ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

21 de marzo.
O día 21 de marzo celébrouse o día da poesía.
Para conmemorar esta data no instituto colgáronse folios con versos escollidos nos cales se podían pegar "posits" para adicarllos a algunha persoa.
O meu favorito foi:
aind t levo n pel.


Gabriel Figueira Núñez.
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 05-04-2016 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Land Rober Tunai Show
Presentado por Roberto Vilar, é un dos programas con máis éxito da televisón de Galicia. Dúas horas de humor, actuacións musicais, comedia e outros. Un dos seus atractivos, é a participacion directa do público no plató. Se queres asistir como espectador a Land Rober tunai show, entra en Facebook e participa!!

Aqui deixovos o enlace dun programa para que non vos perdades nada do que está a pasar.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/landrober-tunai-show

Brais Aido Rey 2º ESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 18-03-2016 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Homeaxe a Rosalía.

O venres 26 de febreiro, no instituto houbo un recitado de poemas de Rosalía de Castro. Estiveron alí todos os terceiros e tamén outro alumnado de pimeiro e de segundo da E.S.O.
No recitado léronse poemas como o de " Follas novas ".

Ao longo da semana puxéronse tamén carteis nos dous edificios do instituto onde se expuxeron datos sobre a biografía, obra e imaxes de Rosalía, versos ilustrados e algúns dos seus poemas.

Con todo isto, hoxe coñecemos un pouco mellor a esta autora galega.

Deixovos aquí un enlace a unha páxina web con algún dos seus poemas


Gabriel Figueira Núñez.
3ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 07-03-2016 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro foi un poeta e académico da lingua galega.
Naceu e Outeiro de Rei o día 6 de outubro de 1929.

Destacou polo seu combativo compromiso politico. Entre os temas dos seus poemas destacan a arte e o amor.

Brais Aido Rey 2ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 02-03-2016 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Certame de recitado de poemas de Rosalía de Castro
O pasado venres 26 de febreiro no IES celebramos o nacemento de Rosalía de Castro cun recitado dalgún dos seus poemas.
Os gañadores das dúas categorías (ESO e Bacharelato), acudiríamos ao acto celebrado ao Auditorio de Rianxo ás 19:30 dese mesmo día, para recitar (e cantar) os poemas. Fomos seis alumnos e alumnas de primeiro da ESO os seleccionados para ir recitar ao Auditorio. Tamén nos acompañou unha alumna de bacharelato.
Ás sete da tarde algúns de nós recitamos durante a ofrenda floral celebrada no busto de Rosalía que se encontra na Ribeira.
Algúns dos poemas foron: "A xusticia pola man", "Follas novas", "Estranxeira na sua patria","Adiós ríos,adiós fontes"

Federico Rumiales (1º ESO C)



e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 02-03-2016 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Radio Rianxo
Ola a todos e a todas! Hoxe estou aquí falando da incrible superradio que montamos no IES. No equipo directivo participan varias rapazas de todos os cuartos da ESO. Tamen participamos rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO .De segundo participamos: Ricardo ,e mais eu e de primeiro: Gloria ,Marco ,Luis ,Alvaro ,Brais ,Ainoa e Uxia

A semana pasada estivemos a gravar pola mañá.

Brais Aido Rey 2ºESO B

Neste primeiro enlace tendes desde unha reportaxe sobre a LOMCE (con opinións da orientadora, director e alumnado do centro) ata unha entrevista ao poeta rianxeiro, gañador do Premio nacional de poesía, Gonzalo Hermo. Sen esquecer un concurso musical...Escoitádenos e non esquezades a continuación votar a vosa canción preferida.



Neste segundo enlace, información e... a RadioFicción... Cos mellores actores e actrices. Non o perdades!


e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-02-2016 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Certame Galego de Bandas
Este pasado ano tivo lugar entre o 21 e 22 de nonvembro de 2015 o Certame Galego de Bandas populares.

Os resultados foron os que seguen:

PRIMEIRA SECCIÓN: (para bandas con máis de 71 músicos)

Banda de Música Municipal de Valga 3º Premio

Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros 2º Premio

Banda de Música Municipal de Silleda 1º Premio

SEGUNDA SECCIÓN; (Para bandas de entre 51 a 70 músicos)

Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia 1º Premio

Banda de Música de Vilatuxe 3º Premio

Banda de Música Xuvenil de Barro 2º Premio

Banda Municipal de Música de Outeiro-Rábade-Begonte 4º Primeiro

TERCEIRA SECCIÓN (ata 50 músicos)

Banda de Música Xuvenil de Torroso Temática Galega

Banda de Música Municipal de Padrón

Banda de Música del Municipio de Arbo 2º Premio

Banda de Música "Lira" de San Miguel de Oia 3º Premio

Banda de Música Popular de Moaña "Airiños do Morrazo"
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 25-02-2016 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Recitado de Rosalía e Manuel María
Os rapaces e rapazas do IES FELIX MURIEL o pasado venres 12 e o luns 15 de febreiro, participitamos nun recitado de poemas de Manuel María e de Rosalia de Castro na biblioteca do instituto.

O xurado estaba formado por dúas rapazas de bacharelato (Noelia e Aldara Muíños)e varios profesores (Paco Carro (galego), María Míguez (castelán), Carmen Vázquez (inglés)e Josefa Gamarra (física). Todo o alumnado estivo moi animado e participativo, destacando o de 1º ESO..

Os poemas máis recitados foron "Adiós ríos" de Rosalia De Castro e "Defensa da poesía" de Manuel María. Habia dúas categorias: ESO e BACHARELATO. As gañadoras foron:

MARÍA DOMÍNGUEZ de 2º de bacharelato

LARA TUBíO de 1º ESO

A final celebrarase na casa de Manuel Maria o vindeiro sábado 27 de febreiro, onde competirán con xente de toda Galicia.
Sorte para elas!

O 2º premio recaeu en Manuel Losada e o 3º en Katia Lojo, tamén de 1º ESO.

MOITAS GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN!

Uxía, Lara e Katia (1º ESO C)



e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 18-02-2016 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel María:CANCIÓN PRA LLE DECIR A SALETA
Déixovos este poema de Manuel Maria: que lle dedicou á súa muller Saleta

Ouh amiga e compañeira cotidián;
sinxela, doce costume habitual:
ti éresme necesaria como o pan,
como o aire, como o lume, como o sal!
Ti eres o meu pasado, o meu porvir,
a muller de verdá, sangue do pobo.
Ti décheslle claridade ó meu vivir:
un camiño sinxelo, puro e novo.
Ouh compaña fiel, maina sorrisa;
estrela centilante, arrolo e canto!
Ti ers o furacán, i eres a brisa
que limpa, no meu ceo, tanto espanto.
Ti eres o que eu soño: luz e rosa
recendo vida, florecendo a eito.
Eres a realidade máis fermosa
que levo latexando no meu peito!
Ti trócasme en ledicia cada coita
e daslle ó meu esprito rumbo certo.
Eres o esteo preciso pra esta loita
de sementar de flores o deserto!

Brais Rodríguez Carou 2ºC

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 04-02-2016 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe homenaxe a Castelao: Os vellos en marionetas... Non o perdades!
É ás 20:30 da tarde. A derradeira proposta dentro dos Actos Castelao 2016 organizados pola Concellaría de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización lingüística é un teatro de marionetas da obra Os vellos non deben de namorarse do ilustre rianxeiro Castelao a cargo da compañía Fantoches Baj

A obra está recomendada para maiores de 12 anos

A entrada é de balde ata completar aforo. Poden retirarse unha hora antes do comezo da función.

Lembrade que tal día coma hoxe se cumpren 130 anos do nacemento de Castelao na nosa vila.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-01-2016 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego