ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

O primeiro bimestre no instituto

Uff, que rápido pasa o tempo .Dicir que chegaba aquí fai dous meses parece incrible. Dá a sensación de que aínda chegabamos onte ao centro , e xa pasaron dous meses dende a chegada desta nova xeneración de alumnos e alumnas. Nestes dous meses vivimos cousas divertidas e aburridas , dende coñecer novos amigos ata aprender novos idiomas tan bonitos como por exemplo o francés. Dous meses con bo pé na ESO, dous meses de adaptación para algúns aínda que para outros non. Foi un bimestre moi interesante.

Sergio Somoza Tubío 1º ESO D

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 10-11-2014 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
O Piragüismo
O piraüismo é un deporte moi duro aínda que moita xente diga que non. En piragüismo exercítanse as pernas,a cadeira, o tórax, brazos,etc.

As condicinós físicas teñen que ser moi boas xa que,aínda que chova ,vente ou trone hai que saír ao mar.

Normalmente , corremos unha hora, facemos ximnasio outra e remamos unha no inverno xa que non hai tempo para máis, porque hai que estudar , pero no verán remamos dúas cada día.

Tamén ten a súa parte boa xa que saes a coñecer mundo, por exemplo: Sevilla, Zamora, Aranxuez...
estes son algúns exmplos de lugares onde se fan campionatos de España. Logo, a aparte, tamén se vai ás regatas provinciais ou galegas, especialmente co club de piragüismo de Catoira.

Se te animas tes unha infinidade de piraguas ou canoas que probar.



Javier Ordoñez Muñiz 1ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 06-11-2014 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
O concerto
O pasado domingo, fun A Coruña, no palacio da Ópera, a escoitar a Banda Muicipal de Musica da Coruña. Foi un gran concerto, e ademais estuvo Adrian Pais Abuín tocando de solísta ca Banda.Adrian, un dos mellores saxofonistas de España, pero o mellor e que é daqui, de Asados(Rianxo).
Seguro que moitos de vós non saberedes quen é pero...deberíades escoitalo, por que mereceo.

Disfrutade como disfrutín eu da sua música.

Saludos a todos os músico e tamén os que non o sean.





Ricardo 1ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 31-10-2014 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
No Samaín reivindicamos a nosa lingua e a nosa cultura
Preparamos o Samaín durante as semanas pasadas e hoxe por fin deixamos todo listo.
Pintamos cartaces co lema "A nosa lingua viva máis alá da morte" e preparamos os epitafios para unha lápidas algo particulares... Colgamos todo nos dous edificios e quedou unha exposición "diferente".
Aquí queda a lembranza dos nosos preparativos:

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 31-10-2014 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
A miña primeira experiencia no Judo
O mércores 22 de outubro , na clase de educación física , tivemos a honra de poder adquirir unha clase de judo co mestre Sergi.
Comezamos cun quentamento , facendo flexións ,sentadillas,...,aínda que anteriormente fixemos un xogo de reflexos.Foi divertido.
Máis tarde fixemos volteretas e tamén aprendemos a inmobilizar.
Xa ao final saudamos ao profesor e démoslle as grazas polos coñecementos aprendidos.
Logo , fixo publicidade das súas clases en Boiro e A Pobra e tamén nos preguntou se nos gustara e nós dixémoslle que si.
Ao final deunos a todo o alumnado un diploma que somos cinturón branco de judo.

Sergio Somoza Tubío 1ºESO D
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-10-2014 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
UN SAMAÍN POUCO NORMAL
O Samaín
Nunha vila moi pequena no interior de Galicia un neno de doce anos chamado Martín, descubriu un horrible segredo , os pais que tiña non eran os seus verdadeiros pais senón uns alieníxenas que viñan invadir o planeta Terra. Tanto medo tiña o rapaz que saiu correndo para a súa habitación a fume de carozo.Logo tentou pensar no que pasara con tal de poñer todo no seu sitio. Ao dia seguinte, estivo toda a mañá tentando averiguar que facían os que el pensaba que eran os seus pais. Logo chegou a hora de xantar. El chegou a imaxinar que o ían comer, e sen pensalo, colleu o prato coa comida e agachouse no armario a comer. O problema era que dalgún xeito tería que levar o prato á cociña e tentar que “os seus pais” non o visen. Conseguiuno pero desgraciadamente cando se dou a volta....había un pato de goma xigante. Case mexa polos pantalóns. Aliviado de que fora un pato foi para a sala de estar e a través da porta escoitou falar a aqueles seres nunha lingua moi rara. Para averiguar que dicían mirou polo buraco da chave e veu que un olograma saía dun aparato redondo que flotaba no ar. De alí saía un monstro con tentáculos que falaba nunha lingua moi rara , e afortunadamente dixo unhas palabras no idioma no que falaba Martín. Conseguiu escoitar “imos invadir o planeta Terra”. Entón foi avisar á NASA para tentar frear invasión alienixena. E unha vez alí explicoulles o que estaba pasando e tomaron as medidas necesarias. Puxeron a punto os tanques, arranxaron os helicópteros e adiestraron cans capaces de matar a calquera cousa . E en canto se equiparon saíron na busqueda dos alieníxenas . Buscáronos por tódolos recunchos da Terra e non pararon ata atopar onde se agochava o exército alieníxena. Logo de varios días de busqueda descubriron que a súa nave espacial estaba transformada nunha casa. Entraron na “casa”e cando o fixeron encerráronos no prato voante e comenzaron a invasión. Todo foi unha catástrofe mundial, destruíron edificios, exterminaron humanos e sorprendentemente conseguiron saír do platillo boante e comenzaron a destruir as naves alienixenas.Pouco a pouco foron destruindo as naves ata que so quedou Martín e el foi O ULTIMO SUPERVIVENTE

Brais Aido Rey 1ºESO B
Categoría: Cousas - Publicado o 29-10-2014 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
O ATLETISMO.
Moita xente cre que o atletismo nada máis é correr pero non é así, tamén hai saltos, lanzamentos, e marcha e ademais das carreiras.
A miña especialidade é a marcha atlética .
Non é andar porque pódente descalificar se o fas,
xa que non podes dobrar os xeonllos nin podes ir botando,senón que debes levar os pés pegados ao chan e os xeonllos ríxidos

FIN


ELIO BUELTA OTERO 1ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 28-10-2014 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Un terrible SAMAÍN
Un 21 de outubro de 2048 apareceu unha cabaza xigantesca cun sabor e alento horribles que a todos os que lles botaba o alento ou aos que a mordían deixábaos a medio morrer e aterrorizados e os bebes choraban co medo.
A cabaza non tiña piedade con ninguén,destruíao todo.
Un valente intentou matala e salvar o SAMAÍN,pero fracasou,tiveron que vir os militares,as forzas aéreas,tanques blindado;os exércitos e soldados de todo o planeta TERRA non puideron arranxar o caos.
No ano 2100 xa morreran a metade dos humanos e a cabaza estaba xa tan cansada que por fin acabaron con ela despois de case cincuenta e dous anos de loita e puideron salvar o SAMAÍN para sempre.

FIN

Alberto Ordóñez 1ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 24-10-2014 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Un neno adoptado.
Hoxe vouvos a contar a historia dun neno adoptado:
Fai uns anos un neno foi adoptado pero antes diso pasou moitas aventuras.
Este neno agora ten 12 anos e vai en primeiro da
ESO B.
Agora vouvos contar todas as aventuras deste neno que naceu en Santiago.
Antes de chegar a Asados estivo nun centro de monxas en A Coruña cos seus irmáns, e de alí este neno non ten recordos.
Logo estivo noutro centro de monxas onde o pasou superben ata que foi adoptado, cando realmente foi moi feliz.
Pero foi algo triste tamén,porque non foron todos os seus irmáns para a mesma familia.
Un dos seus irmáns vive en Santiago e outro en
Ferrol e só se ven nos cumpreanos.
Esta historia é real, e pasoulle a Elio Buelta Otero.

ELIO BUELTA OTERO 1ºB
Categoría: Cousas - Publicado o 21-10-2014 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Os meus gustos e afeccións
Supoño que cada un de vos ten as súas afeccións.
Polo tanto,eu vouvos contar os meus gustos,para variar un pouco do que xa vos contei.
Eu considérome simpático,intelixente e guapo.
Gústanme moito os deportes,sobre todo o fútbol e o tenis.Tamén ler,xogar,cantar(aínda que canto fatal e dou moita pena porque desafino de máis),bailar(que tamén o fago penoso).
Hai moita xente que me considera de"cerebrito" aínda que eu non me considero así.
Estas son as miñas afeccións.

Sergio Somoza Tubío 1º ESO D
Categoría: Cousas - Publicado o 21-10-2014 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego