ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Reflexións no currículo de OCDSB (Ontario, Canadá) |
|
 ?Non hai estudantes 10, hai só actuacións 10?
?O noso reto é que cada estudante sexa único, e cada un debe ter oportunidades para acadar o éxito de acordo cos seus propios intereses, habilidades e metas?
?A ninguén lle sorprende que unha persoa vaia varias veces a examinarse para sacar o carnet de conducir. Ao contrario, preferimos que repita o exame varias veces ata que demostre que sabe conducir. Do mesmo xeito, cando logros e competencias son as metas do proceso de ensino-aprendizaxe, suspender non debe ser unha opción?
?Moitos pensan que permitir repetir as tarefas para a avaliación unha e outra vez non é preparar para a vida real; pois ben, hai que dicir que un piloto si debería ter repetido a práctica de aterrizaxe non unha, nin dúas, senón cen veces no simulador de voo na academia. As clases representan o simulador de voo?.
?As avaliacións e tarefas deben preparar ao alumnado para entrar no mundo exterior, pero non son o mundo exterior. É máis, na vida real a xente ten máis dunha oportunidade para demostrar a súa competencia. Ningún profesor é despedido por dar unha mala clase. De feito, moitas aprendizaxes proceden dos erros?.
?success for all? (éxito para todos)
Aquí vos quedan, a ver que opinades! |
|
|
|
Programa PIALE: estancia formativa en Canadá |
|
Do 11 de Novembro ao 9 de Decembro, a profesora Pilar Pérez tivo a oportunidade de coñecer o funcionamento do Lisgar Collegiate Institute, un instituto de Secundaria (ou High School) con sede en Ottawa, no marco do programa PIALE da Xunta de Galicia.
A pesar das diferenzas culturais da súa poboación, no eido educativo, Canadá posúe un dos sistemas educativos mellor valorados do mundo, xa que ofrece numerosas oportunidades de desenvolvemento profesional e persoal.
A organización do alumnado nas clases non é por grupos senón por materias. Cada materia impártese nunha aula fixa á que vai o alumnado matriculado nela. Estudan catro materias por semestre de xeito intensivo, oito por ano académico, existindo unha gran variedade de materias optativas. O alumnado adica tempo ao voluntariado, e para graduarse son precisas 40 horas neste ámbito (Community Involvement Activities).
Os colexios son espazos abertos, sen reixas. O profesorado non acostuma a rifar ao alumnado e promóvense o respecto e a responsabilidade.
A profesora asegura que a experiencia foi moi positiva.
Tedes unha ligazón a unha presentación de Canadá e o seu sistema educativo en RECOMENDAMOS... se queredes saber máis. |
|
|
|
TANXUGUEIRAS |
|
As Tanxugueiras son un trío de pandereteiras galegas, formado por: Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro.
A pesar de comezar hai pouco, e publicar o seu primeiro disco o ano pasado (chamado Tanxugueiras), xa gañaron con este, o premio MIN de discos en galego 2018.
Nós recomendámosvos que escoitedes algunha das súas cantigas, pois non se ciñen ao prototipo de música tradicional e son moi dinámicas.
Antía Lamas Súarez
Iria Iglesias Franco
2ºESO C
|
|
|
|
O APALPADOR |
|
Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galicia xa habitaba a figura do Apalpador.
O Apalpador é un xigante gordullón de profesión carboeiro que vive nas serras do Courel, e fuma unha pipa. Viste unha boina, ten unha barba loura e sempre anda cunha chaqueta e un pantalón cheos de remendos.
Conta a lenda que o Apalpador abandona as montañas, para baixar ata as aldeas e entrar sixilosamente nas habitacións das criaturas pequechas da casa. O seu obxectivo, é palparlle as barrigas para ver se estaban ben alimentadas, e comprobar se comeran o suficiente durante o ano, deixándolles un puñadiño de castañas como agasallo. Se ademais foron bos, tamén lles deixaría un xoguete para desexarlles un feliz Nadal.
Actualmente o Apalpador, foi dalgunha maneira substituído pola figura de Papá Noel, pero dende os concellos fanse actividades normalizadoras para que non nos olvidemos da existencia deste xigante.
Nós sumámonos a esta iniciativa propoñéndovos a seguinte actividade. Dille á túa familia que che cante esta cantiga tradicional antes da chegada do Apalpador:
Vaite logo meu meniño/miña meniña,
marcha agora para a camiña,
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barrigiña.
Xa chegou o día grande
día do noso señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela comba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
Antía Lamas Suárez
Iria Iglesisas Franco
2º E.S.O C
|
|
|
|
A oposición de dúas cores |
|
 Dende o I.E.S Félix Muriel, non nos quedamos quietos fronte á violencia de xénero. No centro fixéronse varios carteis e actividades, como por exemplo: que o luns todos fóramos ao centro vestidos de negro, a fala deste día no programa da radio, ou unha exposición de frases na entrada. Esta última vai ser na que nos centremos nesta redacción.
A principios de semana, colocouse na entrada do instituto unha exposición, que a simple vista, parecía un tendedeiro con carteis colgados. Pero este escondía moito máis:
-O reparto do espazo.
Claramente este tendedeiro tiña o espazo dividido en dúas partes totalmente opostas. A primeira (a máis agradable á vista, e coa que todos deberíamos estar de acordo) defendía, sen lugar a dúbidas a igualdade entre homes e mulleres . Nestes carteis había citas, de homes de todos os tempos que defendían esta idea.
Na outra parte ( que tiña ideas erróneas) atopábamos enunciados machistas de homes que pensen ou pansaban, que o home é por natureza superior a muller.
Vemos entón que o tendedeiro estaba dividido en dúas posicións enfrontadas, coas que nos atopamos na vida real.
-Dúas cores.
Para que estas ideas quedaran aínda máis claras, a división do espazo estaba acompañada por dúas cores representativas.
Coa defensa do feminismo, como non, os carteis eran de cor violeta (a cor representativa desta ideoloxía). Que esta cor sexa o símbolo do feminismo, remontase ao 1.911. Cando 146 mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil puxeron en marcha un folga, e o xefe destas decidiu plantarlle lume ao edifidio con elas dentro, o que provocou a morte de todas elas calcinadas. Estas mulleres fabricaban camisetas de cor violeta, dise que o fume que desprendía a fábrica era violeta, desde aquela o violeta esconde máis que un simple tono.
Na segunda parte, atopábamos a cor negra. Esta representa o misteio, a morte, a escuridade, a tristeza e un sin fin de cousas negativas. O negro non precisa de máis explicación, simplemente o asociamos co machismo por que é algo negativo.
Nos pensamos que facer estas cousas dende o centro, conciéncianos (polo menos ás persoas que nos molestamos en lelo) do que está pasando no mundo, por que ás veces evitamos pensar polo que teñen que pasar moitas mulleras aínda a día de hoxe.
Ademais aprendemos novos puntos de vista arredor des situación, porque ás veces estamos tan seguros de que temos a razón, e simplemente fai falta escoitar outra perspectiva para que nos demos conta de que estábamos equivocados. O mellor se todos o fixéramos, poderíamos vivir nun mundo mellor, sen desigualdades,sen inxustizas.
Antía Lamas Suárez 2º ESO C
Iria Iglesias Franco 2º ESO C |
|
|
|
Páxinas, aplicacións e outros produtos en galego. |
|
O outro día estaba mirando páxinas web en galego e de alí a un pouco atopei unha que me gustou especialmente.
Esta páxina que por certo, está totalmente en galego, ensínanos páxinas, buscadores, aplicacións, e produtos electrónicos en galego. Ademais diso tamén nos deixa unha pequena descrición da páxina ou produto que sexa que esteamos vendo, de modo que saibamos cal é o produto ou de que trata. Obviamente a páxina non contén todos os produtos que están en galego, (por exemplo scratch), pero si unha gran recopilación de moitos deles, cousa que non é doada de facer. Así mesmo engade tamén unha breve descrición, que a fai unha páxina digna de ver e ser comentada.
Non vos conto máis. Se tedes curiosidade ou vos apetece, o mellor é consultala.
Se desexas visitala déixoche aquí o enlance ó cal podes aceder facendo click nesta frase. |
|
|
|
A violencia machista na nosa contorna |
|
Violencia machista na nosa contorna
Hoxe en día é moi frecuente atoparse con algún caso de violencia machista, posto que está en todos os ámbitos da nosa vida cotiá. A moitas persoas parécelles unha broma pero é algo máis que iso. é un tema moi serio, no que poderíamos estar todas implicadas, posto que se trata dunha violencia do home cara á muller.
Moitas mulleres temen saír á rúa por medo a ser violadas ou agredidas, por outras persoas e aínda que isto é máis frecuente dentro de todo iso atópanse os micromachismos, que son pequenos machismos que non notamos, pero están aí.
Todas as persoas implicadas deberían denunciar os feitos e contalos, porque se non o solucionamos isto podería ir a máis e converterse en unha cousa moito peor.
Noa Piñeiro e Laura Vicente. 2º ESO D. |
|
|
|
EDLG |
|
Ola!!
Hoxe estivemos no local do Equipo de Normalización Lingüística e pasámolo moi ben escoitando música galega. Igual que nós desfrutamos moito con esta actividade. Tamén vós o podedes facer e por iso vola recomendamos.
Tamén hai xogos cos que pasar un momento entretido.
Visitade o local
Saúdos cordiais |
|
|
|
CHARLA-OBRADOIRO ?FÁLAME MOITO E BEN? |
|
 O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo organiza unha nova actividade formativa destinada ás familias con crianzas de 0 a 6 anos e a persoas coidadoras e docentes, incluída no programa Apego de dinamización lingüística da primeira infancia. Co título Fálame moito, fálame ben vaise desenvolver unha charla-obradoiro na que se falará da estimulación de bebés para a adquisición da linguaxe. O obradoiro será desenvolvido pola psicóloga especialista en familia, Raquel Vello Varela, integrante do equipo Oikos (espazo de emocións, desenvolvemento e saúde). Incluirá diversos temas relacionados coa adquisición da linguaxe e pautas para a súa estimulación: cando e como estimular a fala das crianzas e como falarlles, a estimulación da linguaxe cando conviven dúas linguas, diferencias entre linguaxe falada e signada, fases da adquisición da linguaxe e identificación de atrasos da fala, e diversos recursos como xogos, cancións e materiais.
A actividade é de balde e desenvolverase o vindeiro sábado 2 de decembro, ás 11.00 h, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, cunha duración estimada entre 90 e 120 minutos.
Para participar cómpre inscribirse no SNL do Concello de Rianxo (planta baixa do antigo xulgado), a través do correo electrónico normalizacion@concelloderianxo.gal ou nos teléfonos 664188084 ou 981860075, ata o 1 de decembro.
Rianxo, 27 de novembro de 2017 |
|
|
|
Soledad Felloza no noso IES |
|
 Na mañá deste venres 24 de novembro celebraranse dúas contadas da actriz, escritora e fotógrafa uruguaia, Soledad Felloza , unha para 1º da ESO (11,20) e outra para alumnado de 4º ESO (12,30h).
Baixo o título O comezo do mundo vai ofrecer unha selección de contos e historias de mulleres, baseadas en mulleres ou que teñen un fío condutor común na orixe do ser humano e no valor da palabra.
Esta actividade pódese ofrecer grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. A actividade pretende achegar o valor da oralidade ao alumnado rianxeiro, precisamente da man dunha muller (cando se celebra a semana en contra da violencia de xénero), que ademais é de fóra de Galicia pero que ao vivir na nosa terra asumiu a lingua do país como propia e que desenvolve unha parte importante do seu traballo en galego.
A lingua galega vai ser a ferramenta que axudará a reflexionar sobre a nosa vida e a rirnos de nós mesmos, pero tamén tratará, dende ópticas diversas, diferentes aspectos da sociedade, entre eles a discriminación e a violencia contra as mulleres, a tradición oral, a necesidade de comunicarnos e de respectarnos para vivir en sociedade, e o valor que ten a nosa lingua propia como parte fundamental do noso patrimonio. |
|
|
|
|
|
|
|
|