ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Máis mulleres na Real Academia Galega.
Unha noticia atopada no xornal dixital elpais.com. infórmanos sobre a situación reivindicativa que se está xerando na Real Academia Galega (RAG). Esta situación vén dada debido á escaseza de mulleres nesta institución posto que de trinta persoas que forman parte da Academia só tres son do xénero feminino ademais de que xurdiron novos postos e algún deles xa foron dados a homes.
Francisca Herrera Garrido foi a primeira muller en ingresar na RAG, poñendo como figura central no seu discurso de ingreso a Rosalía de Castro. Neste texto, enumeraba os tópicos recorrentes na lectura da poeta. Hai que dicir que Francisca entrou na RAG despois de que pasasen trinta e nove anos da formación desta. Penso que Herrera Garrido conta con méritos para formar parte desta institución posto que é a autora da primeira novela e ensaio de creación feminina galega, segundo puiden saber.
A esta séguelle Olga Gallego, que entrou catro décadas despois como bibliotecaria da Real Academia Galega e estivo exercendo este posto ata a súa morte.
Ante esta situación, Dolores Vilavedra, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, propón que as próximas vacantes que se ofertan sexan ocupadas por mulleres. Para darlle fortalecemento á súa idea, esta levou a cabo unha iniciativa chamada “O xogo das Cadeiras”, coa que se reclama máis presenza feminina na RAG.
Isto vén dado debido a que se ofertaron catro vacantes, das cales dúas foron xa novamente asignadas a homes; Henrique Monteagudo e Xosé L. Regueira.
Margarita Ledo Andión admite que son poucas mulleres e que é considerábel o predominio das vacantes cubertas por varóns, polo que apoia esta nova iniciativa.
Margarida Ledo, pola súa banda, afirma que as orixes disto veñen de atrás, da historia desta institución, posto que as academias eran reunión de connaiseurs, e estes eran homes, polo que hai razón históricas e sociais que explican o baixo número de mulleres. Isto non é de todo certo posto que, se nos informamos na historia da Real Academia Galega, podemos descubrir que o precedente da Real Academia Galega foi a Comisión Xestora , a cal foi promovida por Emilia Pardo Bazán co chamado “Folklore Gallego”, no cal se recollía, arquivaba e interpretaban as preocupacións, supersticións, crenzas, tradicións e contos que o adianto das sociedades e a man niveladora da civilización ían extinguindo e borrando.
Ademais, cabe citar que é outra muller, Rosalía de Castro, a que comeza a historia da literatura galega contemporánea, sendo ela mesma a autora do primeiro libro galego, Cantares Gallegos.
Por outra banda, Axeitos, secretario da Academia afirma que a galega é a academia hispánica con maior representación feminina e lembra que antes da G. Civil había dezaseis académicas correspondentes e que a problemática é debatida no interior da constitución.
Hai que dicir desafortunadamente tamén que esta escaseza se dá en outras institucións como o Instituto d´Estudis Catalans, a academia vasca e mesmo a Real Academia Española.
Persoalmente creo que esta situación debe mudar cara a unha maior presenza das mulleres, para así acadar unha situación que tenda á igualdade xa que hoxe en día as mulleres teñen unha presenza na sociedade semellante aos homes polo que as institucións como a Real Academia Galega non debería ser unha excepción.
Mentres tanto, “O xogo das cadeiras” está aberto para recoller sinaturas de homes, contando co apoio do PSdeG.

Cristina P. 2º bach.
historia da RAG
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 12-04-2011 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego