ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

LASAÑA DE COCIDO
Do receitario "para repañar o prato!" de SOGAMA

CANTIDADES E INGREDIENTES:

• 200 gr. Xarrete de tenreira dun cocido.
• 80 gr. Lacón dun cocido.
• 1/2 und. Chourizo dun cocido.
• 80 gr. Falda de tenreira.
• 1/2 und. Zanco de polo dun cocido.
• 40 gr. Touciño entrefebrado dun cocido.
• 1 manoxo. Grelos dun cocido.
• 1 litro. Bechamel.
• 12 placas. Lasaña.
• 40 gr. Queixo relado.
• 1,5 dl. Salsa de tomate.
• c/s. Manteiga.
• c/s. Sal, pementa branca e noz moscada.
c/s: cantidade suficiente

ELABORACIÓN:
• Cocer as placas de lasaña en auga salgada e cun pouco de aceite. Escoar, refrescar e colocar sobre panos húmidos. Reservar.

• Dividir a bechamel en dúas partes iguais. A unha parte engadímoslle os grelos branqueados, triturados e pasados polo chino e reservámola no baño María. A outra parte reservámola tamén no baño María, sen mesturar.

• Picar tódalas carnes cocidas, ligar o conxunto cunhas culleradas de bechamel branca.

• Cubrir a base dunha cazola de barro con mollo de tomate, enriba colocamos unha placa de lasaña e alternamos a mestura da carne coa placa ata ter dúas capas de carne e tres placas de lasaña. Cubrimos por riba a metade coa bechamel verde e a outra metade coa bechamel branca.

• Esparexer con queixo relado, dispor uns pedazos de manteiga enriba e dourar ao forno a 230ºC.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 26-02-2011 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego