ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

A CORDIALIDADE NO DEBATE DO IDIOMA

Ao parecer a Núñez Feijoo comézaselle a complicar os labores de goberno deste país. Hai catro exemplos claros. Un Xacobeo nacido no medio da polémica que non remata de funcionar; o proceso de fusión das caixas que non gusta; a sucesión de José Luis Baltar en Ourense que ameaza a paz no seu partido e, sobre todo, o conflito sobre o futuro da lingua galega.
Esa cordialidade lingüística entre os cidadáns, á que tanto alude o presidente, pode estoupar cunha oposición nas rúas cada vez máis activa e organizada.
O informe da Academia Galega contra o borrador de Educación é matador e anima aos convocantes da folga deste xoves.
Dende o Goberno tentan facer ver certo o argumento de Feijóo que di que o 1-M a maior parte dos cidadáns votou polo cambio do decreto. Pero isto non é verdade, pois unha boa dos galegos defendemos ante todo a nosa lingua. A obrigación do presidente é recuperar a cordialidade, que polo de agora, parece perdida.
E vós que pensades? Estades de acordo? Non reservedes a vosa opinión e compartídea connosco!!


Laura Rodríguez Rodríguez 2ºBach C
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-01-2010 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Só espero que o pobo galego se dea conta de a quen lle deu o voto nas últimas eleicións, que abran os ollos e que retifiquen. Mentres tanto, a cordialidade entre os cidadáns vai estar difícil de recuperar. Realmente credes que con un fato de incompetentes ao cargo da Xunta de Galiza sairemos adiante?? Galiza fúndese na miseria, e o señor presidente non fai nada por sacala a flote, máis ben todo o contrario.

Menos mal#blgtk08# que sempre quedaremos eses milleiros de persoas que si cremos na nosa Terra, na nosa lingua e na política que a ela lle corresponde. Esa xente que se manifestou o día 21 de xaneiro nas rúas compostelanas, e que pide o seu dereito a vivir na lingua propia do nosos país. Queremos vivir en galego!

E se a nosa Terra é nosa,
a nosa fala taménhe,
mira ti se somos ricos
aínda que alghún non se entere!
Comentario por (26-01-2010 16:19)
2 #blgtk08#
Comentario por Sabela Galbán (26-01-2010 16:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego