A conversación dunha operadora de UNIÓN FENOSA, na que se negou a comprobar unha avaría que deixou sen luz a cincuenta familias e que esixía que se dirixisen a ela en castelán, foi recibida onte pola entidade Movemento Polos Dereitos Civís despois de ter feita unha reclamación á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). Dita entidade, decidiu facer pública a conversación para denunciar o “maltrato” dado pola compañía eléctrica a un usuario.
Dita conversa, sucedeu en novembro do ano pasado, cando un veciño do municipio coruñés de Teo, telefoneou para informar da avaría. Na gravación, a operadora esixe que se lle fale en castelán no momento en que se lle pide que comprobe a avaría, feito ao que se negou respondendo que era un corte programado. Aínda por riba, os operadores cortan dúas veces a conversa colgando o teléfono e negándose a pasar a chamada a un superior.
Por outra banda, Unión Fenosa negouse a informar de como conseguir copias das gravacións para posibles reclamacións. Mais, U. FENOSA sostén que este trato “non é desde logo habitual”.
Sendo Unión FENOSA unha empresa galega, paréceme vergonzoso este tipo de trato, e a vós?
Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bacharelato C |