ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Representación teatral cun ton de denuncia social, humorista e irónico
Infórmolles que a compañía de teatro Talía, despois do éxito que tivo ca representación de ”Bicos con lingua”, pon en marcha outra representación “Pelos na lingua”. Esta obra representarase a partir de textos dos coñecidos escritores galegos como Séchu Sende ou María Ordóñez. Esta obra teatral pretende deixar ao descuberto os prexuízos linguisticos con sketchs rebosantes de humor e ironía.
Os actores serán María Ordoñez, Artur Trillo e Toño Casais (estes dous últimos xa participaran na anterior representación).
Esta obra vai dirixida a persoas maiores de 13 anos, tanto sexan galegofalantes como non, para os que pensen que o galego debería ser o idioma falado por todos, para aqueles que non o falan porque din que non saben, para… TODOS!
“Pelos na lingua” deuse a coñecer hoxe en Carballo.

Virginia 2º Bach.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-02-2011 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego