|
|
|
Radio Rianxo |
|
Ola a todos e a todas! Hoxe estou aquí falando da incrible superradio que montamos no IES. No equipo directivo participan varias rapazas de todos os cuartos da ESO. Tamen participamos rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO .De segundo participamos: Ricardo ,e mais eu e de primeiro: Gloria ,Marco ,Luis ,Alvaro ,Brais ,Ainoa e Uxia
A semana pasada estivemos a gravar pola mañá.
Brais Aido Rey 2ºESO B
Neste primeiro enlace tendes desde unha reportaxe sobre a LOMCE (con opinións da orientadora, director e alumnado do centro) ata unha entrevista ao poeta rianxeiro, gañador do Premio nacional de poesía, Gonzalo Hermo. Sen esquecer un concurso musical...Escoitádenos e non esquezades a continuación votar a vosa canción preferida.
Neste segundo enlace, información e... a RadioFicción... Cos mellores actores e actrices. Non o perdades!
|
|
|
|
Certame Galego de Bandas |
|
Este pasado ano tivo lugar entre o 21 e 22 de nonvembro de 2015 o Certame Galego de Bandas populares.
Os resultados foron os que seguen:
PRIMEIRA SECCIÓN: (para bandas con máis de 71 músicos)
Banda de Música Municipal de Valga 3º Premio
Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros 2º Premio
Banda de Música Municipal de Silleda 1º Premio
SEGUNDA SECCIÓN; (Para bandas de entre 51 a 70 músicos)
Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia 1º Premio
Banda de Música de Vilatuxe 3º Premio
Banda de Música Xuvenil de Barro 2º Premio
Banda Municipal de Música de Outeiro-Rábade-Begonte 4º Primeiro
TERCEIRA SECCIÓN (ata 50 músicos)
Banda de Música Xuvenil de Torroso Temática Galega
Banda de Música Municipal de Padrón
Banda de Música del Municipio de Arbo 2º Premio
Banda de Música "Lira" de San Miguel de Oia 3º Premio
Banda de Música Popular de Moaña "Airiños do Morrazo" |
|
|
|
Recitado de Rosalía e Manuel María |
|
Os rapaces e rapazas do IES FELIX MURIEL o pasado venres 12 e o luns 15 de febreiro, participitamos nun recitado de poemas de Manuel María e de Rosalia de Castro na biblioteca do instituto.
O xurado estaba formado por dúas rapazas de bacharelato (Noelia e Aldara Muíños)e varios profesores (Paco Carro (galego), María Míguez (castelán), Carmen Vázquez (inglés)e Josefa Gamarra (física). Todo o alumnado estivo moi animado e participativo, destacando o de 1º ESO..
Os poemas máis recitados foron "Adiós ríos" de Rosalia De Castro e "Defensa da poesía" de Manuel María. Habia dúas categorias: ESO e BACHARELATO. As gañadoras foron:
MARÍA DOMÍNGUEZ de 2º de bacharelato
LARA TUBíO de 1º ESO
A final celebrarase na casa de Manuel Maria o vindeiro sábado 27 de febreiro, onde competirán con xente de toda Galicia.
Sorte para elas!
O 2º premio recaeu en Manuel Losada e o 3º en Katia Lojo, tamén de 1º ESO.
MOITAS GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN!
Uxía, Lara e Katia (1º ESO C)
|
|
|
|
Manuel María:CANCIÓN PRA LLE DECIR A SALETA |
|
Déixovos este poema de Manuel Maria: que lle dedicou á súa muller Saleta
Ouh amiga e compañeira cotidián;
sinxela, doce costume habitual:
ti éresme necesaria como o pan,
como o aire, como o lume, como o sal!
Ti eres o meu pasado, o meu porvir,
a muller de verdá, sangue do pobo.
Ti décheslle claridade ó meu vivir:
un camiño sinxelo, puro e novo.
Ouh compaña fiel, maina sorrisa;
estrela centilante, arrolo e canto!
Ti ers o furacán, i eres a brisa
que limpa, no meu ceo, tanto espanto.
Ti eres o que eu soño: luz e rosa
recendo vida, florecendo a eito.
Eres a realidade máis fermosa
que levo latexando no meu peito!
Ti trócasme en ledicia cada coita
e daslle ó meu esprito rumbo certo.
Eres o esteo preciso pra esta loita
de sementar de flores o deserto!
Brais Rodríguez Carou 2ºC
|
|
|
|
Hoxe homenaxe a Castelao: Os vellos en marionetas... Non o perdades! |
|
É ás 20:30 da tarde. A derradeira proposta dentro dos Actos Castelao 2016 organizados pola Concellaría de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización lingüística é un teatro de marionetas da obra Os vellos non deben de namorarse do ilustre rianxeiro Castelao a cargo da compañía Fantoches Baj
A obra está recomendada para maiores de 12 anos
A entrada é de balde ata completar aforo. Poden retirarse unha hora antes do comezo da función.
Lembrade que tal día coma hoxe se cumpren 130 anos do nacemento de Castelao na nosa vila.
|
|
|
|
Manuel María: Oda pesimista ó meu pais |
|
Seguindo coa nosa homenaxe a Manuel María, deixámosvos este poema:
Galicia é un paradiso, un xardín
cultivado con cencia e con beleza.
Non se ollan, por ningunha banda,
ortigas, hedras, silveiras,
cardos, toxales ou codesos.
Tampouco hai campos ermos.
Os labregos son moi cultos e teñen
un nivel económico emvexable:
cultivan as terras con aveños
modernos e, nas súas casas
confortables, len ós nosos
clásicos, escoitan música
i ollan a paisaxe demoradamente
e con lecer, pra interpretar
o seu sinificado misterioso.
O mesmo se pode decir
dos mariñeiros, dos obreiros
e das demais clases sociales
do pais. Non guedan corredoiras.
Os emigrantes eran unha vergoña
i unha lacra que desapareceu
hai moitos séculos: un mal
recordo. Agora os inmigrantes
- Deus sexa louvado- son a mau
de obra, quérese decir:
os proletarios,
apoio e sostén da nosa industria
que non ten iqual no mundo enteiro
|
|
|
|
Xovenes Freiks |
|
Hoxe vou falar sobre un grupo de música formado por alumnos de 2º ESO somos os "Xóvenes Freiks" unha charanga brass, formada por dous saxos, unha trompeta, unha trompa, unha tuba, e un percusionista.
No noso repertorio predominan cancións moi modernas, como Freaks de Timmy Trumpets, Cheerleader, e moitas máis, tamén algunhas pezas clásicas.
Agora estamos preparando o concerto das Letras Galegas que se celebrará no centro no mes de maio. Nesa actuación interpretaremos o Himno Galego e algunhas sorpresas.
Visitade o noso canal de Youtube!!!! Esperamos que vos guste!! https://www.youtube.com/channel/UCnRDBjZbwiSkGV7O6nnErzA
Ricardo Mosquera García 2ºESO B |
|
|
|
Manuel María: A fala |
|
Deixámosvos un poema de Manuel María que nos gusta moito e con el comezamos a nosa homenaxe ao poeta ao que se lle dedican as letras galegas este ano 2016.
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer! |
|
|
|
Nadal 2015 |
|

Este Nadal está a punto de comenzar. Este ano para min vai ser moi especial. O 24 de decembro é a Noiteboa e encántame porque sempre facemos unha cea familiar todos os anos, e ao día seguinte, pola mañá hai uns regalos que nos trouxo o Apalpador.
O ano pasado non poidemos ir á cea familiar porque estabamos en Ourense.
En fin de ano sempre imos a Ourense a xunta os primos a celebrar o Ano Novo con eles. Este ano penso que tamém iremos a celebrar con eles a chegada do ano 2016.
Bo Nadal para todo o mundo.
Gabriel Varela,1ºD |
|
|
|
Felicitacións de Nadal |
|
Aínda non fixeches a túa felicitación para o Concurso do ENDL? Pois non esperes máis... en formato dixital, orixinal, para enviar por correo ou por whatsapp...
Ata o 17 de decembro pola mañá calquera membro do alumnado, do profesorado ou do persoal non docente pode participar!
As bases están distribuídas por todo o centro... Non deixes de lelas e envía xa a túa felicitación de Nadal. Se gañas... ha interesantes premios para cada categoría! |
|
|
|
|
|
|