ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

COMUNICADO DO PROFESORADO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
Os profesores do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, colaboradores do
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel
dende hai
bastantes anos, queremos deixar constancia de:

.A nosa actividade docente concibe o ensino da Lingua Castelá desde unha óptica aberta e plurilingüe. Somos ensinantes de LINGUA, en maiúsculas, o que significa que os nosos obxectivos educativos fían na principal tarefa que comporta a un sistema lingüístico: a comunicación.
Consideramos o galego e o castelán como os nosos tesouros culturais, como linguas que se axudan e complementan entre si, que son a base construtiva do acervo formativo do alumnado, que serven ambas para desterrar os prexuízos e negativismos lingüísticos existentes, e de que maneira, na sociedade. A nosa opción metodolóxica, superadora de interesados enfrontamentos alleos á nosa
práctica educativa, demostrou obter resultados moi positivos que se verifican día a día na participación e implicación do alumnado nas numerosas actividades que se desenvolven curso tras curso no centro.

Durante todos estes anos de docencia no IES Félix Muriel de Rianxo constatamos que non houbo ningunha fricción, nin entre profesores nin entre o alumnado,por cuestións de uso lingüístico, ben ao contrario, o traballo levado en conxunto dende o ENDL favoreceu a convivencia cordial das dúas linguas nos seus diferentes rexistros lingüísticos e a paulatina superación dos prexuízos lingüísticos existentes.
Froito desta perspectiva pedagóxica, os membros abaixo asinantes participamos activamente no desenvolvemento do Programa Comenius, con intercambios entre estudantado de Polonia, Alemaña, Grecia e Rianxo e que contou co apoio e o
traballo intenso fornecido desde o ENDL.
Os docentes abaixo asinantes non temos ningunha filiación política. Algún mesmo leva colaborando no ENDL máis de seis anos. Só nos move a ansia de aprezo cultural, a convivencia culta entre linguas, a gañas de coñecemento en beneficio dos nosos alumnos e de nós mesmos. Non entendemos nin queremos compartir as olladas velenosas verquidas sobre o EDLG, que obedecen a intereses espúreos alleos aos puramente educativos.



En Rianxo, 11 de outubro de 2010

Asinado:

José A. Maroño Buján

Xabier C. Vázquez Parcero

María C. Rodríguez V.
e ti que opinas? (8) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 15-10-2010 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Boas! Dende Giengen (Deutschland), o alumnado de lingua castelá do instituto de secundaria e bacharelato Margarete Steiff Gymnasium tamé#blgtk08#n queremos mandarvos unha aperta grande e agardamos ter comunicación convosco no futuro próximo.
Apertas fondas, saúde e lingua!
Comentario por Aitor (15-10-2010 19:33)
2 Eu son profesor de tecnoloxía e físico de formación e tenho que dicir que actualmente me sinto perseguido e acosado. Moitas grazas polo voso apoio ao gal#blgtk08#ego e polo tanto ao plurilingüismo. Non é cuestión de ser galegofalante ou castelanfalante, estamos nun momento no que o que está en xogo é a dignidade.
Comentario por Xosé Rodríguez (15-10-2010 21:46)
3 Eu tamén son profesor de lingua castelá e nunca tivemos problemas nin cos alumnos nin coas familias no tema das linguas. Hoxe máis que nunca a nosa lingua está a ser as#blgtk08#oballada e iniciativas e traballos como o do voso equipo deben ser dados a coñecer para servir de exemplo a moitos equipos de normalización, noraboa e os meus parabéns
Comentario por Xurxo Pampín Fraga (15-10-2010 23:40)
4 vaia... parece que os galeguizidas non o#blgtk08# van a ter moi doado...
Parabens!
Comentario por airadasenra (18-10-2010 00:20)
5 Noraboa a todo o ENDL do Ies Félix Muriel!
Como antiga alumna deste instituto teño que decir que a xente formada nel, fomos educados na tolerancia e respeto polas nosas#blgtk08# linguas.
Estou moi orgullosa de que, nun pobo tan pequerrecho como é Rianxo gocemos de tan grandes educadores neste xénero!
Un bico moi forte e un saúdo a tod@s
Comentario por Patricia Neira (18-10-2010 01:11)
6 Parabéns polo voso traballo, e pola claridade do voso manifesto. Eu ensino inglés a nenos galego falantes desde os tres anos... Os prexuízos lingüísticos son alleos ao mundo que queremos con#blgtk08#quistar para os nosos pequenos. Non se pode amar ás linguas sen amar a propia, sexa cal sexa. Mantede a fe e a forza, porque a razón, no máis íntegro sentido da palabra, está da vosa parte.
Comentario por Susana Seoane Dovigo (18-10-2010 12:26)
7 Parab#blgtk08#éns!
Comentario por Álvaro (19-10-2010 16:34)
8 Parabéns polo v#blgtk08#oso comunicado.
Comentario por A profa (26-10-2010 18:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0