ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

O CONSELLO DE CULTURA ESIXE QUE O GALEGO “NON DÉ PASOS ATRÁS”
O Consello de Cultura Galega acábase sumando á preocupación que mostrou a Real Academia Galega polas políticas de cara ao galego e os debates que se teñen ao respecto. Ante a controversia política e social existente o Consello transladou ó Parlamento Galego e ós tres partidos unha proposta na que reclama a posta en marcha dunha Comisión que elabore unha proposta para poder levar a cabo o Plan Xeral de Normalización Lingüística. Un Plan que, lembremos, foi aprobado en dúas ocasións por unanimidade e baixo gobernos políticos distintos.


O organismo reclama que o galego deixe de formularse como un problema e pase a ser defendido como recurso de todos os partidos e institucións públicas. O consenso debe rexir as políticas lingüísticas do goberno e debe ser tamén social e institucional, non só político.
Estas medidas non deben supoñer un problema no proceso de recuperación do idioma, pois din que será imposible alcanzar este obxectivo a base de medidas que non conten cun amplo consenso político, social e institucional.


O Consello de Cultura móstrase preocupado no escrito que dirixe ao Parlamento polas “polémicas irracionais" que crean os debates sobre o galego xa que se chegan a por en cuestión as bases que sustentan a identidade galega e incluso a lexitimidade das políticas de promoción do idioma. Neste sentido, a institución presidida por Ramón Villares alerta da falsedade que supón a asociación de; galego e imposición fronte a castelán e liberdade. Critica a proposta dicindo que: “ Resulta unha groseira falsificación da realidade que carece de toda base na historia, remota e recente, do noso país”. De feito o Consello opina que o apoio da Administración debe ser especial co galego para superar a posición de desventaxa , resultado do maltrato do pasado.


Eu opino que por desgracia, na realidade o Plan Xeral de Normalización lingüística atópase con diversos atrancos para a súa aplicación efectiva. Entre os máis importantes están: a lentitude da posta en marcha de moitas medidas, a falta de coordinación ou mesmo o incumprimento de determinadas disposicións (na utilización de topónimos, no uso do galego nas aulas…). O que pretende a Normalización Lingüística é que unha lingua minorizada ( neste caso o galego) poida acadar a categoría de lingua “normal”. Porque se nos poñemos a comparar gráficas vemos que co paso dos anos os galego-falantes estamos sendo menos. Con isto non quero dicir que os que falan castelán o deixen de facer, pero por que non poden convivir as dúas linguas sen necesidade de chegar a un conflito lingüístico?
Esta é a miña opinión, agora tócavos dar a vosa e compartila connosco.



Laura Rodríguez Rodríguez 2ºbach C
e ti que opinas? (3) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-11-2009 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 estou dacordo!!!
moi pouca xente sabe que a lingua que en verdade está en perigo é o galego, pois pensan que a maior p#blgtk08#arte de Galiza fala castelán, algo que non é certo.

Viva GaliZa e viva os galegos!
(malo será, jajaja)
Comentario por NuRiiia (29-11-2009 19:51)
2 antes expreseime mal, quixen dicir:
pois pensan que #blgtk08#a maior parte de galicia fala galego, algo que non é certo
Comentario por NuRiia (29-11-2009 19:52)
3 jajaja
a #blgtk08#foto está wai!!
Comentario por (30-11-2009 20:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego