ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Os galegos contra o galego
Veño de ler unha noticia no xornal Galicia Hoxe onde se fala da situación ligüística do galego á raíz dunha conversa dunha concursante galega nun programa de televisión, quen afirma, entre outras cousas, que o galego só é falado por nacionalistas e por xente maior, principalmente.
Como ben argumenta o secretario xeral de Política lingüística, segundo recolle este xornal, esta conversa amosa moitos dos tópicos sobre o galego que existen na sociedade galega.
O galego, como noso idioma que é, debería ser dunha vez por todas empregado en todos os ámbitos sociais, con isto, moitos dos prexuízos citados anteriormente acabarían por desaparecer.

Tamén se dá conta na mesma noticia dos resultados do último informe Pisa, no que se ve que o uso da lingua galega en moitas materias escolares non prexudicou a competencia lectora nin científica dos alumnos. Isto demostra que a nosa lingua pode ser utilizada sen ningún problema no sistema educativo.

En conclusión, o galego é unha lingua que serve para comunicarnos, ao igual que calquera outra, pero ademais é a nosa lingua polo que non debemos deixar que se perda.

Cristina P. 2ºBACH
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 22-02-2011 00:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego