|
|
|
Concurso de felicitacións virtuais |
|
Cómpre participarmos todos: alumnado, profsorado e persoal non docente
Hai premio: vale na cafetaría do centro
Que temos que facer? Unha felicitación virtual para o Nadal e/ou o Ano novo.
Quedamos á espera da túa!
Bases:
1- Convócase un concurso de felicitacións virtuais que se poidan enviar por correo electrónico e/ou whastapp
2- Valorarase tanto o deseño da postal coma a mensaxe. Puntuará de maneira especial a creatividade.
3- Outorgaranse 3 premios (vales para consumir na cafetería), un para cada categoría:
a. Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO
b. Alumnado de 4º ESO e Bacharelato
c. Profesorado e persoal non docente
4- O xurado estará composto por profesorado e alumnado que forma parte do ENDL e que non participe na actividade.
5- Os traballos enviaranse a enl.felixmuriel@gmail.com en formato jpg (as que non teñan animación) e en formato gif (con animación).
6- Prazo: último día de recollida de traballos: 12 de decembro
7- O xurado queda capacitado para declarar desertos os premios no caso de que os traballos presentados non acaden a calidade suficiente.
|
|
|
|
TRONCO DE NADAL |
|
Ingredientes:
150 gramos de fariña.
190 gramos de azucre.
4 claras de ovo.
1 culleirada de azucre avainillado
150 gramos de manteiga.
350 gramos de puré de castaña.
2 culleiradas de ron.
2 culleiradas de cacao amargo.
300 gramos de chocolate fondant.
sal.
100 gramos de azucre glass.
froitas escarchadas para decorar.
PREPARACIÓN.
1-. Batemos 4 xemas de ovo con 150 gr de azucre ata que quede cremoso.
Engadimos despois o azucre avainillado, e derretemos 50 gr de manteiga.
Engadimos fariña e 40 gr de manteiga derretida. Batemos as claras de ovo a punto de neve e engadimos un pouquiño de sal á mestura.
2-. Vertemos a masa sobre unha fonte de forno forrada con papel de cociña.
Nivelámola e formamos un rectángulo. Prequentamos ó forno a 220 grados e cocemos masa durante uns 10 minutos. Humedecemos un pan de cociña limpo, colocámolo sobre a mesa da cociña e botamos enriba o biscoito, quitando o papel con coidado.
3-. Eliminamos o papel, e enrolamos o biscoito con axuda do pano formando un cilindro. Poñemos o rolo no frigorífico durante unha hora. Preparamos unha crema cunha xema de ovo, 50 gramos de manteiga mol, o resto do azucre, o ron, o cacao en po e o pùré de castañas. Sacmamos o rolo de biscoito do frigorífico, desenrolámolo e untamolo coa crema. Enrolamos de novo o biscoito e poñémolo no conxelador durante unha hora.
4-. Derretemos o chocolate en anacos ao baño María e unha vez arrefriado cubrimos o rolo de biscoito. Debuxamos cun garfo, a cortiza do tronco. Metémolo no frigorífico durante un mínimo de 2 horas. Por último adornamos o tronco con anacos de froitas escarchadas.
Ricardo Mosquera García 1ºESO B
Ismael Ordoñez Figueiro 1ºESO B |
|
|
|
Os símbolos do Nadal: o Belén e a estrela |
|
Neste artigo ímosvos contar o que aprendemos sobre uns elementos relacionados co Nadal.
O Belén é a representación do neno Xesús cando nace nun pesebre.Tradicionalmente aparece o neno Xesús, con Xosé, María, a mula e o boi.
O belén normalmente sóese colocar en decembro, e conservalo ata o 6 de xaneiro cos Reis Magos.
Non obstante podese poñer o día que se queira.
A Estrela que se coloca encima da árbore de Nadal representa a aquela estrela que guiou os reis ata Belen para ir ver a Xesús. Soe colocarse para adornar encima da árbore de Nadal.
Ricardo Mosquera García 1ºESO B
Brais Rodriguez Carou 2ºESO C |
|
|
|
O Acevro |
|
Vouvos falar dun adorno moi característico na decoración de Nadal.
Pódese chamar acevo, acivro ou acevro. Trátase dun arbusto de follas con pinchos que dá un froito vermello e que non e comestible. En Galiza hai moitos. O acevro é normal no Nadal e usábano xa os Romanos. Poñíano no inverno no seu cuarto para celebrar a honra de Saturno.
Brais Aido Rey (1ºESO B) |
|
|
|
Roscón de Reis |
|
Achégase o Nadal e comezamos a activar a sección de "Da xouba á sardiña: a nosa cociña" con receitas referidas ao Nadal.
Como o roscón é algo complicado poñémolo de primeiro para que vos dea tempo a todos/as a practicar. Sorte!
Ingredientes: fariña, manteiga, azucre, leite, lévedo prensado, ovos, sal, auga de flores de azar e froitas cristalizado.
Preparación: colócase fariña peneirada, leite, lévedo prensado e sal en
bol onde se elabora manualmente unha masa que logo se traslada a outro recipiente redondo que se cobre con papel de aluminio e se introduce no forno a 40 ó 50º durante hora e media, aproximadamente. Coa fariña peneirada restante mais o azucre, a manteiga branda, a auga de flores de azar e os ovos faise outra masa que se debe traballar ata conseguir que quede fina e correosa , e que se mesturará coa masa de lévedo que estivera no forno. A masa resultante ponse nun recipiente grande que se volve a cubrir con papel de aluminio e se introduce no forno a 40º durante outra hora, xa que o volume do doce deberá aumentar o dobre, pero evitando que a masa se cuartee por efectos da calor. Posteriormente, na bola de masa faise un burato central dándolle unha forma tradicional de anel e incrustando o ?regalo-sorpresa?, para logo pintar a superficie con ovo batido. Finalmente colócase azucre groso en catro puntos con améndoas trituradas e distintas froitas cristalizado como adorno, e déixase repousar media hora nun lugar suave mentres se quenta o forno a 200º durante 10 minutos para logo introducir nel a bandexa co roscón durante quince minutos en que se baixa a temperatura a 175º e se cociña durante outros 15 minutos. Cando o roscón suba no forno, nos últimos minutos, e para evitar que se queime, pódese cubrir con papel de aluminio.
Arancha (2º ESO)(receita inspirada na que aparece na web galiciadigital) |
|
|
|
Curtametraxes na biblioteca do instituto |
|
O martes 18 de novembro comezou no instituto a sesión de curtametraxes que se vai celebrar cada martes no segundo recreo.
A primeira curta titulábase Os defuntos falaban Castelao.
A min pareceume moi interesante. Eu recoméndolle a todo o alumnado que vaia os martes no segundo recreo á biblioteca a ver algunhas.
Sergio Somoza Tubío 1ºESO D
|
|
|
|
O galego nos cemiterios |
|
Nós, a xente que traballamos no Equipo de Normalizacion estivemos preparando unha exposición que tiña como lema "A nosa lingua viva máis alá da morte"
No xornal A voz de Galicia recolleron a nosa actividade e deron conta de como os chavales recreáramos un gran cemiterio.Escribímos sobre as "ficticias" lápidas con textos en galego extraídos dos seis camposantos do municipio.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2014/11/04/samain-atrapo-barbanzanos-edades/0003_201411B4C12991.htm
Brais Rodríguez, 2ºC |
|
|
|
Un Samain con Paco Nogueiras |
|
Son un gran admirador de Paco Nogueiras e deixovos un video do Samain para que o disfrutedes.
Por Brais Aido Rey 1ºESO B |
|
|
|
O magosto |
|
No noso IES, mañá día 14 de novembro celebramos o magosto. Durante esta semana na aula de Normalización estivemos traballando o léxico do magosto.
Investigamos na páxina: O PORTAL DAS PALABRAS.
Este traballo consistiu en recoller información sobre os termos que aparecen na páxina para facer carteis co significado, etimoloxía e exemplos. Hoxe a palabra que nos tocou foi o boleca que significa: Castaña que non se logrou e está oca, coa casca sen froito. Onte foi restrelo que significa: Castaña que se desprendeu por si soa do ourizo.
Vicente Cores Rañó
Damián Castro Lorenzo |
|
|
|
Os tres mellores adestradores de fútbol galegos |
|
Imos facer un ránking dos tres mellores adestradores de fútbol galegos
3.David Vidal .Adestrou a SD Compostela , entre outros equipos históricos da primeira división
2. Arsenio Iglesias . Adestrou o Deportivo durante 4 etapas entre 1971 e 1973 , entre o 1982 e o 1985 , entre o 1987 e 1989, e entre o 1990 e o 1995 , conseguindo nesta última etapa o subcampionato de liga.Tamén adestrou a Selección Galega entre o 2005 e o 2008
1.Fernando Vázquez . Adestrou o Celta , ao Compos , ao Depor e a Selección Galega entre outros equipos . Eu tiven o pracer de coñecelo.
Sergio Somoza Tubío 1ºESO D
|
|
|
|
|
|
|