ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

ENTREVISTA A MANUEL LÓPEZ
Un auto do xulgado de Alcorcón quítalle a unha muller a custodia das súas fillas utilizando como argumento a chegada das mesmas a Galiza, é dicir, por estudar unha nova lingua sen ningunha utilidade.
Posterior a estes feitos realízaselle unha entrevista a Manuel López, irmán das afectadas onde se fala da inxustiza desta sanción.
O que máis me gustou desta entrevista foron as contestacións de Manuel López. Estou de acordo con el en que: as persoas cantas mais linguas saiban, mellor e que as nenas, por cambiar dun centro privado a un público por motivo de viren para Galiza, non van baixar o seu nivel académico. Unha das respostas que máis me chamou a atención foi o recoñecemento de que todo isto ocorreu por os prexuízos agochados de que o castelán está en perigo de extinción.
En conclusión, deberiamos denunciar a ese xuíz e a continuación non deixar que pasen por riba nin da nosa lingua nin por riba dos galegos, que nos respecten como pobo.
Arantxa Tubío Abuín
e ti que opinas? (3) - Categoría: Cousas - Publicado o 23-11-2009 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 O que hai que ler! Nas mans de que está a xustiza...
A pena eche que o mundo está cheo de ignorantes...
Gustaríame toparme co paisaniño este un día en calquera rúa de Alcorcón para #blgtk08#preguntarlle de onde sacou os cartos para pagar a carreira, porque está claro que con tanta intelixencia como mostra ter con esta acción non a aprobou facendo os exames...
Un saúdo rapaces
Comentario por Patri Neira (23-11-2009 15:33)
2 Sorte que será unha sentencia provincial, e polo tanto recorrible.


#blgtk08#Temos que empezar a pensar en crear algunha ferramenta para controlar ó poder xudicial...
Comentario por Xabier (23-11-2009 15:46)
3 Certo día lin algo que dicía así: "Hai persoas que consideran que a súa lingua é máis útil, máis áxil, máis atractiva e mellor. #blgtk08#A ignorancia non ocupa lugar!"

Canta razón contida nestas verbas.

Dádelle pulo á lingua galega!!!!
Comentario por Sabela Galbán (23-11-2009 15:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego