che proporciona o xogo.

O malo que lle vexo a éste xogo é que os campos de loita non son nada variados.

Probádeo e decide que vos parece a vós.

Ricardo Mosquera Garcia 1ºESO B
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 03-03-2015 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Lectura-homenaxe a Castelao no aniversario do seu nacemento
Aínda que xa estamos rematando febreiro e esta nova pareza algo "resesa", quero falarvos dunha actividade adicada á obra de Castelao, que fixemos no instituto.
O pasado venres 30 de xaneiro, foi o día! Adicamos a mañá a facer unha lectura de varios textos de Castelao. Fixemos a actividade na aula de usos múltiples. Entraban só noventa alumnos e alumnas pero escollemos este espazo pola súa boa acústica que axudaba a que se escoitasen perfectamente as distintas voces que, desde a primeira hora ata a última foron transformando as palabras do papel en sons. Desde 1º ESO a 2º de Bacharelato alí estivemos todos, alumnado e profesorado, tamén persoal non docente. Comezamos á primeira hora lendo a primeira obra que Castelao publicou: Un ollo de vidro, memorias dun esquelete. Continuamos con Cousas, logo Retrincos, Os dous de sempre e algún fragmento de Sempre en Galiza. Moitas grazas a todos os voluntarios e as voluntarias que se animaron a poñerlle voz a estes textos!

Sergio Somoza Tubío 1º ESO-D
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-02-2015 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
ROK IN RIO

O evento musical naceu en Río de Xaneiro no ano 1985 , non só conquistou Brasil senón toda España e Portugal.
Rok in Río comezou a destacar depois de que Brasil rematara de saír dunha gran ditadura. Neste escenario no que todos os países de América do Sur vivían momentos similares, Brasil foi o primeiro país en organizar un evento musical desta magnitude.
Xa naceu como un gran evento! Idealizado polo empresario Roberto Medina. O primeiro Rock in Rio tivo lugar na cidade que lle deu o seu nome, Rio de Xaneiro, no barrio de Jacarepaguá.
Dende entón o evento musical pasou a ser unha das mellores concentracións de grupos de Rok de case todo o mundo.
Hoxe en día xa se fixeron moitas edicións en diferentes países. Todas elas tiveron moito éxito polos grupos e tamén polo público participante.


TOFIKO SANTIAGO GARRIDO 2ºC
http://www.lafm.com.co/sites/default/files/imagenes/programacao-rock-in-rio-2013_1379072927.jpg
http://www.lafm.com.co/sites/default/files/imagenes/programacao-rock-in-rio-2013_1379072927.jpg
http://www.lafm.com.co/sites/default/files/imagenes/programacao-rock-in-rio-2013_1379072927.jpg
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 26-02-2015 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
ACTO DE HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
Este vindeiro sábado 28 de febreiro, ás 18.30 horas da tarde vaise celebrar un acto de homenaxe a Rosalía de Castro en Rianxo.

Para conmemorar o 178 aniversario do seu nacemento, xunto a escultura de Rosalía de Castro que se atopa nos xardíns Manuel Antonio, desenvolverase un acto en lembranza da autora no que se fará unha lectura dos seus textos por parte de institucións, entidades, particulares,...
Desde o ENDL animamos a todo o alumnado a participa recitando poemas dos que xa estivemos lendo estes días nas aulas.
Ademais as pandeireiras Rianxeiras da Covecha interpretarán varias pezas.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 25-02-2015 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
CLASH OF CLANS
Ola a todos, hoxe traiovos un gran xogo que está arrasando en todo o mundo.Sí, é o CLASH OF CLANS.
O gran xogo de estratexia que está á vosa disposición gratuitamente no playstore, e máis na appstore.

Para mín é un gran xogo. Teño que dicir, que o peor momento que pasei xogando, foi cando tras ter conseguido moitas copas polo ataque a moitas aldeas,pasei varios días sen xogar e ao reiniciar o xogo, casi tiña tódolos trofeos perdidos

É un gran xogo e recoméndovolo.

Ricardo Mosquera García 1ºESO B
e ti que opinas? (1) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 25-02-2015 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Eu son Rosalía
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove desde 2010 a conmemoración no 24 de febreiro, do Día de Rosalía de Castro, lembrando así o dia do nacemento desta autora. Esta entidade proponnos á cidadanía que agasallemos un libro en galego e unha flor.

Nos últimos anos foron varias as accións promovidas desde a AELG que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade e, moi especialmente, polo sector educativo, tal e como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" e convidamos aos centros escolares, institucións, movemento asociativo, persoeiros da cultura galega e a todos os particulares que se quixeren sumar, a realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicárnolo gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…”
No noso Ies estámos gravando as nosas frases.

A idea é que os lugares nos que se filme esa breve declaración, de contido libre e persoal, sexan escenarios da vida cotiá, a ser posíbel, especialmente os ámbitos laborais, en conexión con boa parte da poesía rosaliana, vinculada ao traballo e á vida diaria. En calquera caso, serán moi benvidas todas aquelas propostas orixinais que se nos fagan chegar para difundir desde a web da AELG, que poidan experimentar coa combinación dos formatos audiovisual e musical.

Ricardo Mosquera García
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 25-02-2015 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego