ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Tráiovos unha noiticia | O castelo da lúa.
Veño de ler en "La voz de Galicia" unha noticia que me pareceu moi interesante, que quería compartir con vós.

Aproveitando o nome deste blog quería falarvos do que trata. Unha vez dito esto, empecemos:

Baixo o seguinte titular, "La recuperación del Castelo da Lúa estará lista en primavera" cóntanos, como xa supoño que vos déstedes conta, que se está a traballar para recuperar as ruinas e os resto arqueolóxicos que poida haber. Prevese que para a primavera de 2018, o O castelo da lúa, estará rehabilitado. A noticia tamén nos informa de que o proxecto, xa está posto en marcha e que están empezando cunhas tarefas iniciais.

Dende o insituto, consideramos que é unha boa noticia porque moitas veces visitamos este lugar ligado á historia e literatura do pobo.

Para ler máis sobre a noticia deixo aquí o enlace.


Gabriel Figueira Núñez.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 13-11-2017 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Charla de Cibrán Arxibai
Mañá, venres 3 de novembro, véspera do Día da ciencia en galego, vai vir ao noso centro Cibrán Arxibai. El é profesor de matemáticas nun instituto da Estrada.
Moi famoso polo seu blog Carta xeométrica, onde di que como vítima da inmersión lingüística en español non ten grandes coñecementos respecto da lingua galega, porén ten ollos e oídos.

E tanto, porque Cibrán é unha das voces máis informada e activa da resistencia en favor do uso da lingua galega nas materias tecno-científicas. Ao tempo, é un imprescindíbel observador e analista da nosa realidade sociolingüística.

Sabela e Celia (1º ESO A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 02-11-2017 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
RECREOS MUSICAIS
Ola!
Somos Pedro e Raúl e queremos compartir con vós que visitamos o local de normalización lingüíistica do I.E.S. Felix Muriel. Alí estivemos escoitando música dos Herdeiros da crus. Gustounos moito e pasámolo ben.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 25-10-2017 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
A MIÑA IDEA DO GALEGO

Por máis que a cultura castelá e mesmo a inglesa se nos introduzan cada vez máis no galego, aínda hai músicas galegas moi famosas como:

-AÍ VEN,O MAIO,de Luís E.Batallán.

-A RIANXEIRA,con moitas versións como a de Dulce Pontes,Carlos Núñez e The Chieftains.

-O MUÍÑO´de Astarot.

-A CAROLINA, de Fuxan os ventos.etc....

Como podedes observar hai músicas galegas, que aínda que sexan moi famosas, pouco a pouco desaparecen da nosa memoria. Isto débese, a que o castelán se está introducindo cada vez máis na nosa cultura.Tamén o podemos apreciar na nosa lingua.

Se seguimos así o galego desaparecerá, cousa que é moi triste, porque a nosa lingua, que estivo con nós dende toda a vida, que conta toda a nosa historia, e pola que loitamos en tantas ocasións, pode desaparecer. Pensar iso é como se perderamos todo, como se non tiveramos nada, e o peor de todo é que nin nos damos conta do que está pasando. Por iso é necesario que todos colaboremos no regreso da lingua galega, dá igual como;falando o galego,lendo en galego, escoitando música galega...
Eu aínda non sei moito sobre o galego, pero xa me dei conta de que é unha lingua preciosa, por iso te animo a falar galego.Non o abandones

Sabela Loureiro Coto (1-A E.S.O)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 25-10-2017 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Achégase o samaín.

Achégase o samaín.

Dende xa hai tempo, o Samaín era celebrado en Galiza. Esta festa de orixe celta, tanto galega como do norte de Portugal é unha festividade onde se abrían as portas deste mundo e do outro (o dos mortos), dándolla á xente a posibilidade de reunirse cos seus defuntos.

Nesta festividade típica de Galiza dise que os mortos volven durante un día, á casa dos seus familiares para buscar comida e refuxio.

Este día é celebrado entre o 31 de outubro e o 1 de novembro, e moitas casas están decoradas con cabazas baleiradas e iluminadas.

Gabriel Figueira Núñez.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 23-10-2017 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Inicio do blog | 2017
Ola a todos e benvidos ao Castelo da lúa.

Hoxe estreo o blog neste ano, e espero que moitos de vós, vos animedes a seguilo, e ver o que se vai publicando nel xa que se poden atopar cousas moi interesantes.

Este ano, empezamos normalización con moita forza, e varios proxectos como a charla de presentación do ENDL ao novo alumnado de primeiro de ESO ou a actividade; "Escoita música en Galego". Se estás no instituto, podes vir ao local cuns auriculares e disfrutar da música que está publicada en "Rianxo Fala".

Ademais das actividades que xa vos contei, hai e haberá outras que poden ser do voso interese. Vós tamén podedes facer as vosas propostas. Así que animámosvos a participar.

Un saúdo.


Gabriel Figueira Núñez 1ºBach A.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 20-10-2017 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
O final deste curso....

Esta semana pechamos este curso 2016-17.Para min foi un dos cursos máis complicados que tiven, en canto a nivel de traballo, esforzo e a novos contidos dados na maioría de materias.
Durante esta semana teremos diferentes actividades para rematar o curso escolar.Algunhas destas son: final TEI 2016-17 entre o alumnado de 1ºESO e 3ºESO, conferencias, saídas culturais ...
Desexámosvos a tod@s bo verán e vémonos á volta.

Sergio Somoza Tubío 3ºESO-F
Categoría: Cousas - Publicado o 21-06-2017 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Intercambio co alumnado de Bande en Rianxo
Este pasado venres 2 de maio, tivemos unha visita do alumnado de Bande, o cal veu a Rianxo durante seis horas onde, se lle ensinaron lugares de Rianxo. Na praia da Torre estivemos practicando xuntos xogos populares. Se queres saber máis pincha neste enlace da revista.


Gabriel Figueira Núñez 4ºC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 20-06-2017 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Lingua minoritaria de Núñez Singala.
Aínda que o galego sexa unha lingua minoritaria, hai moitísimas máis as cais están en peor estado.

Aquí vos deixo un vídeo de Núñez Singala no cal nos ofrece uns datos moi intersenantessobre a situación da lingua galega a nivel global.

Vídeo.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-06-2017 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Hai xente que pensa que o galego está normalizado.
Ola, hoxe escribo pola única razón de dar a coñecer algún que outro dato para a xente que pensa que o galego está normalizado. Pese a que me gustaría que isto fose real, non o é.

Atopei estas informacións que me resultaron abraiantes, por iso as comparto con vós.

Primeiro enlace

Segundo enlace

Se as consultades espero que vos resulte interesante. Tamén podedes compartir con nós a vosa opinión.

Gabriel Figueira Núñez.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 26-05-2017 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego