ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

A PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO ACUSA AO PP DE MANIPULAR A TVG

Trala folga do pasado 21 de xaneiro contra o borrador do decreto da Xunta, a plataforma facilitou onte un comunicado. Queremos Galego denuncia que o PPdeG pretende convencer das bondades dun decreto "exterminador do galego", a través de "informacións cercenadas e sen contraste de opinións". Ademais, a plataforma acusou a cadea pública, TVG, de basear a súa información "nos escasos centros onde o seguimento da folga foi menor", ao que engadiu que se recolleu a opinión de profesores que non secundaron o paro, así como de pais falando a favor do decreto para "minimizar o impacto da folga".

Por este motivo, a plataforma denuncia o uso partidista e manipulador que a Xunta fai dos informativos. Segundo o colectivo, á canle pública, "ante a imposibilidade de agochar debaixo dunha alfombra os milleiros de galegos que participaron na masiva manifestación do pasado 21 de xaneiro, non lle quedou outra que darlle cobertura". Dita cobertura é cualificada polo colectivo de "manipulación informativa" e continúa coa "emisión de noticias sobre os beneficios de impartir en inglés determinadas materias".

"As reportaxes sobre o inglés que emite a TVG parecen propias do NODO e exclúen a voz dos pedagogos, porque rexeitan este decretazo", subliñou o colectivo. A plataforma resaltou a manía do PP de querer ocultar co inglés a súa agresión contra o galego, xa que o problema non está en aprender inglés ou outras linguas, senón en que este decretazo non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.
A plataforma Queremos Galego quere lanzarlles unha mensaxe ao PP e á dirección dos servizos informativos da TVG: "Por máis que manipulen as noticias, non van enganar as miles de persoas que o pasado día 21 colapsaban a capital de Galiza, nin a outros miles que non puideron estar porque tiñan que traballar, de que este esperpéntico borrador de decreto non é bo "nin para a nosa lingua, nin para a nosa cultura, nin para o noso país. Nin sequera para aprender outros idiomas". Ademais, desde Queremos Galego aseguran que "canta maior sexa a manipulación, maior será a indignación de todas aquelas e aqueles que non nos avergoñamos nin da nosa lingua, nin da nosa cultura, nin do noso país".

Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bach C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-01-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego