ENDL do IES Félix Muriel
Découvrez la playlist Blog avec The Homens

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 DESTACAMOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

EU XA TEÑO O TUENTI EN GALEGO


Con permiso de todos os membros do equipo de normalización e en especial do resto de compañeiros redactores, excúsome antes de comezar a escribir este artigo. Por qué? preguntaredes. A razón das miñas disculpas anticipadas é que este artigo non é de carácter informativo, senón de carácter íntimo.

Como adolescente explicarei os meus sentimentos cara a esta nova actualización deste foro social. Esperando que vos sintades identificados cos meus sentimentos e sen máis dilación aqui volos deixo plasmados:

Non esaxeraría dicindo que máis dun 70% de adolescentes son usuarios desta comunidade. Compartimos os nosos sentimentos, os nosos recordos ,en xeral, as nosas vidas. De cara ao público é un lugar no cal podes coñecer xente e os momentos das súas vidas que este permita. Pero de cara á propia persoa é como un album íntimo ou mesmamente como unha axenda.

O que moitos usuarios, como aquí mesmo un servidor, levabamos xa tempo desexando era poder contar con este foro social na nosa propia lingua. Porque, se esta páxina amosa as nosas vidas, por que estas non poden estar contadas en galego?. Eu xa adquirín esta actualización e cando abro a páxina e me saúdan cun BENVIDO en vez dun "bienvenido", ou cando miro os meus amigos e estes aparecen no apartado de XENTE en vez de no de "gente", deste xeito síntome galego, sinto que todo o que estamos
a facer, que este duro traballo me recompensa.


J.daniel´s



e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 10-12-2009 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
2 Comentario(s)
1 Moi bó artigo s#blgtk08#ñor j.Daniels.
Comentario por unha alumna (10-12-2009 23:40)
2 Eu tamén o teño en galego, como ten que #blgtk08#ser!
Por certo, o facebook tamén!
Comentario por PATRI (11-12-2009 17:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego