ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

O inglés é importante, mais non oficial

Acabamos de comezar un novo trimestre no I.E.S Félix Muriel e dende o equipo de normalición xa volvemos á carga. Pero esta semana facémolo dun xeito máis forte e esperamos que o esforzo sexa correspondido polos nosos lectores.

O Xoves 21, celebrouse unha manifestación en Santiago en contra do borrador do novo decreto do galego.Como supoño que estaredes informados mínimamente de que vai todo isto, céntrome nun artigo publicado en varios xornais galegos. Este artigo fala da desaprobación que sente o ministro de Xustiza Francisco Caamaño (sentimento que compartimos a maioría dos galegos) sobre o tema. Céntrase en que o inglés ( apesares de ser unha lingua moi importante nos tempos que corren) non ten o rango de oficial, e por iso mesmo non pode ser tratada como tal. A idea de dar un 33% das materias en cada unha das tres linguas non agrada ó ministro nin ó pobo.

-Que toca agora?

-Pois creo que física...

-OK. Have you done your homeworks?

-Oh now, I have been studying chemistry.

-Yo no entiendo muy bien el tema.Necesito ir a clases particulares.

-Con un poco de esfuerzo no te será necesario.

A idea resulta extravagante. O propio Caamaño di que se non hai conflito no decreto actual, para que crealo? Piden ó actual presidente que se sente a negociar partindo de cero, e non a través dun elemento de confrontación como resulta este borrador do decreto.



J.Daniels 2ºA
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-01-2010 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Si, non existe conflito co actual decreto, pero tampouco existia conflito algún coas Galescolas, mais gastaron unha millonada en cambiarlle o nome a todas elas polo de Galiña Azul.

Todos aqueles proxectos que o governo do bipartito levou a cabo, e sobre todo aqueles nos que o BNG tivo maior influencia por corresponderense coas súas áreas de mandato, o PP botaráos abaixo. Aínda que se vexa claramente que s#blgtk08#on proxectos levados a cabo con éxito.

Ou que era o que lle pasaba ás Galescolas?? Ai, si, seica politizaba aos nenos. Claro, nenos de 0 a 3 anos ían saír da Galescola dicindo que o seu voto político de alí a 15 anos ía ser para o BNG. E só porque ían a unha escola que se dicía que era galega, ou é que tiña que aparecer Espanescola? Entón agora poñeránlle Espanishcola ou?

Canta ignorancia!
Comentario por Sabela Galbán (26-01-2010 16:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego