ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

As reclamacións lingüísticas ao Defensor del Pueblo
Estes últimos días vense de publicar o informe de actividade do Defensor del Pueblo do ano 2010. Nel recóllese un apartado específico para as queixas sobre os incumprimentos da "cooficialidade lingüística", sobre todo en Cataluña e Galicia.
Respecto á nosa comunidade, a maioría das queixas oriéntanse cara ao abusivo uso do castelán. Por exemplo, denunciouse a falta de certos impresos en galego na Axencia Estatal da Administración Tributaria de Ourense, e neste caso alegáronse motivos de aforro. Pero tamén existen denuncias cara ao feito contrario. Un exemplo disto é a reclamación pola ausencia do castelán na web da Consellería de Traballo, pero coa gran diferencia de que esta páxina tamén ten a opción da tradución automática e a razón pola que está unicamente redactada en galego é a tentativa de normalizar os usos lingüísticos en ámbitos de escaso uso previo.
Con estas queixas queda reflectido o longo camiño que queda para acadar a normalización lingüística de Galicia e do galego.

Celeste Campaña 2º Bach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 12-04-2011 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego