ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

A Política Lingüística aposta polos Celga en líña para o galego
Seica a Secretaria Xeral de Política Lingüística iniciou uns cursos en liña para as probas de certificación de lingua galega (CELGA). Esta proposta é moi interesante porque permite que xente adulta, que xa non está en idade escolar, poida aprender o galego (moitos deles nunca o estudaron). O máis novidoso desta noticia é que este cursos para obter o CELGA xa se poden facer en liña, apreveitando as novas tecnoloxías, e isto vai axudar a un mellor desenvolvemento da lingua.

Desde o meu punto de vista, a Secretaría Xeral de Política Lingüística tivo outra gran iniciativa ao completar a oferta de formación e crear un Curso de linguaxe administrativa en galego. Estes cursos deberían ser máis abondosos porque supoñen un gran avance para a lingua e para todos os que nos acheguemos ou nos relacionemos coa administración pública.
Estas propostas son as que fan falta para que a nosa lingua sexa verdadeiramente cooficial e ocupe o lugar que ten que ter como lingua da Administración.

Alba Moares (2º Bac. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 16-04-2011 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego