ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

VIII Certame Literario “A Caramiña”
Convocatoria do Certame A CaramiñaO IES de Pobra do Caramiñal convoca un ano máis o VII Certame Literario “A Caramiña”, na modalidade de relatos de intriga, co fin de incentivar a creación literaria en lingua galega.

Este certame está dirixido ao alumnado de Ensino Secundario Obrigatorio e Postobrigatorio que curse estudos no presente ano académico 2010/2011 na comarca do Barbanza (A Pobra, Riveira, Boiro, Rianxo, Noia, Lousame e Porto do Son).

O certame escindirase en tres categorías. a categoría Gamela, para 1º e 2º da ESO; a categoría Dorna, para 3º e 4º da ESO; e a categoría Paquebote, para o alumnado de Bacherelato e Ciclos Formativos.

Deberá ser un relato curto de intriga, escrito en lingua galega e cunha extensión máxima de cinco folios.

No tocante á presentación, os aspirantes enviarán o orixinal e catro copias da obra, que ha de ser orixinal, inédita e non premiada noutros concursos. Presentarase en tamaño folio DIN A4, con tipo de letra Arial, tamaño 11 ou 12, a dobre espazo, impresos por unha soa cara, debidadmente grampadas ou encadernadas. En cada traballo figurará un pseudónimo ou lema en lugar do nome real do autor ou autora, así como a categoría en que concursa. Os datos persoais (nome, idade, enderezo, teléfono, curso e centro onde cursa estudos) deberán ser introducidos nun sobre pechado que acompañará os traballos, e levará escrito no exterior o pseudónimo e o título da obra.

A data límite de presentación das obras será o mércores 11 de maio de 2011, e han de ser enviadas ao seguinte enderezo:

Concurso Literario A Caramiña
I.E.S. de A Pobra do Caramiñal
Xobre- Maño, sin. 15940, A P
obra do Caramiñal.


A contía dos premios será:
- Categoría Gamela: 120 euros.
- Categoría Dorna: 150 euros.
- Categoría Paquebote: 180 euros.

O Xurado estará constituído por cinco membros da Comunidade Escolar do I.E.S. da Pobra do Caramiñal. Se na opinión do Xurado a calidade das obras así o requerise, poderá outorgarse algún accésit ou deixar os premios desertos. Correspóndelle ao Xurado a interpretación das presentes bases, as cales, xunto co fallo, serán inapelables.

O fallo do xurado darase a coñecer o luns 16 de maio a través da revista A Tabarra dixital, onde serán tamén publicados:

http://atabarradixital.blogaliza.org


Animádevos a participar!

Roberto Bolaño Amigo, 2ºbach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-04-2011 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego