ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Escritoras galegas reinvindican máis postos na Real Academia Galega
Veño de ler unha noticia na que se informa do número de mulleres que están actualmente e que estiveron nun pasado na RAG (Real Academia Galega).

A primeira muller en entrar na RAG foi Herrera Garrido, trinta e nove anos despois da súa fundación. No seu discurso de ingreso, feito en castelán (que non lle encontro moito sentido), menciona a figura de Rosalía de Castro. Para o ingreso da segunda muller na Academia tiveron que pasar catro décadas!

Das catro cadeiras baleiras da academia, dúas xa foron asignadas, a homes…

O presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, non fai comentarios ao respecto e é Margarita Ledo, a que intenta buscar unha explicación a por que o número de mulleres é inferior ao de homes botando man da historia na que recoñece que as Academias eran reunións de connaiseurs, e estes eran homes, polo que hai razóns históricas e sociais para explicar a escasa presenza de figuras femininas na Academia.

Pero isto, non só ocorre na RAG, senón que tamén no Institut d'Estudis Catalans, non hai gran número de mulleres, tan só seis, de trinta e oito membros que son. Na academia vasca, Euskaltzandia, catro de trinta e na Real Academia Española tampouco hai moitas máis figuras femininas, cinco de corenta e dous.

Axeitos matiza, aínda que non como xustificación que a RAG é unha das academias con máis presenza feminina e que é preciso recoñecer a achega intelectual das mulleres e que adquiran maior visibilidade.

Como explicou Dolores Vilavedra, profesora da USC, a resposta ideal é que as próximas vacantes sexan ocupadas por mulleres.


Virginia 2º Bach.



e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 11-04-2011 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego