ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Este ano no Nadal
Xa imos ter as vacacións de Nadal e xa pensamos nos regalos que queremos pedir.
Na clase buscamos información sobre as tradicións de Galicia e doutros sitios.Vimos imaxes do Apalpador que lle trae regalos aos nenos en Galicia e do Olentzero e do Tió que tamén levan regalos en Euskadi e en Cataluña.
Eu este ano vou pedirlle os meus regalos ao Apalpador. A ver que notas saco e se me traen o que lle vou pedir



e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 15-12-2015 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Meteogalicia

O outro día os de 3º de E.S.O, fomos de escursión a "Meteogalicia". Alí apredemos moitas cousas como por exemplo o que fai unha estación meteorolóxica ,por que a hai que pintar de branco ( protexe aos elementos que miden a presión, a choiva ... para que non haxa variacións) e tamén o que fan os diferentes ventos que veñen a Rianxo.
Despois fomos a un museo algo especial. Tiña uns xogos aos que xogábamos, e estaban en portugués.
Resumindo estivo moi ben.

Páxina web: http://www.meteogalicia.es/web/index.action
Gabriel Figueira Núñez.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 26-11-2015 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
O mar fala en Rianxo

Convídovos a participar no concurso de Xincanas, que se está desenvolvendo no edificio principal.

Nesta semana estamos recollendo textos para:
Arriba áncoras!

A ultima acción consiste na redacción de microrrelatos que teñan como tema o mar. Terán que ser entregados na semana do 17 ao 23 de novembro.


Xián Castaño Rodríguez 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 20-11-2015 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Na cova dos carcamáns
Lin un texto do libro Cousas de Castelao que me gustou moito. Xa me chamou á atención o titulo "Na cova dos carcamáns".

A historia trata dunha muller que seica vivía na Cova dos Carcamáns e sempre ía peitearse de mañá cedo nas pedras da beiramar para pasar o tempo, pero días despois esta muller non volveu a peitearse alí. O narrador da historia un día viu un cráneo todo cuberto de argazo ou algas e deuse conta de que era unha muller afogada, a mesma que se peiteaba na beiramar de mañá cedo.

Sabedes o que son os carcamáns? Carcamán é unha palabra con dous significados: "persoa vella e achacosa" ou "barco grande e pesado".

Fátima Galbán (2º ESO)





e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 19-11-2015 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de radio

A semana pasada foi a primeira sesión dun obradoiro de radio de dous días de duración.
Unha xornalista licenciada ensinounos as técnicas necesarias para a creación dun programa de radio. Hoxe tócanos repetir coa última sesión do curso na que poñeremos en práctica os contidos aprendidos na anterior.
Esperamos pasar un bo rato!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 18-11-2015 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
TERBUTALINA
Terbutalina é un grupo de garage punk galego Formouse no 2010. Esta formado por 5 persoas:

MIGUI: Voz principal,guitarra.

MON: Gutarra, voces

SAMU: Baixo,Voces

BRAIS: Teclado, Voces

CARLOS: Batería

Aquí deixovos unha canción deles!!!

Ricardo Mosquera García 2ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 11-11-2015 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Pasacalles conmemorando o Samaín
Este sábado pasado, a Banda de Música de Catoira xunto con moitos rapaces coas súas cabeiras iluminadas, fixemos unha camiñata dende o Polideportivo de Catoira, pasando por todo a vila.

Realizouse á noite.

No momento que empezou a ruta, as luces de Catoira apagáronse e a Banda, tocou cancións coma Trhiller de Michael Jackson, Frankenstein...

Foi unha actividade moi interesante!!!



Ricardo Mosquera García 2ºB

e ti que opinas? (2) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 05-11-2015 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Xa chega o samaín
Xa se acerca o Samaín cheo de medo e de misterio.
Hoxe tráiovos unha lenda que encontrei nunha páxina, espero que vos guste.

A Santa Compaña

Na mitoloxía popular galega a Santa Compaña é unha procesión de mortos, de almas errantes que percorren os camiños das parroquias polas noites. Quizais sexa unha das crenzas míticas máis arraigadas no rural da nosa terra.

O medo comeza á media noite, a Santa Compaña sae a pasear, vai sempre encabezada por un home vivo que porta unha cruz e máis un caldeiro de auga bendita, mentres que as ánimas portan cadanseu pequeno cándil. O encargado de portala cruz non pode, baixo ningún concepto, voltala vista atrás, só poderá ser liberado da súa penitencia cando se atope con outra persoa, home o muller, polo camiño.

A comitiva espectral sae dos cruceiros e a súa misión é a de visitar todas aquelas casas nas que axiña se producirá unha morte. O portador da cruz non lembrará durante o día o acontecido polas noites. Pero non todos os mortais posúen a facultade de ver cos seus propios ollos á Santa Compaña, din que os nenos bautizados por erro co óleo dos mortos a posuirán de adultos.

Pouco se pode facer para protexerse da Santa Compaña, afastarse do seu camiño, debuxar un círculo no chan, meterse dentro del deitándose boca abaixo, pregar sen levantala mirada e endexamais ficala vista neles...

Gabriel Figueira Núñez
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-10-2015 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Música nos Recreos
Todos os martes, no vestíbulo do edificio principal,durante os recreos, ven a escoitar música galega. Son audicións de grupos folk e rock estilo a Biribirloke, Dakidarría....

Hoxe estamos escoitando a Sés. Déixovos un link para escoitar algunha das súas cancións.

Quedades todos convidados e convidadas.


Ricardo Mosquera García 2ºB
SES
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-10-2015 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
O noso verán

Todo comezou a primeira semana das vacacións. E xa tiñamos ganas de que comezasen despois de estar nove largos meses estudando.
Nós imos contar cada unha das nosas versións sobre estas vacacióhns de verán:

A)Versión de Sergio:
Para min as vacacións comezaron o 19 de xuño coa excursión de fin de curso á Manzaneda. Estivemos dous días e fixemos actividades na piscina, escalada, karts e hípica.
Logo uns días máis tarde comecei a ir á praia a Tanxil. Alí quedaba con Adrián e a mediados de xullo tamén cun rapaz que estaba de vacacións en Rianxo.
Tamén fun a actividades deportivas no verán, visitei os Castros de Baroña,e fun aos torneos de bádminton e tenis da Guadalupe, e quedei con diferentes amigos nas festas.

B)Versión de Adrián:
Aparte do xa mencionado por Sergio, xoguei moito aos videoxogos, lin a metade de " El Quijote " que en verdade aínda que usen moitas e máis antigas palabras non é unha lectura que varie demasiado de tempo ou escenario.
Ademais fun con Sergio a disfrutar nas fests da Guadalupe.

Sergio Somoza Tubío 2ºESO-C
Adrián Chaves Gómez 2ºESO-C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-10-2015 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [97]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego