ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Edición XVIII do Certame Literario Cambre 2011
Infórmovos de que os equipos de Normalización Lingüística e os Departamentos de Lingua Galega e Literatura dos dous institutos de Cambre convocan a XVIII edición do Certame Literario Cambre 2011.

Poderá participar neste Certame calquera moza/o de idades comprendidas entre os 12 e 26 nas diversas categorías en que está divido o certame.

Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: poesía e narración breve. En poesía presentaranse tres poemas como mínimo de tema e formas libres. En narración breve a extensión máxima será de cinco DIN-A4 e tema libre.

Os textos presentados teñen que estar escritos en galego e deben ser orixinais e inéditos.

Serán escritos a ordenador, en tamaño DIN-A4, o tamaño da letra será 12 e por unha soa cara. Deberán numerarse as páxinas e non estar asinados.

Entregarase o orixinal e catro copias nun sobre no que poña, XVIII CERTAME LITERARIO, o lema ou pseudónimo do autor/a, a categoría á que pertenzas segundo a idade e a modalidade. Con cada traballo irá adxuntado un sobre pechado no que por fóra deberán figurar os mesmos datos e no interior unha fotocopia do DNI, a ficha de inscripción cuberta e asinada que contén ademais os datos de teléfono, correo electrónico e o nome do centro no que estuda ou traballa.

Os traballos presentaranse persoalmente nas administracións dos institutos ou enviaranse por correo ao seguinte enderezo:
Concello de Cambre- Área de Cultura e Contratación
Adro, 1-15660 Cambre

Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado pode declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos. O importe dos premios dependerá da categoría segundo a idade. O mínimo son 170€ e como máximo 400€.

Aos premios practicaránselles as retencións legalmente establecidas.

A composición do xurado darase a coñecer no acto de entrega de premios que será o venres 27 de maio de 2011, ás 12:30h.

Os traballos non premiados poderán ser solicitados polos seus autores ata un mes despois e os que non sexan reclamados serán destruídos.

O xurado e a organización do Certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido nas presentes bases.

A data límite de entrega será o venres 29 de abril de 2011.

Animádevos a participar!

Virginia 2º Bach. C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-04-2011 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego