ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

A MÚSICA
Na música hai moitos tipos:

Pop, rock, eléctro, clásico, folk... etc

QUE É A MÚSICA???

Para min a MÚSICA é unha forma de vida da que moitos músicos, están podendo disfrutala.
Na miña opinión unha das mellores bandas de música de España, é a Banda de Música de Catoira, xa que aparte de contar con músicos excelentes, cando vas a un concerto seu, daste conta que vale a pena escoitalos.

Tamén pasa o mismo con outras bandas como a de A Coruña, Lousame, Rianxo, e moitas máis bandas.

XA, ESO SÍ, SON TODAS GALEGAS. DAQUÍ, DA NOSA TERRA.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 21-10-2014 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro na rúa
A semana pasada fomos ver unha obra de teatro en Rianxo. Saímos do instituto e fomos camiñando ata o Campo, onde esta comezou. Alí, o cura fixo un monólogo, e logo, atopouse cun mariñeiro. A partir de aí, os actores puxéronse a andar e nos seguimolos. Pasamos por varios sitios, comezando pola Rú do medio. Despois dun breve diálogo, continuamos pola Rúa de abaixo, onde fixemos unhas paradas no museo de Manuel Antonio e na casa de Castelao, e logo a obra rematou na Praza de Rafael Dieste. Alí, os actores fixeron que estaban ensaiando un anaco da obra de Rafael Dieste, A fiestra baldeira.


Alba Vicente Muñiz e Xiyang Xu.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-10-2014 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Un día de teatro na rúa

Hai xa uns días os meus compañeiros do instituto e mais eu fomos ao teatro. Era um teatro moi especial porque era polas rúas de Rianxo.
A min a obra gustoume moito porque os actores representaban unha época antiga, no tempo da posguerra, na que o galego non se podía falar porque estaba prohíbido aínda que moitas persoas o facían a escondidas, sen que os policías os viran. Tamén lían daquela os libros de Castelao, Rafael Dieste... e facían teatro en galego.
Os actores tamén nos foron lendo a nós algúns textos destes autores e cantaron cantigas típicas da nosa vila diante das casas onde viviron os autores ou dunha taberna antiga.

Javier Otero Mosquera 3ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-10-2014 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
O primeiro mes no instituto de Sergio Somoza
O primeiro mes da etapa da secundaria está sendo moi doado.Ter que cambiar a escola polo instituto, uns amigos por outros e uns profesores por outros, non é escusa suficiente para non adaptarse ao novo centro.
Como xa vos contei en artigos anteriores , a miña adaptación foi simple , porque xa coñecía a case todos os compañeiros/as da miña clase. Ademais diso, os contidos que demos neste mes non foron moi difíciles, porque xa os dera na anterior etapa. As materias novidosas como o Francés, Titoría ou Proxecto Interdisciplinar,vounas levando ben.
Eu non fun dos típicos alumnos que se perdía polos corredores, pois estivera moi atento o día que viñemos co colexio a visitar o centro, e ademais xa viñera moitas veces aquí, porque a miña irmá cursou os seus estudos neste centro, fai poucos anos .
Agora mesmo gústanme moito todas as materias,mesmo Educación Física, que non é que a leve moi ben,pero pouco a pouco ireime afacendo ao ritmo.
O primeiro mes no instituto é para recordar.

Sergio Somoza Tubío 1º ESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-10-2014 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
A vela
A vela é un tipo de deporte marítimo.
O barco ten que estar supervisado pola Federación Internacional de Vela e a regulació maritima de vela.
A vela reférese a un xeito de navegar no que unha enbarcacion é propulsada polo vento. As compitecións chámanse regatas e o obxevtivo da compiticion e chegar de primeiro nun percorido sinalado dun punto a outro. Estes puntos poden ser naturais como na Regata Fansnet, ou artificiais, (marcados con boias) como na Copa de America , e nas regatas olimpicas.
Normalmente unha competición consta de varias regatas ou probas que che dan puntos e a suma deses puntos dá a clasificacion final.

Brais Rodriguez Carou 2ºESO C


e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-10-2014 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Elección do delegado de clase en 1º ESO D
No xoves, 02 de outubro celebramos na clase de 1º D as eleccións a delegado da aula .Na nosa tivemos cinco candidatos .Eu pensei en prsentarme pero ó final non me convenceu moito a idea .
As votacións foron moi igualadas. Ninguén chegou ó cincuenta por cento dos votos, polo tanto , o día 6 de outubro celebrouse a segunda volta. Xa nela , os postos foron case iguais ca na primeira volta , tendo que facer outra porque alguén votou dobre. Estou seguro de que para os candidatos que perderon nas eleccións foi un día para esquecer.

Sergio Somoza Tubío 1º ESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 13-10-2014 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
ADAPTACIÓN AO INSTITUTO
Debuxo da fachada do IES Félix MurielA nós non nos está custando nada a adaptación ao IES pois xa fixemos novas amizades. E ademais xa nos acostumamos a este novo horario aínda que vos poida parecer difícil.Xa estamos afeitos a madrugar.Case sempre nos levantamos sobre ás sete da mañá.
De momento, gústanos moito o instituto.Pero non é porque sexa a novidade das nosas vidas senón porque
nos caen ben a maioría dos profesores e profesoras que nos dan clase.
Aínda que tamén nós esta facéndosenos raro o cambio de profesores,de compañeiros e de nivel de aprendizaxe.
Sergio Somoza Tubío 1º ESO D
Elio Buelta Otero 1º ESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 02-10-2014 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro dia no IES Félix Muriel
O meu primeiro día no IES Felix Muriel, foi ilusionante, pois comezaba unha nova etapa dos meus estudos, pero tamén porque ía ter novos compañeiros, novas asignaturas, para non facerme pesado e resumindo direi que o curso está cheo de novidades.
Cando cheguei estiven con compañeiros da antiga etapa no colexio falando e a maioria estabamos nerviosos.
Xa no salón de actos, púxenme aínda máis nervioso, ata que escoitei o meu nome. Tocábame en 1º ESO D. Nesta clase había moita xente coñecida, non só da etapa do colexio senón que tamén algunha que outra amizade.
Un pouco despois , estivemos coa titora na nosa aula e informounos das normas de clase.
E aquí remata a miña primeira presentación no IES Félix Muriel.
Sergio Somoza Tubío . 1º ESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-09-2014 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
XA REMATOU O VERÁN 2014... E NÓS VOLVEMOS
Ola a todos os e as estudantes!
Acabaron as festas da Guadalupe.
Xa rematou o verán e volve a hora de ir ás clases. É hora de comezar a madrugar e romper a cabeza pensando nos estudos e sobre todo nos malditos exames que nos poñen no instituto.
Tamén volvemos a abrir o equipo de Normalización que levaba pechado todo o verán; así todos os rapaces e rapazas poden vir anotarse e asistir ás actividades que facemos neste equipo.
Periodicamente iremos publicando noticias neste blog.
Non deixedes de seguirnos!!

TOFIK SANTIAGO GARRIDO 2ºESO C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 24-09-2014 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Sés, premio leixaprén 2014
O Equipo de normalización e dinamización da língua galega do IES Félix Muriel, em nome de todos os Equipos de normalización que conforman a Coordinadora Galega de Equipos, querémoslle dar os parabéns públicos a todas os propostos para o premio e tamén a todos e todas aquelas personalidades públicas que, malia aos prexuízos e a desprotección social que está a sufrir a nosa lingua, manteñen a dignidade de usar de xeito habitual a lingua propia dos galegos e sobre todo, felicitamos a Sés por ser a gañadora do premio Leixaprén 2014 que consiste nun diploma acreditativo e mais nunha fotografia que nos cede o artista plástico Álvaro Negro.

Os membros dos ENDL destacaron que Ses utiliza o galego na súa carreira artística como ferramenta instrumental, ao igual que o fai perante os medios de comunicación, charlas e manifestacións públicas, e ten defendido desde os palcos nos que actúa o valor e importancia do uso da nosa lingua.
Parabéns!!!!
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-06-2014 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0