ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

OS PAIS DECIDIRÁN EN QUE IDIOMA SE EDUCARÁN OS SEUS FILLOS

O Goberno galego quere que os pais decidan por votación a lingua que se vai empregar nas aulas dos seus fillos na escola pública en Infantil. Ademais, a Xunta tentará garantir a introdución educativa ao idioma menos apoiado.
Segundo fontes gobernamentais, esta será unha das principais novidades introducidas polo borrador do decreto que regulará a aprendizaxe das linguas en Galiza. Deste xeito, a Xunta pretende que os pais voten en cada aula de Educación Infantil cal é o idioma preferente, entre o galego e o castelán, para aprender a ler e escribir.
Até agora, de acordo co decreto vixente nesta etapa do ensino até os seis anos, as escolas públicas debían impartir as clases na lingua materna predominante entre o alumnado. O claustro de cada centro era o encargado de decidir a partir dos datos achegados por pais e sociolingüistas. Do mesmo xeito, a normativa reforzaba a presenza do galego, sobre todo nas cidades, onde os estudos constatan un retroceso da lingua propia.

Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bach C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-01-2010 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego