|
|
|
Lingua minoritaria de Núñez Singala. |
|
Aínda que o galego sexa unha lingua minoritaria, hai moitísimas máis as cais están en peor estado.
Aquí vos deixo un vídeo de Núñez Singala no cal nos ofrece uns datos moi intersenantessobre a situación da lingua galega a nivel global.
Vídeo.
|
|
|
|
Hai xente que pensa que o galego está normalizado. |
|
Ola, hoxe escribo pola única razón de dar a coñecer algún que outro dato para a xente que pensa que o galego está normalizado. Pese a que me gustaría que isto fose real, non o é.
Atopei estas informacións que me resultaron abraiantes, por iso as comparto con vós.
Primeiro enlace
Segundo enlace
Se as consultades espero que vos resulte interesante. Tamén podedes compartir con nós a vosa opinión.
Gabriel Figueira Núñez. |
|
|
|
Carlos Casares |
|
Como xa sabedes este ano, as Letras Galegas fóron adicadas a Carlos Casares. Esta semana, dentro dos actos que o instituto organiza para esta festividade asistiu o seu fillo Hakam a quen lle agradezo a súa visita. El contounos algo da súa vida de seu pai, e tamén algunhas historias sobre el.
Se queres saber mais entra na nosa revista.
Gabriel Figueira Núñez. |
|
|
|
Intercambio co IES Aquis Querquenis de Bande |
|
O vindeiro 5 de maio o alumnado instituto que pertencemos o equipo de normalización realizará unha saída didactica dentro do programa de intercambio o IES Aquis Querquenis de Bande en Ourense, e logo o vindeiro 2 de xuño viran eles a Rianxo.
Esta saída didáctica realizase para nos poder aprender un pouco deles e do que fan e eles aprender de nos e intercambiarmos algúns consellos para mellorar os nosos proxectos.
Lara Tubío 2ºA
Desirée Miguéns 2ºD |
|
|
|
Saída didáctica a Vila do Conde |
|
Mañá, día 3 de marzo, o alumnado de Portugués asistiremos a unha saída didáctica a Vila do Conde onde visitaremos o agrupamento de escolas Don Afonso Sanches, que conta cun servizo de cantina onde comeremos.
Tamén iremos aos museos de Nau Quinhentista e o Museu da renda de birlos.
Logo daremos un paseo pola vida acompañados dos estudantes portugueses.
Noelia Fernández e Silvia Rial. |
|
|
|
O día dos namorados |
|
O día dos namorados é unha celebración que se inicia no século XIV. Isto débese a que se asociou a San Valentín coma o patrón dos namorados. No século XX, esta tradición expandiuse aos diferentes países de Europa e de América onde se coñece tamén coma o Día da Amizade e do Amor.
A tradición en España consiste en darlle á túa parella unha rosa ou un ramo de flores para así demostrarlle o amor que sentes por ela. Aínda así esta tradición está presentando unha situación de decadencia, xa que actualmente se agasalla unha caixa de bombóns, ou outro obsequio que teña máis utilidade.
Sergio Somoza Tubío 3ºESO-F |
|
|
|
Música en galego |
|
Os días finais do 1º trimestre o grupo de normalización colocou os carteis dunha exposición para coñecer a música en galego.
Despois de visitar a exposición e como actividade de remate do trimestre, o Equipo de Normalización organizou xogos e chamou a uns cantos grupos galegos como Vai de roda...
Na miña opinión, ese día estivo moi ben porque algúns rapaces non coñecían ningún grupo galego e ademais pasámolo moi ben bailando, cantando e escoitando música galega.
Sergio Portas Arcos. |
|
|
|
25 Aniversario do instituto |
|
O vindeiro 3 de xuño celebramos no IES o 25 aniversario do centro. Para conmemorar o cumpreanos plantaremos unhas árbores e enterraremos unha cápsula do tempo durante as dúas últimas horas de clase. Hoxe veu a excavadora para facer os buracos nos que colocaremos varias camelias e outros arbustos. Tamén hoxe se inaugurou unha exposición con fotos e textos destes 25 anos.
Ademais, haberá varias actuacións musicais e algunha que outra sorpresa. Será un día xenial!
Logo o sábado 4 de xuño faremos unha mesa redonda e unhas actividades para exalumnos/as e exprofesores/as
|
|
|
|
Música electrónica ou reggaeton? |
|
A música é a arte de organizar sensible e loxicamente unha combinación coherente de sons e silencios.
A música, como toda manifestación artística é un producto natural. O fin desta arte é suscitar unha experiencia estética.
Hai moitos tipos de música: clásica, relixiosa, de danza, dramática, incidental (composta para acompañar unha obra teatral ou cinematográfica)?
Persoalmente a música que máis me gusta actualmente é a electrónica polo uso de aparellos electromecánicos. Este tipo de música aparece a finais do século XIX e principios do XX.
A competencia neste momento é o reggaetón que se formou en Panamá nos anos setenta e principios dos 90 en Porto Rico, naceu e xurdiu a raíz da comunidade xamaicana, cuxos ancestros chegaron a Panamá, xunto a inmigrantes de ascendencia afro-antillana durante o século XX.
En Galicia ningún dos dous estilos ten demasiado éxito.
Damián (2º ESO) |
|
|
|
Excursión a Portugal |
|
Ola a todos e a todas.
Hoxe vouvos falar dunha excursión que fixen con meus avós a Portugal especialmente a Barçelos.
Alí fomos a un mercado moi grande onde había numerosas actuacións e charangas xa que estaban coas festas das cruces. Logo fomos comer a Viana do Castelo. Pola tarde fixemos tempo na fortaleza e ás sete marchamos para a casa.
Paseino moi ben e espero volver a repetila.
Brais Aido Rey 2ºESO B |
|
|
|
|
|
|