ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Gilberto Gil participa nun film sobre multilingüismo
O músico brasileiro Gilberto Gil (que tamén foi ministro de cultura) colabora no documental Lebab/Babel. Este proxecto, no que tamén participan Mario Vargas Llosa e Stephen Hagen, entre outros, está impulsado por Linguamón-Casa de lles Llengües e Mediapro, e trata sobre a necesidade de conservar a diversidade lingüística.
Onte comezou a rodarse en Barcelona, e na primeira escena, o músico conversa con Núria Sebastián (psicóloga da Universitat Pompeu Fabra), a cal estuda as vantanxes cognitivas do bilingüismo nos traballos con nenos de 0 a 8 meses.
O brasileiro alertou do perigo de desaparición que corren as linguas indíxenas, nas que se conserva un saber importantísimo para a humanidade e que só viven na oralidade, o cal incrementa o risco de desaparición.
Ademais, Gil móstrase partidario da discriminación positiva para fortalecer as linguas minoritarias e/ou minorizadas.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-11-2009 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego