ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Premio ao labor dos ENDL
O noso IES forma parte da Coordinadora de ENDL do Barbanza desde a súa fundación. Sabedes que nos acaban de dar un premio? Pois si...
Outorgóuselle o Premio Barbantia 2010 á Iniciativa Cultural do Barbanza, que concede Asociación Cultural Barbantia, á coordinadora comarcal da que formamos parte os centros de ensino dos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira.

Que ou quen é Barbantia?
É un colectivo referencial da nosa comarca que vén desenvolvemento un importante labor cultural dende hai máis dun lustro.
Tamén van entregar mañá o Premio á Traxectoria Cultural, que recaíu no músico e gaiteiro Pepe Romero, e o Premio barbantia da Cultura galega, que recollerá o teólogo Andrés Torres Queiruga.
O acto de entrega terá lugar mañá venres 3 de decembro ás 20:30 na Casa de Cultura de Porto do Son.

Pero tamén vos temos que lembrar que a semana pasada celebrouse tamén en Ribeira a entrega do Premio Altofalante Á Coordinadora Galega de ENDL, entidade da que tamén formamos parte. Recoñeceuse alí o labor en prol da normalización do ensino da CGENDL e ademais foi nomeada socia de honra da Asociación Altofalante.
Web da Asociación Barbantia
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-12-2010 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego